DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2025 Páx. 20089

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de marzo de 2025 pola que se emprazan as persoas interesadas no procedemento ordinario 4051/2025 no expediente de reposición da legalidade OUR/15/2020-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 2, en relación co procedemento ordinario 4051/2025, interposto pola persoa con DNI 44476924F, contra a resolución desestimatoria ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 3.12.2024, interposto contra outra do 28.7.2023, expediente OUR/15/2020-RP1, en que se declara que as obras executadas en solo rústico, consistentes na construción dunha edificación de tipoloxía residencial, executada en planta baixa, con cerramentos de ladrillo cerámico recebados sen pintar e cuberta resolta a unha auga con cubrición de tella sobre estrutura de madeira, cunha cheminea e antena instalada, e un pequeno soto, sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, localizada na parcela coa referencia catastral 32900A200000700000TR, no lugar de Rozo de Arriba, Santa Uxía de Piñor, concello de Ourense, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico, e ordena a demolición das obras, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 2.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 34902014C para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2025

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística