DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2025 Páx. 19184

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 19 de marzo de 2025 pola que se modifica a Orde do 31 de decembro de 2021, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (códigos de procedemento ED481A e IN606A).

Mediante a Orde do 31 de decembro de 2021, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, establécense as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (códigos de procedemento ED481A e IN606A)

A Lei 17/2022, do 5 de setembro, modificou o artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, polo que é pertinente que a orde recolla a interpretación que se debe dar ao contrato de capacitación para a formación posdoutoral recollido no artigo 17 da orde, en consonancia co estipulado no artigo 21 da Lei 14/2011 para o período de orientación posdoutoral.

En consecuencia, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLVE:

Artigo 1. Modificación da Orde do 31 de decembro de 2021, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (códigos de procedemento ED481A e IN606A)

Apróbase a modificación da Orde do 31 de decembro de 2021, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (códigos de procedemento ED481A e IN606A), nos seguintes termos:

Un. Engádese unha disposición adicional, que é como segue:

«Disposición adicional

O contrato de capacitación para a formación posdoutoral regulado no artigo 17 deberase interpretar segundo o preceptuado na Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, para o período de orientación posdoutoral recollido no seu artigo 21».

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024; DOG núm. 114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional