DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2025 Páx. 19288

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO de notificación da orde de execución de limpeza de predios, ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a imposibilidade de notificación, por causas non imputables a esta Administración, e de acordo co establecido no punto 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, impostas pola Lei 3/2017, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, faise pública a Resolución de comunicación e requirimento definitivo para o cumprimento do deber de xestionar a biomasa na relación de parcelas con referencia catastral que se detallan, que na súa parte dispositiva establece:

Primeiro. Efectuar comunicación para lembrarlle á persoa responsable o cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas dos seguintes inmobles desta localidade:

Número de expediente

Referencia catastral

Situación

Titular catastral

604/2024

36002A231003140000AR

Lgar. de Couso-Curro

(Barro, Pontevedra)

Herdeiros de Celestino Salgado González

604/2024

36002A231003110000AM

Lgar. de Couso-Curro

(Barro, Pontevedra)

Herdeiros de Celestino Salgado González

604/2024

36002A231003120000AO

Lgar. de Couso-Curro

(Barro, Pontevedra)

Herdeiros de Celestino Salgado González

604/2024

36002A231003140000AR

Lgar. de Couso-Curro

(Barro, Pontevedra)

Herdeiros de Celestino Salgado González

Segundo. Identificar os herdeiros de Celestino Salgado González, como responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, por figurar como titular dos terreos no Catastro inmobiliario.

Terceiro. De acordo co Informe técnico municipal emitido o 21 de xaneiro de 2025, apreciáronse as seguintes deficiencias:

Ruinoso e con alta vexetación.

Estas deficiencias dan lugar ás seguintes obrigas incumpridas:

Obriga incumprida

Fundamento legal

Xestión da biomasa

Lei 3/2007, do 9 de abril, das distancias na xestión da biomasa

Cuarto. Fixar o prazo dun máximo de quince días naturais para que o/a responsable realice as actuacións arriba indicadas, en cumprimento do previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Quinto. Transcorrido o devandito prazo, que os servizos técnicos municipais realicen a visita de comprobación e emitan informe respecto diso para verificar a execución das actuacións materiais descritas por parte do/a interesado/a.

Sexto. Apercibir o/a responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas de que, se non realiza as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto, o Concello efectuará, sen máis trámites, a súa execución subsidiaria.

Lembrarlle ao responsable a obriga que ten de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, sen que sexa necesario contar co seu consentimento.

Sétimo. Determinar que, segundo a valoración técnica, a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a execución subsidiaria ascende a:

Actuacións materiais

Valoración

Limpeza e roza da parcela

1.500 € + IVE

Total

1.500 € + IVE

Advírteselle que, no caso de persistir no incumprimento, tras o transcurso do prazo de quince días concedido, efectuarase a exacción do importe a que ascende a liquidación provisional.

Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que proceda unha vez finalizados, de ser o caso, os traballos de execución subsidiaria.

Oitavo. Advírtese que, no caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo de quince días outorgado, se iniciará tamén o correspondente procedemento sancionador.

Noveno. O texto íntegro da comunicación estará á disposición das persoas destinatarias da sede electrónica do Concello de Barro.

En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lle sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Barro. Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación, se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilítalle a este concello a execución subsidiaria no caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e para repercutirlles os custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitarlles os accesos necesarios ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Barro, 4 de marzo de 2025

Xosé Manuel Fernández Abraldes
Alcalde