Examinado o expediente iniciado por solicitude de Sotavento Galicia, S.A. en relación coas autorizacións administrativas previa e de construción do proxecto de repotenciación parcial do parque eólico Sotavento, constan os seguintes
Antecedentes de feito:
Primeiro. O 21.5.1999, a Dirección Xeral de Industria resolveu autorizar as instalacións electromecánicas e aprobar o proxecto de execución do parque eólico denominado Sotavento. Este proxecto incluía un total de 28 aeroxeradores, o que supoñía unha potencia total de 24 MW.
Segundo. Mediante a Resolución do 1 de maio de 1999, da Consellería de Industria e Comercio, declarouse a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Sotavento.
Terceiro. Por medio do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de xullo de 1999 aprobouse definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Sotavento. Este acordo fíxose público a través da Resolución do 20 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Industria, publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo.
Cuarto. O 9.2.2001, a Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Industria e Comercio autorizou a posta en funcionamento das instalacións do parque eólico Sotavento, composto por 24 aeroxeradores e cunha potencia de 17,56 MW.
Quinto. Mediante a Resolución do 9 de xullo de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (actualmente Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas) aprobouse o proxecto de execución das instalacións da segunda fase do parque eólico Sotavento.
Sexto. O 23.12.2014 a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo emitiu a autorización de posta en servizo das instalacións da segunda fase do parque eólico, compostas por 1 aeroxerador de 100 kW.
Sétimo. O 30.3.2023, Sotavento Galicia, S.A. presentou a solicitude de autorización administrativa previa e de construción para o proxecto de repotenciación parcial do parque eólico Sotavento, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de compensación Ambiental.
As actuacións proxectadas consisten, con carácter xeral, no desmantelamento de 6 aeroxeradores existentes (mantéñense 19 máquinas) e na instalación de dous novos, de forma que o parque eólico queda composto por 21 aeroxeradores.
Oitavo. Mediante o Oficio do 11.7.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (actualmente Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas) notificoulle á promotora o cumprimento de requisitos da súa solicitude.
Noveno. O 11.7.2023 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicitoulle informe á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de acordo co previsto no artigo 33.7 da Lei 8/2009.
Décimo. O 24.7.2023 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009, onde se indica o seguinte:
«2.1. Na nota interior pola que se solicita o informe aclárase que resulta de aplicación a disposición adicional quinta da Lei 8/2009, do 22 de decembro, polo que a distancia mínima respecto das delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado será a maior destas dúas: 500 m ou 5 veces a altura total do aeroxerador (buxa+pa). Neste caso 5×199,9 m= 999,5 m.
2.2. Tendo en conta que o Concello de Monfero non dispón de planeamento xeral nin de delimitacións de solo urbano ou de núcleo rural, e comprobado o planeamento vixente no Concello de Xermade (PXOM aprobado definitivamente o 29.4.2003) e as coordenadas dos 2 novos aeroxeradores recollidas nos arquivos shp achegados, conclúese que todas as posicións cumpren a referida distancia mínima de 999,5 m ás delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado, o que se informa para que sexa tido en conta pola DXPERN na tramitación».
Décimo primeiro. Por medio da Resolución do 21 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental das instalacións da repotenciación parcial do parque eólico Sotavento, sito nos concellos de Monfero (A Coruña) e Xermade (Lugo) e promovido por Sotavento Galicia, S.A. (IN408A/2023/015).
A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 1.3.2024 e permaneceu exposta ao público nas dependencias da Consellería de Economía, Industria e Innovación na Coruña e en Lugo, así como no portal web da dita consellería. Así mesmo, a dita resolución remitíuselles aos concellos afectados, Monfero e Xermade, para a súa exposición pública.
Durante o dito período de exposición pública presentáronse alegacións, todas elas contestadas pola promotora.
Décimo segundo. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Augas de Galicia, Concello de Monfero, Concello de Xermade, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Vodafone, Mas Móvil, Orange, Teléfónica (Movistar), Retegal e Cellnex Telecom (Retevisión).
A continuación, relaciónanse os organismos que emitiron, nas datas que se indican, os correspondentes condicionados técnicos: Augas de Galicia, o 4.4.2024; Concello de Monfero, o 8.4.2024; Orange, o 18.3.2024; Telefónica (Movistar), o 25.3.2024; Retegal, o 11.4.2024 e Cellnex Telecom (Retevisión), o 12.4.2024. A promotora manifestou a súa conformidade ou contestou os condicionados emitidos.
Para o resto de organismos, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto de execución será de trinta días desde a recepción da solicitude. De non se recibiren estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto e continuarase a tramitación do procedemento.
Décimo terceiro. O 31.10.2024 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade formulou a declaración de impacto ambiental do proxecto de renovación tecnolóxica parcial do parque eólico Sotavento, que a fixo pública por medio do Anuncio do 4 de novembro de 2024 (DOG núm. 221, do 15 de novembro). Posteriormente, o 27.12.2024, a mencionada dirección xeral emitiu unha corrección de erros, que se fixo pública mediante o Anuncio do 27 de decembro de 2024 (DOG núm. 8, do 14 de xaneiro de 2025).
Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido recibíronse os seguintes informes: Axencia Turismo de Galicia, Augas de Galicia-Demarcación Galicia Costa, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Subdirección Xeral de Residuos, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Publica, Instituto de Estudos do Territorio, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal e Concello de Monfero.
Décimo cuarto. O 27.11.2024, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático requiriulle á promotora a documentación técnica refundida resultante dos diversos condicionados técnicos e alegacións realizadas polos distintos organismos que emitiron informe durante a tramitación do expediente.
Décimo quinto. O 10.12.2024 a promotora respondeu o requirimento mencionado no antecedente de feito décimo cuarto e achegou unha declaración responsable na cal se recolle que seguen sendo válidas as separatas presentadas para o proxecto da repotenciación parcial do parque eólico Sotavento.
Décimo sexto. O 24.1.2025, en resposta a un novo requirimento desta dirección xeral, a promotora achegou unha declaración responsable do técnico autor do proxecto de execución, na cal se indica que os diversos condicionados técnicos e alegacións, realizados polos distintos organismos que emitiron informes durante a tramitación, non requiren cambios no proxecto de execución do parque eólico, definido no Proxecto de execución da repotenciación parcial do parque eólico Sotavento, xuño de 2023.
Décimo sétimo. O 29.1.2025 a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático solicitoulles aos departamentos territoriais da Coruña e de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático o informe sobre o cumprimento da normativa de instalacións industriais e eléctricas do proxecto de execución da repotenciación parcial do parque eólico Sotavento.
Décimo oitavo. O 20.2.2025, en resposta aos requirimentos dos departamentos territoriais da Coruña e de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, do 10.2.2025 e do 7.2.2025, respectivamente, a promotora achegou unha nova versión do Proxecto de execución de repotenciación parcial do parque eólico Sotavento, febreiro de 2025, asinado dixitalmente o 20.2.2025 polo enxeñeiro do ICAI Pablo María Fernández Castro.
Décimo noveno. O 26.2.2025 os departamentos territoriais da Coruña e de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático emitiron os seus respectivos informes técnicos sobre o proxecto de repotenciación parcial do parque eólico Sotavento, recollido no antecedente de feito décimo oitavo.
Vixésimo. O proxecto da repotenciación parcial do parque eólico Sotavento conta coa autorización da Axencia Estatal de Seguridade Aérea emitida o 31.8.2023, na cal se establece, ademais, o correspondente condicionado.
Vixésimo primeiro. O parque eólico Sotavento conta cos dereitos de acceso e conexión vixentes á rede para unha potencia de 17,66 MW.
Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes
Fundamentos de dereito:
Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, no Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), polo artigo 39 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro), polo artigo 46 da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 248, do 30 de decembro), polo artigo 39 da Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 246, do 29 de decembro), e polo artigo 30 da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 246, do 31 de decembro).
Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nas demais normas vixentes de aplicación.
Terceiro. No que respecta ás alegacións recibidas durante a tramitación do expediente, cómpre indicar que todas elas teñen carácter ambiental e que foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 31.10.2024, na cal se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental en que se pode desenvolver o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias e a necesidade dun plan de vixilancia ambiental.
Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido, e tal e como se recolle no antecedente de feito décimo terceiro, recibíronse informes dos seguintes organismos: Axencia Turismo de Galicia, Augas de Galicia-Demarcación Galicia Costa, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Subdirección Xeral de Residuos, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Publica, Instituto de Estudos do Territorio, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal e Concello de Monfero.
Cuarto. A continuación recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto de renovación tecnolóxica parcial do parque eólico Sotavento, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 31.10.2024:
a) Tal e como se recolle na epígrafe 6 da DIA, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade resolve: «Formular a declaración de impacto ambiental do proxecto de renovación tecnolóxica parcial do parque eólico Sotavento, nos concellos de Monfero (A Coruña) e Xermade (Lugo), promovido por Sotavento Galicia, S.A., en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e conclúe que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado e programa de vixilancia ambiental que figuran ao longo deste documento, que prevalecerán sobre todo o anterior».
b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións do proxecto da renovación tecnolóxica do parque eólico Sotavento.
Na epígrafe 4 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:
4. Condicións ambientais.
4.1. Condicións particulares.
4.2. Condicións xerais.
4.2.1. Protección da atmosfera.
4.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.
4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.
4.2.4. Xestión de residuos.
4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.
4.2.6. Integración paisaxística e restauración.
4.3. Outras condicións.
De acordo con todo o que antecede,
RESOLVO:
Primeiro. Outorgar a autorización de desmantelamento parcial das instalacións actuais do parque eólico Sotavento, cuxas características principais son as seguintes:
Solicitante: Sotavento Galicia, S.A.
Enderezo: rúa Varsovia, bloque 4C, 2ª A, 15707 Santiago de Compostela.
Denominación do proxecto: repotenciación parcial do parque eólico Sotavento.
Potencia instalada total dos aeroxeradores que se desmantelan: 3,44 MW.
Concellos afectados: Monfero (A Coruña) e Xermade (Lugo).
Orzamento de execución material do desmantelamento (sen IVE): 53.520,45 €.
Actuacións de desmantelamento proxectadas:
– Desmantelamento de 6 aeroxeradores, dos condutores subterráneos de media tensión e demais instalacións e infraestruturas que queden sen uso, e restauración dos terreos.
A localización e as características dos aeroxeradores que se van desmantelar son as seguintes:
|
Aeroxerador que se vai desmantelar |
Coordenadas UTM |
Modelo |
Potencia (kW) |
Diámetro (m) |
Altura (m) |
|
|
(fuso 29 ETRS89) |
||||||
|
X |
Y |
|||||
|
15 |
590.476,47 |
4.801.126,19 |
Ecotecnia 44/640 |
640 |
44 |
45 |
|
16 |
590.452,81 |
4.801.257,17 |
Made AE-52 |
800 |
52 |
50 |
|
19 |
590.394,47 |
4.801.662,18 |
Gamesa G-47 |
660 |
47 |
45 |
|
21 |
590.444,45 |
4.801.923,18 |
Ecotecnia 44/640 |
640 |
44 |
45 |
|
22 |
590.496,81 |
4.802.047,18 |
Izar-Bonus MK-IV |
600 |
44 |
40 |
|
25 |
590.720,59 |
4.800.437,32 |
nED100 |
100 |
22 |
36 |
As instalacións principais existentes que se conservan son as seguintes:
–19 aeroxeradores localizados nas seguintes coordenadas:
|
Aeroxerador |
Coordenadas |
|
|
ETRS89 UTM 29N |
||
|
X |
Y |
|
|
1 |
590.137,17 |
4.798.811,81 |
|
2 |
590.235,83 |
4.798.959,14 |
|
3 |
590.205,82 |
4.799.074,14 |
|
4 |
590.217,82 |
4.799.201,14 |
|
5 |
590.275,36 |
4.799.333,14 |
|
6 |
590.319,86 |
4.799.447,15 |
|
7 |
590.366,32 |
4.799.570,15 |
|
8 |
590.396,27 |
4.799.691,32 |
|
9 |
590.426,22 |
4.799.811,99 |
|
10 |
590.457,55 |
4.799.934,57 |
|
11 |
590.514,30 |
4.800.082,08 |
|
12 |
590.547,78 |
4.800.223,16 |
|
13 |
590.625,13 |
4.800.687,16 |
|
14 |
590.632,29 |
4.800.844,06 |
|
17 |
590.420,40 |
4.801.395,78 |
|
18 |
590.413,03 |
4.801.535,55 |
|
20 |
590.416,84 |
4.801.797,18 |
|
23 |
590.528,81 |
4.802.173,19 |
|
24 |
590.577,74 |
4.802.344,22 |
– Subestación 20/132 kV do parque eólico, na cal unicamente se efectuarán pequenas modificacións de programación de equipos electrónicos existentes para adaptar a configuración dos equipos de protección á nova realidade do parque.
– Circuítos da rede eléctrica soterrada de media tensión a 20 kV de interconexión dos aeroxeradores e a subestación 20/132 kV existente.
Segundo. Outorgar a autorización administrativa previa das instalacións do proxecto de repotenciación parcial do parque eólico Sotavento, sito nos concellos de Monfero (A Coruña) e Xermade (Lugo), promovido por Sotavento Galicia, S.A., para unha potencia de 17,66 MW.
Terceiro. Outorgar a autorización administrativa de construción ao proxecto de execución da repotenciación parcial do parque eólico Sotavento, nos concellos de Monfero (A Coruña) e Xermade (Lugo), composto polo documento Proxecto de execución de repotenciación parcial do parque eólico Sotavento, febreiro de 2025, asinado dixitalmente o 20.2.2025 polo enxeñeiro do ICAI Pablo María Fernández Castro.
As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:
Solicitante: Sotavento Galicia, S.A.
Enderezo: rúa Varsovia, bloque 4C, 2ª A, 15707 Santiago de Compostela.
Denominación: repotenciación parcial do parque eólico Sotavento.
Potencia instalada: 22,62 MW.
Potencia autorizada/evacuable: 17,66 MW.
Concellos afectados: Monfero (A Coruña) e Xermade (Lugo).
Orzamento de execución material: 7.543.338,54 €.
Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico ás cales se circunscriben as autorizacións:
|
Vértice poligonal |
Coordenadas UTM |
|
|
(fuso 29 ETRS89) |
||
|
X |
Y |
|
|
1 |
589.875 |
4.802.786 |
|
2 |
591.375 |
4.802.786 |
|
3 |
591.375 |
4.798.786 |
|
4 |
589.875 |
4.798.786 |
Coordenadas dos novos aeroxeradores proxectados:
|
Aeroxerador |
Coordenadas |
|
|
ETRS89 UTM 29N |
||
|
X |
Y |
|
|
AE01 |
591.174,00 |
4.802.017,00 |
|
AE04 |
590.652,00 |
4.801.767,00 |
Características técnicas principais das novas instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:
– Instalación de 2 aeroxeradores modelo GE-137 ou similar, de ata 4.200 kW, ata 131,4 m de altura da buxa, ata 137 m de diámetro de rotor e ata 199,9 m de punta de pa.
– 2 centros de transformación instalados unitariamente no interior de góndola, cunha potencia nominal de 4.600 kVA e relación de transformación 20/0,69 kV, así como os correspondentes, elementos de seccionamento, manobra e protección.
– Liña eléctrica soterrada a 20 kV para a evacuación da enerxía xerada polos 2 novos aeroxeradores, que se conectará coa rede colectora no centro de transformación existente dentro do aeroxerador 18.
– Obra civil consistente nun novo vieiro de acceso aos dous novos aeroxeradores, así como nas correspondentes cimentacións, plataformas e gabias de cablaxe.
A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:
1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Sotavento Galicia, S.A. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo da restauración. O punto 4.1.8 da declaración de impacto ambiental sinala: «Proponse como importe do aval, que será actualizable e deberá fixar o órgano substantivo, tendo como base o presuposto de execución material, unha cantidade que permita garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo da restauración». En consecuencia, fíxase o importe do aval en 132.008 euros, dos cales 56.575 euros corresponderán á fase de obras e 75.433 euros á de desmantelamento do parque eólico.
A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, así como no número 4.1.8. da declaración de impacto ambiental.
2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.
3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia, regulado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).
4. As actuacións de desmantelamento parcial das instalacións iniciais do parque eólico realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución que mediante esta resolución se aproba, así como co establecido ao respecto na declaración de impacto ambiental.
Respecto aos traballos de eliminación das cimentacións, en particular as dos aeroxeradores, realizaranse conforme o sinalado polos organismos que se pronunciaron ao respecto (Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Servizo de Montes da Coruña, Subdirección Xeral de Residuos). No caso de que o promotor considere necesario realizar algunha matización ou modificación na execución dos ditos traballos, deberá elaborar un documento en que xustifique axeitadamente a solución proposta, o cal deberá contar, logo do inicio das obras, cos informes favorables dos organismos referidos anteriormente.
5. En canto aos bens e dereitos afectados por este parque eólico e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a promotora cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes para os cales mostrou a súa conformidade.
No caso de que se manifestasen perturbacións ou interferencias nos servizos de telecomunicacións legalmente autorizados, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, a promotora deberá adoptar as medidas necesarias para restablecer as condicións previas de calidade dos servizos afectados e para eliminar calquera posible afectación deles.
6. A promotora deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 31.10.2024, así como ás establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.
De acordo co establecido no número 4.1.2 da declaración de impacto ambiental, a promotora deberá elaborar unha proposta detallada relativa ás medidas adicionais sinaladas no informe da Dirección Xeral de Patrimonio Natural para garantir a minimización do impacto por colisión en aves e quirópteros, así como ás actuacións que se deberán desenvolver para verificar a eficacia das ditas medidas. Prevalecerá como medida para a minimización do impacto por colisión a parada da turbina eólica sobre outras como a activación de sons de alerta que, de aplicarse, deberá contar, en todo caso, cunha modelización previa en que se determine que non superará os limiares establecidos na normativa de aplicación sobre calidade e emisións acústicas. O documento deberá contar, previamente ao inicio das obras, co informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
7. Con carácter previo á comunicación de inicio das obras, o promotor deberá contar cos títulos habilitantes municipais de natureza urbanística dos terreos de implantación do parque eólico, previstos no artigo 40 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
8. Con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, a promotora deberá achegar ao Servizo de Seguimento e Oficina Técnica, da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético da Consellería de Economía e Industria, o Plan de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no apartado 5 da declaración de impacto ambiental do 31.10.2024.
9. A promotora deberá comunicar o inicio das obras con anterioridade ao prazo de dez (10) días á Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, e achegará toda a documentación necesaria establecida nesta resolución e na declaración de impacto ambiental.
10. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar ante os departamentos territoriais da Coruña e de Lugo un certificado de final de obra subscrito por técnico facultativo competente en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que se aproba mediante esta resolución, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.
11. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, os servizos de Enerxías Renovables e Infraestruturas dos departamentos territoriais da Coruña e Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático inspeccionarán as obras e montaxes efectuados e verificarán o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e nas demais que sexan de aplicación.
12. De conformidade co artigo 34.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a promotora disporá dun prazo de tres anos, contado desde o outorgamento da autorización administrativa de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. No caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no número 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.
13. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico que lle resulten de aplicación.
14. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia da persoa interesada.
15. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros condicionados técnicos de organismos ou empresas de servizo público ou interese xeral afectados, necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
16. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2025
Paula María Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
