DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2025 Páx. 19790

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as de carreira das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), convocado pola Resolución do 27 de decembro de 2022.

Mediante a Resolución do 27 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, para o ingreso en diversas clases de persoal sanitario funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro) (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023).

Mediante a Resolución do 23 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, convocouse o acto de elección de destino provisional para as persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), convocado pola Resolución do 27 de decembro de 2022.

A base novena desa resolución dispón que a persoa aspirante que, no prazo e conforme o procedemento que se estableza, non compareza ao acto de elección presencial ou renuncie á elección de praza non poderá ser nomeado/a e quedarán sen efecto todas as súas actuacións.

Neste suposto, a autoridade convocante procederá ao chamamento de novos/as aspirantes, no número que se corresponda coas prazas ofertadas e non elixidas, coa finalidade de que manifesten a súa opción por elas, logo de acreditación do cumprimento dos requisitos exixidos. Esta opción realizarase pola orde de prelación que resulte da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso da persoa aspirante que non resultou adxudicataria.

A base décima da mesma resolución establece que, unha vez adxudicados os destinos, se publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal funcionario de carreira e asignación de destino a aqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

Ao abeiro da dita resolución, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. En cumprimento da base 9 da Resolución do 27 de decembro de 2022, desta dirección xeral, excluír do proceso selectivo, quedando anuladas as súas actuacións e decaendo en todos os dereitos derivados da participación neste, as seguintes aspirantes:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Clase

***2986**

COSTAS SERRANO, SUSANA

LI

Subinspector/a sanitario/a

***3105**

PASTUR GARCIA, MARIA BEGOÑA

LI

Farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.

Segundo. Como consecuencia do anterior, declarar seleccionadas, logo de achegar a documentación exixida na base 9.1 da resolución de convocatoria do proceso, as seguintes aspirantes:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Clase

***9833**

RUBIO CAPELLAN, MARIA JOSE

LI

Subinspector/a sanitario/a

***0732**

SANCHEZ FERNANDEZ, ELENA

LI

Farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.

Terceiro. A base décima da resolución de convocatoria establece que non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira as persoas aspirantes seleccionadas que, no momento de expedir o correspondente nomeamento, se encontren en situación de incapacidade permanente total para a profesión habitual (na clase a que opta), incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez. Tendo en conta a existencia neste proceso dunha persoa aspirante seleccionada na clase de farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública que se encontra na dita situación, difírese a elección de destino e a continuación no proceso desta persoa aspirante ata o momento en que remate o prazo fixado para a revisión, dada a previsión de recuperación da capacidade funcional.

Cuarto. Declarar finalizado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), convocado pola Resolución do 27 de decembro de 2022.

Quinto. Nomear persoal funcionario de carreira os/as aspirantes seleccionados/as que se inclúen no anexo desta resolución.

Sexto. Adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo, de conformidade co artigo 12 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, e co resultado da elección de destino realizada.

Sétimo. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.

A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento no seu dereito a obter a condición de persoal funcionario de carreira como consecuencia do concreto proceso selectivo. No entanto, en casos de forza maior e por instancia da persoa interesada, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación ás prazas adxudicadas comportará o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.

Oitavo. Sen prexuízo da declaración de finalización do proceso selectivo realizado no punto terceiro desta resolución, de conformidade coa base 10.4 da resolución de convocatoria do proceso, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que os seleccionados, por diversos motivos, non continúen no proceso, cubrirase a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de seleccionados, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso. Concretamente, chamarase o/a seguinte aspirante nos supostos de:

– Renuncias aos dereitos derivados do proceso selectivo.

– Non reunir os requisitos establecidos na convocatoria para o desempeño da praza.

– Non presentar a documentación requirida.

– Non formular elección de praza en tempo e forma conforme o procedemento establecido.

– Non producirse a toma de posesión na praza adxudicada.

– Ser declarado/a en situación de excedencia sen dereito a reserva de praza con efectos desde o mesmo día da toma de posesión.

Nos supostos previstos neste punto, non se modificará a elección de praza realizada con carácter previo ao nomeamento e adxudicaránselles ás novas persoas aspirantes as prazas resultantes das ditas situacións.

Noveno. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como funcionario/a de carreira no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, se consta rexistrada en Fides/expedient-e e foi debidamente validada.

Décimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Relación definitiva de adxudicatarios/as e destinos

Clase

DNI

Apelidos e nome

Código do posto

Denominación do posto

Centro de destino

Centro directivo

Localidade

Provincia

Subgrupo

Nivel

Clase de farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública

***5944**

NOVOA FERNANDEZ, PURIFICACION

CSA992000327300009

Farmacéutico/a inspector de Saúde Pública

Servizo de Inspección Farmacéutica de Saúde Pública Zona Monforte

Servizos periféricos

Monforte de Lemos

Lugo

A1

24

Clase de farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública

***0732**

SANCHEZ FERNANDEZ, ELENA

CSA992000332090005

Farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública

Servizo de Inspección Farmacéutica de Saúde Pública Zona O Barco

Servizos periféricos

O Barco de Valdeorras

Ourense

A1

24

Clase de inspector/a médico/a

***3754**

LISTE LOPEZ, MARIA TERESA

CSA991010115001029

Inspector/a médico/a

Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios

Servizos periféricos

A Coruña

A Coruña

A1

26

Clase de inspector/a médico/a

***2343**

OPAZO CONDE, MARIA JESUS

CSA991010132001012

Inspector/a médico/a

Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios

Servizos periféricos

Ourense

Ourense

A1

26

Clase de inspector/a médico/a

***5038**

PENA CASTRO, MARIA DEL CARMEN

CSA991010127001013

Inspector/a médico/a

Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios

Servizos periféricos

Lugo

Lugo

A1

26

Clase de subinspector/a sanitario/a

***9833**

RUBIO CAPELLAN, MARIA JOSE

CSA991010115001039

Subinspector/a sanitario/a

Servizo de Inspección de

Servizos Sanitarios

Servizos periféricos

A Coruña

A Coruña

A2

20

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.