Mediante a Orde do 1 de agosto de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, establecéronse as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do Sistema universitario de Galicia pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e efectuouse a súa convocatoria para o exercicio 2023 (códigos de procedemento ED481A e IN606A).
A Lei 17/2022, do 5 de setembro, modificou o artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, polo que é pertinente que a orde recolla a interpretación que debe darse ao contrato de capacitación para a formación posdoutoral recollido no artigo 13 da orde, en consonancia co estipulado no artigo 21 da Lei 14/2011 para o período de orientación posdoutoral.
En consecuencia, esta Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
RESOLVE:
Artigo 1. Modificación da Orde do 1 de agosto de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do Sistema universitario de Galicia pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023 (códigos de procedemento ED481A e IN606A)
Apróbase a modificación da orde nos seguintes termos:
Un. Engádese unha disposición adicional, como segue:
«Disposición adicional
O contrato de capacitación para a formación posdoutoral regulado no artigo 13 deberase interpretar segundo o preceptuado na Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, para o período de orientación posdoutoral recollido no seu artigo 21».
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024; DOG núm. 114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
