De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, do programa e crédito orzamentario a que se imputen, da finalidade da subvención, do beneficiario e da cantidade concedida.
En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro,
RESOLVE:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 13.30.322C.470.3, 13.30.322C.470.4, 13.30.322C.470.9 e 13.30.322C.481.9, 44.04.322C.470.3, 44.04.322C.470.4, 44.04.322C.470.9 e 44.04.322C.481.9, da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG número 14, do 19 de xaneiro).
As persoas interesadas poden acceder e consultar as listaxes de concesión das axudas, con indicación da convocatoria, da persoa beneficiaria e da cantidade concedida pola subvención outorgada na seguinte ligazón:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/737442/concesiones
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2024
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
