BDNS (Identif.): 823460.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/823460
Primeiro. Beneficiarios
Esta convocatoria está dirixida a todo o alumnado de entre 9 e 17 anos, especialmente a aqueles alumnos e alumnas que estean en situación de vulnerabilidade educativa, social e/ou económica.
Poderán participar nesta convocatoria todos os centros privados concertados en que se impartan ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de educación secundaria postobrigatoria durante o curso 2024/25.
Os centros poderán conformar grupos de alumnado dun mínimo de 15 ata un máximo de 25, atendendo ás modalidades sinaladas no punto 3 do artigo 3.
Segundo. Obxecto
Esta orde ten por obxecto convocar e regular o procedemento de solicitude para a selección de centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa de capacitación en competencia dixital Campamentos dixitais de verán, no período de vacacións estivais do curso escolar 2024/25.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 24 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a convocatoria e selección de centros docentes privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa de capacitación en competencia dixital, Campamentos dixitais de verán, dirixido ao alumnado de entre 9 e 17 anos ao remate do curso 2024/25, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento ED505C).
Cuarto. Financiamento e contía das axudas
1. A contía das axudas a que se refire esta orde aboarase directamente á empresa adxudicataria da licitación pública convocada para tal efecto e será financiada con cargo á partida 07.03.423A.780.8, por un importe máximo de 536.450,00 € no exercicio 2025, con fondos procedentes do MRR no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Número de prazas: 2.332.
Número de prazas máximo por centro: 25.
|
Quenda |
Datas |
Prazas totais ofertadas |
Horario |
|
1ª quenda |
23 xuño-27 xuño 2025 |
389 |
9.00-16.00 horas |
|
2ª quenda |
30 xuño-4 xullo 2025 |
389 |
9.00-16.00 horas |
|
3ª quenda |
7 xullo-11 xullo 2025 |
389 |
9.00-16.00 horas |
|
4ª quenda |
14 xullo-18 xullo 2025 |
389 |
9.00-16.00 horas |
|
5ª quenda |
28 xullo-1 agosto 2025 |
388 |
9.00-16.00 horas |
|
6ª quenda |
1 setembro- 5 setembro 2025 |
388 |
9.00-16.00 horas |
2. Organización das actividades.
1. A xestión e organización das actividades levarase a cabo por medio de empresas coa debida cualificación, coordinadas para o efecto por persoal da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. A empresa ou empresas ocuparanse dos recursos materiais e humanos necesarios para o seu desenvolvemento, así como da contratación da oportuna póliza de seguros para a cobertura das persoas asistentes. A empresa farase responsable do equipamento e das instalacións.
2. Os centros educativos enviarán a esta consellería a listaxe do alumnado participante en cada quenda.
3. Os centros educativos seleccionados solicitarán e custodiarán as autorizacións de participación nesta actividade dos pais, nais ou persoas titoras legais do alumnado, segundo o modelo que se lles facilite para tal fin antes do inicio da actividade.
4. As familias encargaranse da organización do traslado do alumnado ao centro educativo en que se realizarán as actividades, así como da súa recollida ao seu remate. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e os centros educativos non asumirán os gastos derivados destes desprazamentos.
5. O servizo de comedor non está incluído; será o centro educativo quen determine a organización da hora de xantar (tal como que o alumnado traia comida da casa e que esta non requira ningún tipo de conservación ou refrixeración).
6. O alumnado estará acompañado por profesionais vinculados á empresa adxudicataria, cun nivel de competencia dixital axeitado para participar no programa durante o desenvolvemento da actividade. Este persoal responsabilizarase da correcta participación do seu grupo nas actividades, así como da vixilancia do alumnado durante a súa permanencia no centro.
7. O centro educativo será o encargado da organización da apertura e peche das instalacións.
8. Durante o desenvolvemento das actividades o alumnado deberá respectar as normas de organización, funcionamento e convivencia (NOFC).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes das axudas comezará a computarse transcorridos 8 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e será dun mes.
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024; DOG núm.114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
