DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2025 Páx. 21004

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 20 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR608F).

missing image file

A maior parte das persoas propietarias forestais particulares en Galicia dispoñen de parcelas de monte dunha dimensión que resulta insuficiente para aplicar unha xestión viable e profesionalizada. A análise do grao de parcelación ofrece resultados variables dunhas comarcas a outras e algúns estudos socioeconómicos na Comunidade Autónoma indican diferentes perfís de propietarios, con distintos obxectivos e criterios de xestión forestal en propiedades de tamaños variables, prevalecendo con todo unha gran maioría de parcelas con dimensións moi reducidas, insuficientes para unha xestión eficiente.

Para o caso concreto do monte privado particular/familiar, o minifundismo favorece unha produtividade e rendibilidade unitaria pouco elevada, agravada pola carencia de pautas adecuadas de silvicultura debidamente organizada, o que se acompaña dunha falta de capitalización, dunha dificultade para a comercialización de produtos forestais en calidade e cantidade e dunha baixa competitividade.

As organizacións de persoas propietarias forestais teñen o propósito xeral de representar os intereses das persoas asociadas e promover a rendibilidade das actividades forestais, así como o fomento da ordenación e xestión sustentable do monte. Actualmente, tal como reflicten nas estatísticas forestais para Galicia, existen 24 agrupacións forestais de xestión conxunta que abranguen unha superficie total de 3.445,41 hectáreas.

Este número vai verse incrementado cando finalice a execución da primeira convocatoria da liña de axudas para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta convocada pola Orden do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR608D, MR608E e MR608F).

Os resultados obtidos e a experiencia aprendida conducen a entender que as medidas en materia de fomento da xestión conxunta deben ser amplas e diversas, onde a persoa titular poida decidir o seu grao de compromiso en materia de xestión forestal sostible, propiciando así unha contorna de diversas alternativas de compromiso, desde fórmulas que favorezan a cesión dos terreos, pasando pola posibilidade de formar parte das asociacións de persoas propietarias forestais (optando por servizos de información e formación ata servizos de xestión ou comercialización conxunta) ou, mediante un maior grao de compromiso, integrándose como parte protagonista en figuras xurídicas de natureza mercantil, administrativa ou de base asociativa.

Dando resposta a esta necesidade, a Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, establece, no seu artigo 16, que as persoas propietarias ou titulares de dereitos de aproveitamento de terreos agroforestais que pretendan unha xestión común deses terreos poderán solicitar o seu recoñecemento como agrupación forestal ou agrogandeira de xestión conxunta, segundo a finalidade principal da agrupación. Neste sentido, as agrupacións de xestión conxunta terán por finalidade xestionar de forma conxunta e sustentable os terreos agroforestais integrados no perímetro de actuación co fin de explotalos, recuperalos e poñelos en valor, previndo e impedindo o seu abandono.

Así, as agrupacións de xestión conxunta son un dos principais instrumentos de recuperación de terras agroforestais que recolle a Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, que se caracterizan pola realización dos procesos de xestión por parte das persoas propietarias ou titulares de dereitos de usos ou aproveitamentos a través das súas agrupacións, sen incorporar procedementos de reestruturación da propiedade.

A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (artigo 122 e seguintes), define e delimita as agrupacións forestais de xestión conxunta, e establece o seu obxecto, requisitos e o procedemento para o recoñecemento e inscrición no Rexistro Administrativo de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta creado no artigo 126 da dita lei. A Orde do 26 de abril de 2022 pola que se desenvolve a tramitación electrónica das solicitudes para o recoñecemento como agrupación forestal de xestión conxunta (código de procedemento MR608B) e como persoa silvicultora activa (código de procedemento MR608C), desenvolve esta norma.

A Lei de montes define as agrupacións forestais de xestión conxunta como organizacións en que se integran persoas propietarias ou titulares de dereitos de aproveitamento de terreos forestais que teñen por obxectivo promover a rendibilidade da actividade silvícola, así como a consecución doutros obxectivos que poidan establecer en relación coa actividade forestal e a promoción da xestión forestal sustentable desde o punto de vista económico, ambiental e social.

Ademais, indica que as agrupacións son un instrumento para a recuperación das áreas rurais e impedir o seu abandono; favorecer a xestión, produción e comercialización conxunta; servir como instrumento para a conservación do ambiente, a prevención e defensa contra os incendios forestais, a protección fronte a catástrofes e a mitigación e adaptación contra o cambio climático; e a creación de emprego endóxeno, colaborando no aumento da calidade de vida e en expectativas de desenvolvemento da poboación rural.

Recentemente, a través da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, modificouse a Lei de montes para, entre outras cousas, distinguir dous tipos de agrupacións forestais de xestión conxunta:

a) Agrupación forestal de xestión conxunta básica: que son aquelas que desenvolven unha ou varias das seguintes actividades: compartir información, técnicas, experiencias, aconsellamento ou representación; comercializar os aproveitamentos forestais para acadar unha mellor eficacia no desenvolvemento destas actividades e/ou outras actividades que sexan relevantes para a persoa propietaria forestal ou titular do dereito de aproveitamento activo no desenvolvemento da súa actividade forestal.

b) Agrupación forestal de xestión conxunta con base territorial; son aquelas que, alén de poderen desenvolver algunhas das actividades indicadas para as agrupacións básicas, fan unha xestión conxunta no plano territorial e temporal en terreos postos á disposición por persoas propietarias ou titulares de dereitos de aproveitamento de terreos forestais, tomando decisións de manexo e xestión tendo en conta o contorno natural, económico e social no marco dun instrumento de ordenación ou xestión forestal.

No contexto exposto e tendo en conta os tipos de AFXC que recolle a modificación da lexislación forestal, a Consellería do Medio Rural realiza outra convocatoria da liña de axudas para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta financiada pola Unión Europea-NextGenerationEU no marco do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR), establecido polo Regulamento (UE) núm. 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

Esta iniciativa está aliñada coa primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 cara á neutralidade carbónica, aprobado polo Decreto 140/2021, do 30 de setembro, que se estrutura en distintos eixes estratéxicos de intervención para o deseño ea execución da política forestal galega. Concretamente no eixe III 1.2 do Programa de fomento de agrupacións forestais de xestión conxunta.

Estas axudas teñen o seu encaixe no Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR). Dentro dos obxectivos que recolle o PRTR no seu compoñente 4 –(C4) Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade– está a alcanzar un bo estado de conservación dos ecosistemas mediante a súa restauración ecolóxica cando sexa necesaria, e reverter a perda de biodiversidade, garantindo un uso sostible dos recursos naturais e a preservación e mellora dos seus servizos ecosistémicos.

As actuacións previstas nesta orde de axuda, que se enmarcan no compoñente 4 do PRTR Investimento 4 (I4) (xestión forestal sostible), teñen asignado un campo de intervención á transición ecolóxica cuxo código é o 050 –protección da natureza e a biodiversidade, patrimonio e recursos naturais, infraestruturas verdes e azuis– cun coeficiente de contribución aos obxectivos climáticos do 40 % e do 100 % para os ambientais segundo o anexo VI do Regulamento (UE) núm. 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. A contribución da compoñente á transición dixital acada un 8,4 %.

Esta liña de axudas de fomento da boa gobernanza en montes de propiedade colectiva contribúe a acadar o fito 425 asignado ao Investimento 4 (I4) –xestión forestal sostible–.

En cumprimento co disposto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, no Regulamento (UE) núm. 2021/241, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia e a súa normativa de desenvolvemento, en particular a Comunicación da Comisión (C/2023/111), guía técnica sobre a aplicación do principio de «non causar un prexuízo significativo», así como co requirido na Decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España (CID) e o seu documento anexo, así como na Decisión sobre os acordos operativos (OA), todas as actuacións financiadas que se levarán a cabo en cumprimento da presente orde, deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés, do no Significant harm).

Isto inclúe, de ser o caso, o cumprimento das condicións específicas previstas no compoñente 4 (C4), investimento 4 (I4), en que se enmarcan as ditas actuacións, tanto no referido ao principio DNSH, como á etiquetaxe climática e dixital, e especialmente as recollidas nos puntos 3, 6 e 8 do documento do compoñente do plan, no CID e no OA.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e na demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para accións de fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta, en réxime de concorrencia competitiva, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR608F).

A finalidade desta orde é establecer unha medida de fomento para a creación de agrupacións forestais de xestión conxunta (en adiante, AFXC) e para apoiar as xa constituídas e inscritas no correspondente rexistro, a través de dúas liñas de axudas:

Liña I: axudas para a creación de agrupacións forestais de xestión conxunta mediante calquera figura xurídica de natureza civil ou mercantil, que promova, impulse e poña en marcha iniciativas de xestión conxunta sustentable e diversificada de terreos dedicados á actividade forestal. Segundo o tipo de AFXC podemos ter axuda para:

– Liña I-bas: axudas para a creación de agrupacións forestais de xestión conxunta básica (en adiante AFXC-básica).

– Liña I-ter: axudas para a creación de agrupacións forestais de xestión conxunta con base territorial (en adiante AFXC-territorial).

Liña II: axudas para o apoio das agrupacións forestais de xestión conxunta xa creadas e inscritas no correspondente rexistro, co fin de dar o necesario soporte de carácter loxístico, operativo e integral que precisan.

2. Estas axudas ampáranse nas actuacións incluídas no Investimento 4 (I4) Xestión forestal sostible, do compoñente 4 (C4) Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España e contribuirán ao cumprimento dos obxectivos asociados a ela, de acordo coa normativa reguladora do Mecanismo de recuperación e resiliencia e do Plan de recuperación a nivel europeo e nacional.

3. As actuacións subvencionadas atenderán ao principio de «non causar dano significativo» a ningún dos obxectivos ambientais establecidos no Regulamento (UE) núm. 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, e polo que se modifica o Regulamento (UE) núm. 2019/2088.

Artigo 2. Entidades beneficiarias e requisitos

1. Serán entidades beneficiarias da liña I (axudas para creación de AFXC):

a) Asociacións sen ánimo de lucro constituídas para o auxilio, o apoio e o asesoramento ás persoas propietarias ou titulares dos dereitos de aproveitamento de terreos na planificación da xestión forestal e na xestión e comercialización conxunta dos seus aproveitamentos, sempre que estean compostas por persoas titulares dos indicados dereitos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Sociedades civís e comunidades de bens.

c) Cooperativas e outras entidades de economía social.

d) Sociedades agrarias de transformación.

e) Sociedades mercantís reguladas na lexislación de sociedades de capital.

f) Sociedades de fomento forestal.

g) Calquera outra entidade que teña por obxecto a recuperación, de forma conxunta, de terras forestais.

que desexen inscribirse como unha AFXC e cuxa actividade se desenvolva en terreos forestais no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Dentro da liña I, a entidade solicitante debe optar entre:

1 Liña I-bas (axudas a creación de agrupacións forestais de xestión conxunta básica): a superficie da agrupación debe pertencer a un mínimo de tres propietarios diferentes e deben sumar unha superficie mínima que, segundo a tipoloxía, será:

– Masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras: 10 hectáreas.

– Masas de coníferas: 25 hectáreas.

– Outras masas ou masas mixtas: 50 hectáreas.

2 Liña I-ter (axudas a creación de agrupacións forestais de xestión conxunta con base territorial): deben ter cedido ao seu favor, unha vez completados os traballos para os cales se solicita a subvención, a xestión dun mínimo de 10 hectáreas de terreos forestais situadas dentro de un ou varios perímetros de xestión conxunta que pertenzan a un número mínimo de tres propietarios diferentes. Cada área (perímetro) que forma parte da agrupación non pode ter unha superficie inferior a 3 hectáreas.

2. Serán entidades beneficiarias da liña II todas aquelas agrupacións forestais de xestión conxunta con base territorial inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta establecido no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, con anterioridade ao remate do prazo de solicitude desta axuda.

3. As entidades beneficiarias deben cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, as entidades beneficiarias non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Ademais, tamén deben cumprir os requisitos establecidos no artigo 122 e seguintes da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e as disposicións contidas na presente orde.

4. Conforme o artigo 20 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, as comunidades de montes veciñais en man común (en adiante, CMVMC) poderán pertencer ás agrupacións forestais de xestión conxunta, preferentemente a aquelas agrupacións que dispoñan, dentro da súa superficie de actuación de xestión conxunta, de parcelas lindeiras co límite do monte veciñal. Coa finalidade de procurar unha explotación máis eficiente e sustentable do monte, as comunidades de montes veciñais en man común terán plena capacidade xurídica para a realización de actos ou negocios xurídicos para pertencer ás agrupacións de xestión conxunta.

As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal con anterioridade ao remate do prazo de solicitude da axuda.

5. Non poderán ser persoas beneficiarias as empresas en crise ou as que teñan unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

6. Non poderán ser persoas beneficiarias as entidades adxudicatarias de axudas da liña III concedidas no marco da Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR608D, MR608E e MR608F).

7. Os requisitos para a obtención da axuda e as condicións tidas en conta nos criterios de baremación indicados no artigo 8, deberanse cumprir na data de finalización do prazo de solicitude.

Artigo 3. Actuacións obxecto de axuda

1. As actuacións obxecto das axudas e os importes máximos subvencionables son os descritos no anexo IV para cada unha das liñas. As actuacións subvencionables son as seguintes:

a) Para a liña I (axudas para creación de AFXC) as actuacións subvencionables segundo o tipo de agrupación:

a.1) Para a liña I-bas:

1) Identificación da iniciativa de constitución AFXC básica.

2) Gastos de tramitación e inscrición da entidade solicitante.

3) Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de cada referencia catastral.

4) Inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

a.2) Para a liña I-ter:

1. Actuacións iniciais.

a. Listaxe identificativa da superficie da iniciativa de constitución AFXC.

b. Listaxe do tipo de participación da persoa socia.

c. Documentación acreditativa da disposición dos dereitos de uso da superficie das terras de natureza forestal para incluír na AFXC.

d. Cartografía poligonal da superficie de xestión conxunta.

2) Gastos de tramitación e inscrición da entidade solicitante.

3) Revisión do parcelario e estado das parcelas.

4) Investigación da titularidade.

5) Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de cada referencia catastral.

6) Inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

b) Para a liña II (axudas para o apoio das AFXC creadas e inscritas) as actuacións subvencionables son:

1) Revisión do parcelario e estado das parcelas que supoñen unha ampliación da AFXC.

2) Investigación da titularidade das parcelas que supoñan unha ampliación da AFXC.

3) Boa gobernanza das Sofor.

4) Implantación dos sistemas de certificación internacionalmente recoñecidos e incorporación de servizos ecosistémicos.

5) Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de cada referencia catastral.

6) Inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

7) Gastos de xestión, mantemento e representación.

2. As actuacións indicadas nas liñas I e II non son compatibles, xa que as primeiras se dirixen á constitución ou creación de AFXC, mentres que as segundas procuran a consolidación e o pulo necesario daquelas agrupacións xa constituídas con base territorial.

3. Serán subvencionables os custos derivados das actuacións relacionadas no apartado primeiro realizadas entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de xaneiro de 2026.

4. O IVE non é subvencionable.

Artigo 4. Intensidade e compatibilidade de axuda

1. A intensidade da axuda poderá ser de ata o 100 % do investimento total subvencionable e o importe de axuda a percibir por entidade beneficiaria non poderá superar os 50.000 euros.

2. A concesión da axuda será incompatible coa percepción de outras subvencións para a mesma finalidade e obxecto.

3. Tanto na solicitude da axuda como na solicitude de pagamento, a entidade beneficiaria deberá indicar o detalle doutros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada, con indicación do importe e da súa procedencia.

Artigo 5. Requirimentos mínimos para solicitar axudas e superficies de aplicación

1. Os requirimentos mínimos para a creación dunha agrupación forestal de xestión conxunta (liña I) son os regulados no artigo 122 e seguintes da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

2. Só poderán ser beneficiarias da liña II aquelas agrupacións forestais de xestión conxunta con base territorial que se atopen inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta establecido no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, antes do remate do prazo de solicitude da axuda.

3. Esta orde será de aplicación aos montes ou terreos forestais (en diante, terreo), segundo a definición do artigo 2 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión de:

a) Superficies en concentración parcelaria en execución, soamente poden ser aprobadas as axudas solicitadas naquelas superficies nas que o acordo de concentración parcelaria sexa firme antes do remate do prazo de solicitude destas axudas. Non obstante, poderanse aprobar as axudas nos casos en que, non sendo firme o acordo, o servizo responsable das infraestruturas agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural correspondente emita un certificado en que indique o nome da persoa propietaria e a manifestación de que o dito predio non vai cambiar.

b) As superficies incluídas nun proceso iniciado de expropiación forzosa non se poderán beneficiar destas axudas.

c) As superficies forestais con convenio ou consorcio coa Administración forestal en vigor, agás que estea asinado con propietarios privados particulares ou con montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo.

4. Tal como establece o artigo 122 quater da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, os terreos incluídos dentro do ámbito dunha determinada agrupación forestal de xestión conxunta non poderán formar parte doutra agrupación.

Artigo 6. Condicións técnicas xerais

1. As limitacións e condicións técnicas xerais de cada actuación obxecto das axudas son as descritas no anexo V (limitacións e condicións técnicas mínimas das actuacións subvencionables para a liña I (creación AFXC) e a liña II (apoio AFXC) para cada unha das liñas e actuacións.

2. Aquelas solicitudes ao abeiro da liña I só serán obxecto de percepción da axuda se finalmente a agrupación é inscrita no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta establecido no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Artigo 7. Compromisos

1. As entidades beneficiarias da axuda comprométense a manter a actividade da agrupación forestal de xestión conxunta, desde a data de inscrición no rexistro de agrupación forestais de xestión conxunta, un mínimo de 10 anos para as AFXC –territoriais creadas (liña I-ter), 3 anos para as AFXC básicas creadas (liña I-bas) e 10 anos para as AFXC que figuran xa inscritas na data de solicitude (liña II); e a cumprir os requirimentos establecidos no artigo 122 e seguintes da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

2. A entidade beneficiaria comprométese en todo momento a facilitar as tarefas de inspección ao persoal adscrito á consellería competente no medio rural.

3. No caso de cesións de pagamento, a persoa titular da conta bancaria debe coincidir coa cesionaria e comprometerse a manter a conta aberta ata o final do proceso de xestión da axuda.

4. En aplicación dos artigos 2.2.b) e 4 da Orde HFP/1030/2021, as persoas beneficiarias deben cumprir, no que afecte as actuacións establecidas nesta orde, co compromiso de etiquetado verde e dixital previsto, para cada compoñente, no PRTR, con base no Regulamento (UE) núm. 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

5. As persoas beneficiarias desta orde comprométense a cumprir co principio horizontal de «Non causar prexuízo significativo» (DNSH) definido no artigo 2.6) do Regulamento (UE) núm. 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, respecto dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021 e definidos no Regulamento (UE) núm. 2020/852 (Regulamento de taxonomía da UE):

a) Mitigación do cambio climático.

b) Adaptación do cambio climático.

c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d) Transición cara a unha economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.

Artigo 8. Criterios de baremación

1. As solicitudes que cumpran os criterios e requisitos da orde priorizaranse, en orde decrecente, segundo os seguintes criterios de baremación:

i. Número de persoas socias da AFXC, ata un máximo de 50 puntos. Para a liña II (entidades inscritas) segundo os datos que figuren no rexistro de AFXC. Para a liña I (entidades non inscritas) o número de persoas socias que figuren na acta de constitución da entidade xurídica e, de ser o caso, nas addendas de ampliación da base societaria.

Outorgaráselle a maior puntuación á entidade solicitante con maior número de socios e ao resto a que lle corresponda en proporción.

ii. Superficie da AFXC, ata un máximo de 30 puntos. Para a liña II (entidades inscritas) segundo os datos que figuren no rexistro de AFXC, outorgándolle a maior puntuación á entidade solicitante con maior número de superficie e ao resto a que lle corresponda en proporción. As entidades non inscritas no rexistro de AFXC recibirán 0 puntos neste criterio.

iii. A empresa ou persoa individual executora da/das actuación/s obxecto de subvención está inscrita no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor): 20 puntos.

2. As solicitudes presentadas ordenaranse de acordo cos criterios de prioridade e aprobaranse os proxectos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento asignado á liña de axudas.

3. En caso de empate, desempatarase polos seguintes criterios e na orde que se establece:

i. Se AFXC ten superficie en montes en que existan masas consolidadas de frondosas autóctonas inscritas, ou en proceso de inscrición, no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

ii. Maior superficie de actuación.

iii. Maior importe de subvención.

iv. Se a superficie da AFXC está en zonas con limitacións naturais ou limitacións específicas de acordo do artigo 32.1.a) do Regulamento (UE) núm. 1305/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro, relativo a axudas ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento rural (Feader) e polo que se deroga o Regulamento (CE) 1698/2005, do Consello.

v. Se a superficie da AFXC contén zonas da Rede Natura 2000.

Artigo 9. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I) na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A entidade interesada deberá presentar unha solicitude, dirixida ao Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da provincia onde teña a sede, axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I (solicitude), que irá xunto cos documentos que se especifican no artigo 10 desta orde, xunto cos anexos que fosen necesarios.

3. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables:

a) De todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

b) De que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

c) De que cumpre coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, de que a entidade non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) De que a entidade cumpre os requisitos establecidos no artigo 122 e seguintes da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e as disposicións contidas na presente orde.

e) De que se compromete a manter a actividade da agrupación forestal de xestión conxunta, desde a data de inscrición no rexistro de agrupación forestais de xestión conxunta, un mínimo de 10 anos para as AFXC-territoriais creadas (liña I-ter), 3 anos para as AFXC-básicas creadas (liña I-bas) e 10 anos para as AFXC que figuran xa inscritas na data de solicitude (liña II); e a cumprir os requirimentos establecidos no artigo 122 e seguintes da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

f) Que a entidade non está inmersa nun proceso de concurso de acredores nin se encontra en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

g) Compromiso de cumprimento do principio DNSH (non causar prexuízo significativo):

i. Declaración responsable do cumprimento do compromiso de etiquetaxe verde e dixital prevista no PRTR, con base no Regulamento (UE) núm. 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. As actuacións contempladas nesta liña de axudas teñen asignado un campo de intervención á transición ecolóxica cuxo código é o 050 –protección da natureza e a biodiversidade, patrimonio e recursos naturais, infraestruturas verdes e azuis– cunha contribución do 40 % aos obxectivos climáticos e do 100 % aos obxectivos ambientais.

ii. Declaración responsable do cumprimento do compromiso do principio horizontal de «non causar prexuízo significativo» (Do no significant harm, DNSH) que define o artigo 2.6 do Regulamento (UE) núm. 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, respecto dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021 e definidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 (Regulamento de taxonomía da UE):

a) Mitigación ao cambio climático.

b) Adaptación ao cambio climático.

c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d)Transición cara a unha economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.

h) Declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para o compoñente 4 (C04) para dar cumprimento ao establecido no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) núm. 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e segundo o modelo b do anexo IV da citada orde.

i) Declaración de compromiso de cumprimento dos principios transversais en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para o compoñente 4 (C04) para dar cumprimento ao establecido no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) núm. 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e ao artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e segundo o modelo c do anexo IV da citada orde.

4. Coa finalidade de dar cumprimento ao mandato establecido na alínea d) do artigo 22.2 do Regulamento (UE) núm. 2021/2041, e conforme o establecido no artigo 8.1 da Orde HFP 1030/2021 na solicitude farase constar o NIF e a razón social da entidade solicitante ademais das declaracións indicadas no punto anterior. Tamén se comprobará automaticamente, salvo que se indique a oposición a consulta, o domicilio fiscal da entidade solicitante e, se for o caso, da persoa cesionaria. Por último a entidade solicitante deberá entregar a documentación complementaria indicada no artigo 10.1 a.6).

5. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras destas axudas pero non implica ningún dereito para a peticionaria mentres non exista resolución favorable á petición.

Artigo 10. Documentación complementaria

1. A entidade solicitante deberá achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a.1) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación coa que actúa a persoa que asina a solicitude.

a.2) Acreditación do obxecto social e personalidade xurídica da entidade solicitante.

a.3) Unha memoria descritiva-económica das actuacións subvencionables polas que pide axuda segundo a liña I ou liña II, asinada dixitalmente por unha persoa titulada en Enxeñaría de Montes ou Enxeñería Técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal, que conterá como mínimo:

a) Descrición da situación de partida.

b) Obxectivos a acadar.

c) Actuacións solicitadas ao abeiro do disposto no artigo 3 e no anexo IV (actuacións e importes máximos dos investimentos) xustificadas consonte os obxectivos declarados no punto anterior.

d) Valoración económica das actuacións solicitadas calculada segundo os importes (sen IVE) ou coas fórmulas que se relacionan no anexo IV (actuacións e importes máximos dos investimentos).

e) Resultados e melloras previstas trala execución das actuacións.

a.4) Os orzamentos ou facturas pro forma do importe do gasto subvencionable asinadas electronicamente e cos seguintes requisitos:

– Non poderán proceder de persoas físicas ou xurídicas vinculadas entre elas nin co solicitante.

– Deberán incluír, como mínimo, o NIF ou CIF, nome e enderezo da empresa ou persoa oferente, o nome ou razón social do solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados e o seu importe unitario (desglose de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra).

No caso de que o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior a 15.000 euros, IVE excluído, a entidade solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, nas que figurarán detalladas as actuacións a realizar (desglose de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra).

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e cando a elección non recaia na proposta económica máis favorable deberá xustificarse expresamente nunha memoria. Ademais, non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa entidade solicitante da axuda.

Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o CIF ou NIF, nome e enderezo da empresa ou persoa ofertante, o nome ou razón social da solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados e o seu importe unitario.

Por outra banda non poderá haber vinculación entre a persoa solicitante da axuda e calquera dos ofertantes e, en referencia ao artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso poderá concertar a beneficiaria a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas coa dita beneficiaria. A estes efectos consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que se atopen nalgúns dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades.

a.5) Documentación acreditativa dos criterios de baremación segundo o establecido no artigo 8, salvo para o criterio i) e ii) das AFXC inscritas (liña II) que o comprobará o órgano instrutor. A información achegarase nun único arquivo en formato .pdf e co nome «baremo_acronimodaentidadesolicitante.pdf».

a.6) No caso de que a persoa solicitante desenvolva actividade económica deberá presentar a inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal da Administración Tributaria. No caso contrario deberá presentar unha declaración responsable en que manifeste que non se atopa en esa situación.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tiver un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Prazo de presentación de solicitudes e emenda da solicitude

1. O prazo de presentación de solicitudes será corenta e cinco (45) días hábiles para a liña I e trinta (30) días hábiles para a liña II, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta orde.

2. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta, non se achegase a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o solicitante será requirido para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indicarase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da citada lei.

Artigo 12. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante e, se for o caso, da entidade cedente.

b) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante e, se for o caso, da entidade cedente.

c) DNI/NIE da persoa cesionaria (se for o caso).

d) NIF da entidade cesionaria (se for o caso).

e) DNI/NIE da persoa representante da entidade cesionaria (se for o caso).

f) Domicilio fiscal da entidade solicitante e, se for o caso, da persoa cesionaria.

g) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social a entidade solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

h) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria a entidade solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

i) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia a entidade solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

j) Estar inhabilitada a entidade solicitante para obter subvencións públicas.

k) Ter recibido a entidade solicitante axudas pola regra de minimis.

l) Concesións de subvencións e axudas á entidade solicitante.

m) Inscrición no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 13. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que a entidade interesada deba realizar tras a presentación da solicitude de axuda deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal.

Artigo 14. Instrución, resolución e recursos

1. Os órganos competentes para tramitar esta orde de axudas son a Subdirección Xeral de Recursos Forestais da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural e os Servizos de Montes dos Departamentos Territoriais da Consellería do Medio Rural (en adiante, servizos de montes provinciais).

2. O órgano instrutor examinará as solicitudes presentadas e requiriran aos solicitantes que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, acheguen a documentación non presentada e, no caso de que as solicitudes conteñan defectos ou omisións, as emenden, conforme se establece no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Neste requirimento indicarase ademais que, se non o fixera, se terá por desistido da súa petición, previa notificación nos termos que se recollen no artigo 21 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Unha vez tramitadas as solicitudes, o órgano instrutor proporá a relación de solicitudes que cumpren os requisitos da convocatoria e as que non os cumpren ou non se axustan, indicará a súa causa de incumprimento e remitiraas á Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

4. Posteriormente a persoa titular da Subdirección Xeral de Recursos Forestais formulará a proposta de resolución e finalmente resolverá a persoa titular da dirección xeral responsable da planificación e ordenación forestal por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural.

5. A aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustarase aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

6. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco (5) meses, contados a partir do día seguinte da finalización do prazo para a presentación de solicitudes. Este prazo poderase ampliar segundo o indicado no artigo 23 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Na resolución de concesión farase constar o importe da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, indicando que para as persoas físicas e xurídicas que realizan actividades económicas, ten natureza de minimis, segundo o Regulamento (UE) núm. 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro.

No caso de non se ditar resolución expresa no prazo indicado, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 21 e 25 da Lei 39/2015.

7. As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

Artigo 15. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que conste na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán crear de oficio o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 16. Publicación dos actos

1. As notificacións das resolucións de aprobación e denegación destas axudas realizaranse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, dos actos administrativos e das correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación e expresaranse, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, o órgano administrativo ou xudicial ante o que deben presentarse e o prazo para interpolos.

2. Na notificación de concesión da axuda informaranse as persoas beneficiarias de que se encadra no Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Artigo 17. Execución dos traballos

1. O prazo máximo para executar e xustificar as axudas concedidas nesta orde remata o 31 de xaneiro de 2026.

2. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder a ampliación do prazo de execución establecido, que non exceda a metade del, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como mínimo, dous meses antes de que acabe o prazo de execución. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso.

O órgano instrutor proporá as anteditas ampliacións á persoa titular da subdirección xeral responsable dos recursos forestais, que elevará a proposta á persoa titular da dirección xeral responsable da planificación e ordenación forestal para a súa aprobación por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural.

3. Transcorrido o prazo establecido de execución sen ter presentado a xustificación dos traballos subvencionados a que se fai referencia no artigo 18, requirirase a beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de dez (10) días. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia.

4. Así mesmo, no caso de ter presentada a xustificación dos traballos subvencionados, se a entidade beneficiaria fose requirida para presentar documentación adicional, e non achegase esa documentación no prazo establecido no requirimento, perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención.

Artigo 18. Xustificación das actividades subvencionadas

1. O prazo máximo para presentar a xustificación das actividades subvencionables será o 31 de xaneiro de 2026, e só serán subvencionables os gastos realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2025 e a data final de xustificación.

2. As entidades beneficiarias deberán presentar, xunto coa solicitude de pagamento (anexo II), a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención, que constará dos seguintes documentos:

a) Facturas ou documentos probatorios de valor equivalente, que cumpran os seguintes requisitos:

1. A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

2. Deben desagregarse os conceptos obxecto de subvención e indicar a actuación ou actuacións a que se imputan.

b) Xustificante bancario do pagamento pola entidade beneficiaria en que conste a data de pagamento, o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir coa persoa beneficiaria da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

c) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actuacións realizadas e dos resultados obtidos coas unidades desglosadas por parcelas e traballos, de ser o caso, coma na resolución de aprobación, de acordo cos apartados que figuran no anexo IV (actuacións e importes máximos dos investimentos) e no artigo 3. Deberá estar asinada dixitalmente por unha persoa titulada en Enxeñaría de Montes ou Enxeñaría Técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal.

d) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, a contía da subvención calculada sobre a base das actuacións cuantificadas na memoria de actuación, de acordo cos datos que figuran no anexo IV (actuacións e importes máximos) e no artigo 3. Deberá estar asinada dixitalmente por unha persoa titulada en Enxeñaría de Montes ou Enxeñaría Técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal.

e) Documentación específica de cada actuación subvencionada, da sinalada no anexo VI (documentación acreditativa das actuacións subvencionables), para acreditar o seu cumprimento.

f) No caso de concertar con terceiros a execución total das actividades subvencionadas a entidade beneficiaria pode ceder o dereito de cobramento da axuda cun terceiro.

Para iso debe presentar o anexo III (comunicación de cesión dos dereitos de cobramento) asignado, polo representante da entidade cedente e pola persoa cesionaria ou seu representante, xunto ca documentación de formalización da cesión; que pode ser unha copia do documento privado polo que se formalizou a cesión asinado electronicamente ou, de ser o caso, copia do documento público polo que se formalizou a cesión e a xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais de actos xurídicos documentados (ITPAXD).

3. Na solicitude de pagamento (anexo II) inclúese a declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para as mesmas actividades incluídas no proxecto, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións. Ademais, tamén se inclúe a declaración de que mantén os requisitos para ser entidade beneficiaria e a mesma puntuación de priorización aplicando os criterios de baremación.

4. En todo caso a solicitude de pagamento e a documentación xustificativa da axuda concedida debe cumprir co disposto nos artigos 28 e 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 19. Pagamento

1. Recibida a solicitude de pagamento e a documentación xustificativa das actividades subvencionadas, o órgano instrutor analizará a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento e realización da actividade obxecto de subvención e emitirá unha proposta de pagamento que elevará á Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

2. O pagamento efectuarase de forma nominativa a favor das entidades beneficiarias e despois da acreditación dos gastos e pagamentos realizados, ata o tope máximo da contía concedida como subvención.

3. Malia o anterior, no caso de que persoa beneficiaria da axuda se acolla á cesión do dereito de cobramento, establecido no número 3 do artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considerarase efectivamente pagado o gasto coa cesión do dereito de cobramento da subvención a favor das persoas cesionarias, presentada de acordo co artigo 18.2.f).

4. Se da documentación presentada pola entidade beneficiaria para cada actividade queda xustificada unha contía inferior á da subvención inicialmente concedida, o pagamento realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada na devandita actividade, sen prexuízo do disposto no artigo 22.2.

5. Os pagamentos das actuacións da liña I realizarase cando a agrupación sexa inscrita no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta establecido no artigo 126 e seguintes da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Ademais, o pagamento da solicitude que inclúa a actuación de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas realizarase cando sexa efectiva a inscrición no citado rexistro.

6. A Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal poderá solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que considere axeitado.

7. En ningún caso poderá realizarse o pagamento da subvención mentres as entidades beneficiarias non figuren ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexan debedoras por resolución de procedencia de reintegro.

Artigo 20. Modificación da resolución

1. Se no transcurso da tramitación do expediente de axudas o solicitante precisa introducir modificacións no proxecto, poderá solicitarse unha modificación da resolución de aprobación ante a Dirección Xeral Planificación e Ordenación Forestal, xustificando as razóns do cambio e xunto coa oportuna actualización do expediente que recolle as variacións das actividades previstas no proxecto orixinal.

O prazo para solicitar a modificación da resolución será ata dous (2) meses antes da finalización do prazo para a xustificación dos investimentos. Poderanse modificar as resolucións individuais de axuda, sempre que os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación cumpran cos criterios de baremación aplicados para a concesión das axudas, sen que poida supoñer discriminación a terceiros e que non supoña a modificación da puntuación conseguida pola aplicación dos criterios de baremación.

2. A solicitude de modificación debe formulala a persoa que exerza a representación legal da entidade beneficiaria, expresando os motivos e os cambios que se propoñen.

3. A autorización da modificación será expresa e por resolución da Dirección Xeral Planificación e Ordenación Forestal, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, logo da instrución do correspondente expediente de modificación e proposta motivada do órgano instrutor.

4. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión seguindo o principio de proporcionalidade a que se refire o artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 21. Contratación

1. A entidade beneficiaria poderá concertar con terceiros a execución total das actividades que constitúe o obxecto da subvención, salvo que o impida a súa natureza, nos termos recollidos no artigo 27 e concordantes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Nas contratacións a entidade beneficiaria da axuda deberá de prever mecanismos para asegurar que os subcontratistas cumpran co principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente». Ademais, a entidade subcontratada deberá cumprir cos principios transversais de xestión establecidos no Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Artigo 22. Reintegro e perda do dereito ao cobramento da axuda

1. Procederá o reintegro total ou parcial das axudas concedidas ao abeiro desta orden e dos intereses de demora correspondentes no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, dos requisitos establecidos no articulado desta orde e, en xeral, nos casos establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvención de Galicia.

Sen menoscabo do establecido no primeiro parágrafo, as persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de reintegro e/ou infraccións e sancións previsto nos títulos II e IV da Ley 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. No caso referente á contía ou conceptos subvencionados, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 40 % (execución inferior ao 60 %) da base subvencionable da axuda aprobada, entenderase que o devandito incumprimento é total e non terá dereito ao cobro salvo que se aprobaran todas as solicitudes das dúas liñas que cumpren cos requisitos da orde.

3. Se se descobre que unha persoa beneficiaria efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e recuperaranse todos os importes que fosen aboados polo dito expediente. Ademais, a persoa beneficiaria quedará excluída destas axudas durante o ano natural en que se detectou a irregularidade e durante o ano natural seguinte.

Artigo 23. Financiamento

1. As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios 2025 e 2026, con cargo á aplicación 15.03.713B.770 e código de proxecto 2023.00238, por un importe de 1.402.582,46 euros distribuídos do seguinte xeito:

– 280.516,49 euros no ano 2025.

– 1.122.065,97 euros no ano 2026.

2. Sen prexuízo das contías indicadas anteriormente, existe a posibilidade de ampliación de crédito nos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Neste caso, o órgano concedente procederá a publicar esta ampliación nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

3. As actuacións subvencionables serán financiadas integramente pola Unión Europea a través dos fondos asignados á Xunta de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGeneratioEU, mediante o instrumento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, aprobado polo Regulamento (UE) núm. 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, dentro do compoñente 4 (C4) Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade, investimento 4 (I4) Xestión forestal sostible.

Artigo 24. Controis e loita contra a fraude

1. En cumprimento do establecido no artigo 6 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, estableceranse mecanismos para a prevención, detección, corrección e persecución da fraude, a corrupción e o conflito de intereses.

2. As entidades beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice a Consellería do Medio Rural para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, á autoridade de control e aos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e ás verificacións do artigo 22 do Regulamento (CE) núm. 241/2021 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece Mecanismo de recuperación e resiliencia (DOUE do 18 de febreiro).

3. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación cos proxectos financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, como é o caso, poderá pór os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral da Administración do Estado, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo, a través da canle habilitada na web https://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf. Así mesmo, a Xunta de Galicia pon ao dispor da cidadanía unha canle de denuncias sobre irregularidades ou condutas de fraude, que terá a súa sede no Sistema integrado de atención a cidadanía (SIACI). A ligazón á canle de denuncias é a seguinte: https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias. Estas canles garanten o anonimato da persoa denunciante.

4. No control e na loita contra a fraude, a Consellería do Medio Rural actuará de conformidade co establecido no Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia e no seu Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude que se atopen vixente (https://transparencia.xunta.gal/integridade-institucional/plans-antifraude), sendo de aplicación a esta orde e, polo tanto, as persoas beneficiarias da subvención.

Artigo 25. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 26. Alteración de condicións

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 27. Obrigas das entidades beneficiarias

1. As entidades beneficiarias da axuda están obrigadas a someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de control, así como ás comprobacións da Comisión Europea, da Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), do Tribunal de Contas da Unión Europea, se é o caso, á Fiscalía Europea, e aos controis derivados do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia, que se realicen a través de autoridades nacionais ou europeas, facilitando canta información e documentación lles sexa requirida.

2. A entidade beneficiaria está obrigada a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.

3. De conformidade co artigo 22.2.f) do Regulamento (UE) núm. 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, é preceptiva a conservación da documentación xustificativa da aplicación dos fondos recibidos durante un período de cinco (5) anos a partir do pagamento do saldo ou, na falta deste pagamento, da operación. Este período será de tres (3) anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000 euros.

4. As persoas beneficiarias desta orde comprométense a cumprir co principio horizontal de «non causar prexuízo significativo» (Do no significant harm, DNSH), definido no artigo 2.6) do Regulamento (UE) núm. 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, respecto dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021 e definidos no Regulamento (UE) núm. 2020/852 (Regulamento de taxonomía da UE):

a) Mitigación do cambio climático.

b) Adaptación ao cambio climático.

c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d) Transición cara a unha economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.

5. Así mesmo, son obrigas das entidades beneficiarias da axuda as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. O incumprimento das condicións establecidas nesta orde e as indicadas na resolución de concesión de axuda, así como atoparse nas circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ocasionará a perda do dereito á axuda.

Artigo 28. Medidas informativas e publicitarias

1. Nos instrumentos de información e difusión que utilice a Consellería do Medio Rural aplicaranse as obrigas de comunicación, logos e emblema exixidos no artigo 9 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR.

2. Do mesmo xeito, as entidades beneficiarias deben cumprir coas obrigas en materia de información, comunicación e publicidade recollidas no artigo 34.2 do Regulamento (UE) núm. 2021/24 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia; que recolle expresamente que os perceptores de fondos da Unión farán mención da orixe deste financiamento e velarán por darlle visibilidade, incluído cando proceda, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuado que indique «Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», en particular, cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

En particular os estudos, os informes, o proxecto ou outro tipo de documento resultante da realización das actuacións subvencionadas deberán incluírse os seguintes logotipos:

a) O emblema da Unión. Teranse en conta as normas gráficas do emblema da Unión e as cores normalizadas que se poden consultar na seguinte páxina web: http://publications.europa.eu/code/es/es-5000100.htm e descargar diferentes exemplos do emblema en: https://europa.eu/european-union/about-eu/symbols/flag_es#download.

b) Xunto co emblema da Unión, incluirase o texto «Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU».

c) Tamén se usará o logotipo do Plan de recuperación transformación e resiliencia dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual

d) Tamén se empregará o logotipo oficial da Xunta de Galicia e o logotipo da Consellería do Medio Rural.

3. A entidade beneficiaria informará o público da axuda obtida do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, durante un período mínimo igual ao da obriga de conservación da documentación xustificativa da aplicación dos fondos que se recolle no artigo 27.3 da orde, exhibindo un panel de tamaño A3 (297×420 mm), nun lugar ben visible da súa sede, que faga referencia clara e inequívoca á axuda concedida, con expresión dos datos identificativos desta orde, acompañados polo logotipo oficial da Xunta de Galicia, o logotipo da Consellería do Medio Rural e o emblema da UE, cunha declaración de financiamento que diga «Financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU», xunto ao logo do PRTR, dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual

4. Cando a entidade beneficiaria dispoña dun sitio web para uso profesional, deberá incluír neste unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada á operación, cos seus obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión.

Artigo 29. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 30. Réxime xurídico

As axudas reguladas nesta orde ampáranse nas actuacións incluídas no investimento 4 (I4), Xestión forestal sostible, do compoñente 4 (C4) do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, segundo o acordado na Conferencia Sectorial de Reto Demográfico do 1 de setembro de 2022 e, polo tanto, o marco normativo básico é o seguinte:

– Regulamento (UE) núm. 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro, polo que se establece un instrumento de recuperación da UE para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19.

– Regulamento (UE) núm. 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

– Regulamento (UE, Euratom) núm. 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) núm. 1296/2013, (UE) núm. 1301/2013, (UE) núm. 1303/2013, (UE) núm. 1304/2013, (UE) núm. 1309/2013, (UE) núm. 1316/2013, (UE) núm. 223/2014 e (UE) núm. 283/2014 e a Decisión núm. 541/2014/UE e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) núm. 966/2012.

– Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) de España aprobado o 16 xuño de 2021 mediante decisión de execución do Consello de Europa.

– Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do PRTR.

– Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR.

– Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que deben proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos, e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do PRTR.

– Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemático do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

– Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

– Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

– Orde do 26 de abril de 2022 pola que se desenvolve a tramitación electrónica das solicitudes para o recoñecemento como agrupación forestal de xestión conxunta (código de procedemento MR608B) e como persoa silvicultora activa (código de procedemento MR608C).

– Decreto 45/2011, do 10 de marzo, polo que se regula o fomento das agrupacións de propietarios forestais, os requisitos e a cualificación das sociedades de fomento forestal e a creación do seu rexistro.

Sen prexuízo das normas específicas de aplicación para os fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU que se poidan establecer, en defecto do previsto nesta normativa, aplicaranse as normas de dereito administrativo, incluídas as sectoriais, así como as normas de dereito privado ou outras de ámbito nacional ou europeo que puidesen resultar aplicables.

Disposición adicional primeira. De mínimis

1. As axudas a persoas xurídicas que realicen actividades económicas que se poidan conceder ao abeiro da presente orde sométense ao réxime de minimis, Regulamento (UE) núm. 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 15.12.2023 serie L), polo que cada persoa beneficiaria non poderá recibir máis de 300.000 euros de axudas sometidas ao antedito réxime, durante o período dos tres anos previos.

2. Para tal efecto, as posibles persoas beneficiarias da presente orde que realicen actividades económicas deberán xuntar, coa súa solicitude, declaración sobre calquera outra axuda sometida ao devandito réxime de minimis recibida nos tres anos previos.

3. Na resolución de concesión farase constar o importe da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, así como a súa natureza de minimis, segundo o Regulamento (UE) núm. 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro.

Disposición adicional segunda. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co establecido nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional terceira. Protección de datos persoas de persoas físicas

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) núm. 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Disposición adicional cuarta. Conflito de intereses

1. O presente procedemento de subvención está suxeito a análise sistemática e automatizada do risco de conflito de interese prevista na disposición adicional centésima décima segunda da Lei 31/2022, do 23 de decembro, e na Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

2. De acordo co establecido no artigo 7 da Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, o órgano de concesión de subvención poderá solicitar aos solicitantes de axudas a información da súa titularidade real cando a AEAT non dispoña desa información e así o indicase mediante a correspondente bandeira negra, tendo en conta a análise realizada a través de Minerva. Este suposto non implicará a suspensión automática do procedemento en curso, pero a dita información deberá aportarse ao órgano de concesión de subvención no prazo de cinco (5) días hábiles, desde que se formule a solicitude de información. A falta desta información no prazo sinalado será motivo de exclusión do procedemento.

3. Os datos, unha vez recibidos, serán adecuadamente custodiados de acordo co Regulamento (UE) núm. 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril (Regulamento xeral de protección de datos), e coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A través do Minerva, o responsable de operación levará a cabo un novo control ex ante do risco de conflito de intereses, indicando, en lugar do solicitante da axuda, os titulares reais recuperados polo órgano de concesión de subvención.

Disposición derradeira primeira. Habilitación competencial

Facúltase o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2025

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

Actuación e importe máximo dos investimentos subvencionables para a liña I (creación AFXC), incluídas as liñas I-bas e liñas I-ter, e a liña II (apoio AFXC) (código de procedemento MR608F)

Actuacións subvencionables cos seus importes máximos sen IVE (en euros).

Nº clave traballo

Actuación

Importe máximo sen IVE (euros)

Subliña

Act-1

Listaxe identificativa da superficie da iniciativa de constitución AFXC

Listaxe do tipo de participación da persoa socia

Documentación acreditativa da disposición dos dereitos de uso da superficie das terras de natureza forestal para incluír na AFXC

Cartografía poligonal da superficie de xestión conxunta

C=100*(S+P1+P2/2)

S=superficie total (ha)

P1=número de posuidores de dereitos de usos ou xestión das parcelas da agrupación

P2=número de parcelas

Liña I-ter

Act-2

Identificación da iniciativa de constitución AFXC básica

2.100 €

Liña I-bas

Act-3

Gastos de tramitación e inscrición da entidade solicitante

3.000 €

Liña I-bas

Liña I-ter

Act-4

Revisión do parcelario e estado das parcelas para novas AFXC-ter/ampliación das AFXC inscritas

M=100*(S/2+P2),

S=superficie total (ha)

P2=número de parcelas

Liña I-ter

Liña II

Act-5

Investigación da titularidade para AFXC-ter non inscritas/investigación da titularidade para ampliación das AFXC inscritas

C=100 * (S/2+P1+P2/2)

S=superficie total (ha)

P1=número de posuidores de dereitos de usos ou xestión das parcelas da agrupación

P2=número de parcelas

Liña I-ter

Liña II

Act-6

Boa gobernanza das Sofor

1.000 €

Liña II

Act-7

Implantación dos sistemas de certificación internacionalmente recoñecidos e incorporación de servizos ecosistémicos

Primeira certificación (PEFC e FSC): 50 €/ha

Certificación de mantemento (PEFC e FSC): 3 €/ha

Certificación de servizos ecosistémicos: 1.000 €

Liña II

Act-8

Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de cada referencia catastral da AFXC

30 €/RC

Liña I-bas

Liña I-ter

Liña II

Act-9

Inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

1.500 €

Liña I-bas

Liña I-ter

Liña II

Act-10

Gastos de xestión, mantemento e representación

1.500 €

Liña II

O importe de axuda que se vai percibir por persoa beneficiaria non poderá superar os 50.000 €.

ANEXO V

Limitacións e condicións técnicas mínimas das actuacións subvencionables

(código de procedemento MR608F)

Nº clave traballo

Actuación

Limitacións e condicións técnicas mínimas das actuacións

Act-1

Listaxe identificativa da superficie da iniciativa de constitución AFXC

Listaxe para identificar a superficie da iniciativa de actuación de xestión ou comercialización conxunta, mediante o conxunto das referencias catastrais, desagregando aquelas das persoas socias daquelas que non son pero das cales se dispón a delegación do seu uso co seu prazo de cesión, e para cada unha delas, coa relación da persoa ou persoas titulares (NIF ou CIF e nome) xuntamente coa súa porcentaxe e dereito sobre a parcela catastral (PR: propiedade, NP: núa propiedade, US: usufruto, CA: concesión administrativa, DS: dereito de superficie ou DF: desfrutador).

Estos datos serán achegados en formato *.xls, *.xlsx, *.csv, *.ods, conforme ao modelo publicado na ligazón web https://mediorural.xunta.gal/es/temas/forestal/a-estrutura-da-propiedade/agrupacions-forestais

Listaxe do tipo de participación da persoa socia

Listaxe onde, para cada persoa socia, de ser o caso, se indique o tipo de participación (de superficie, de capital, mixta), clase de participación (forestal, xeral), número de participacións, e prazo de delegación ou cesión en anos.

Estes datos serán achegados en formato *.xls, *.xlsx, *.csv, *.ods, conforme o modelo publicado na ligazón web https://mediorural.xunta.gal/es/temas/forestal/a-estrutura-da-propiedade/agrupacions-forestais

Documentación acreditativa da disposición dos dereitos de uso da superficie das terras de natureza forestal para incluír na AFXC

Documentación que acredite a disposición dos dereitos de uso da superficie das terras de natureza forestal incluídas no ámbito da iniciativa de xestión ou comercialización conxunta.

Poderase acreditar a disposición dos dereitos de uso dunha porcentaxe superior ao 70 % da superficie das terras incluídas no ámbito da iniciativa.

Respecto da xustificación dos dereitos de uso, para os efectos recollidos na Lei 7/2012, de montes de Galicia, e salvo proba en contrario, a Administración considerará a persoa que con tal carácter conste en rexistros públicos que produzan presunción que só poida ser destruída xudicialmente ou, na súa falta, a quen apareza con tal carácter en rexistros fiscais, ou finalmente a quen o sexa pública e notoriamente, aínda que careza do oportuno título escrito (artigo 122 quater.d in fine)

Cartografía poligonal da superficie da iniciativa de actuación de xestión conxunta

Cartografía poligonal coa superficie da actuación de xestión conxunta en formato shapefile e datum ETRS89-UTM29N. Non será de aplicación cando se estea no caso das agrupacións enunciadas na alínea a), epígrafe 2 do artigo 122 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, entendendo neste caso que a relación de referencias catastrais é suficiente. Incluirase tamén a representación gráfica das referencias catastrais das que a AFXC dispoña de dereitos de uso.

Act-2

Identificación da iniciativa de constitución AFXC básica

Listaxe identificativa da superficie da iniciativa de constitución AFXC: listado da relación das referencias catastrais das que se declaran propietarios ou titulares as persoas socias asinado polo representante da agrupación segundo o establecido na liña e) do apartado 1 do artigo 122 quater da Lei 7/2012, do 28 de xuño. Tamén se debe incluír a superficie das parcelas e identificación do titular.

Cartografía poligonal coa superficie da actuación de xestión conxunta en formato shapefile e datum ETRS89-UTM29N.

Act-3

Gastos de tramitación e inscrición da entidade solicitante

Inscrición no Rexistro apropiado segundo natureza da entidade solicitante (asociativa, civil, mercantil,...), obtención de número de identificación fiscal (NIF), obtención de certificado electrónico, redacción de acta de constitución da entidade, gastos de tramitación para inscrición no rexistro de AFXC, ...

Act-4

Revisión do parcelario e estado das parcelas para AFXC non inscritas/Revisión do parcelario e estado das parcelas para ampliación das AFXC inscritas

O obxecto dos traballos a realizar será a execución da análise previa da cartografía da superficie da iniciativa de actuación de xestión conxunta da AFXC, que consistirá na realización de:

1. Estudos previos: análise e comparativa da cartografía catastral coas bases cartográficas existentes, co Sixpac, coas ortofotografías e delimitación do perímetro exterior e das construcións e dos elementos físicos do territorio (viarios, infraestruturas e hidrografía).
Elaborarase un plano parcelario para a súa exposición pública e envío de notificacións aos titulares da exposición pública do parcelario (á conta da empresa adxudicataria).

2. Execución das operacións de definición do parcelario: comparativa en campo co parcelario catastral e revisión xeométrica e topográfica de predios non coincidentes coa cartografía catastral.
Levantamento e comprobación da xeometría das parcelas afectadas por recursos/alegacións á exposición do parcelario.
Para tal efecto, efectuarase un levantamento topográfico dun número de parcelas catastrais dun mínimo do 30 % do total de parcelas do ámbito do proxecto.

3. Elaborar ficha individual de cada parcela ou área homoxénea que a compón, na que se recolla: superficie, fotografía, xeolocalización, principais características físicas e técnicas, valoración do terreo e valoración do voo.

4. Estos datos serán achegados en formato *.xls, *.xlsx, *.csv, *.ods, conforme ao modelo publicado na ligazón web https://mediorural.xunta.gal/es/temas/forestal/a-estrutura-da-propiedade/agrupacions-forestais

Act-5

Investigación da titularidade para AFXC non inscritas/investigación da titularidade para ampliación das AFXC inscritas (redución do % de descoñecidos e ilocalizados)

Realizaranse a investigación da titularidade para determinar as persoas propietarias das parcelas da superficie da iniciativa de actuación de xestión conxunta da AFXC, así como os dereitos reais e situacións xurídicas que teñen por base física a totalidade ou parte dos terreos de procedencia.

Achegarase un listado no que se indicará, para a totalidade das parcelas a inscribir dentro dun determinado perímetro de xestión conxunta, o titular segundo as diferentes fontes: catastro, rexistro da propiedade, declaración responsable, etc. Ter en conta o apartado 122 quater.d in fine da Lei 7/2012, de montes de Galicia.

Se, como resultado da investigación da titularidade hai parcelas respecto das que non se poida determinar a súa titularidade, achegarase un listado con eses titulares descoñecidos ou ilocalizados.

Para a determinación da situación xurídica das parcelas deberase contactar con todos os posuidores dos dereitos de uso ou xestión de parcelas que estean dentro do ámbito, para isto, realizarase a preparación e envío de notificacións aos titulares que non foi posible localizar–preparación de documentación e envío mediante carta certificada con xustificante de recepción.

Recoméndase, de non ser posible contactar cos posuidores dos dereitos das parcelas por non contar coa información suficiente, anunciar a iniciativa de constitución ou ampliación da AFXC, durante un mínimo de quince (15) días no taboleiro de anuncios do concello, e proporcionar información sobre a superficie xa incluída como a superficie non incluída que se atopa dentro do perímetro de xestión conxunta.

Recoméndase convocar un mínimo dunha reunión informativa á que poidan acceder as persoas posuidoras dos dereitos de uso ou xestión das parcelas incluídas dentro dos perímetros de xestión conxunta definidos.

Act-6

Boa gobernanza das Sofor

Para as Sofor, elaboración das esixencias de información que se deberán proporcionar de acordo cos puntos 2 e 3 do artigo 31 do Decreto 45/2011, do 10 de marzo, polo que se regula o fomento das agrupacións de propietarios forestais, os requisitos e a cualificación das sociedades de fomento forestal e a creación do seu rexistro. En particular do punto 3 deste artigo 31.

Act-7

Implantación dos sistemas de certificación internacionalmente recoñecidos e incorporación de servizos ecosistémicos

Primeira certificación (PEFC e FSC), certificación de mantemento (PEFC e FSC) ou certificación de servizos ecosistémicos.

Act-8

Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de cada referencia catastral da AFXC

De conformidade co artigo 9 do decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, só as agrupacións forestais formalmente constituídas cunha superficie inferior ou igual ás 15 hectáreas en couto redondo se poderán dotar dun documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos. Adicionalmente a adhesión, entregarase planimetría que indique a que modelo silvícola se vinculou cada referencia catastral.

Act-9

Inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

Elaboración da documentación necesaria para a inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas por parte da AFXC, segundo o Decreto 167/2019, do 5 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

Act-10

Gastos de xestión, mantemento e representación

Incluirá os custos de:

Xestores administrativos e técnicos forestais.

Alugamento do local/sede da AFXC.

Adquisición de material de oficina: o importe non poderá ser superior ao 20 % da consignación total para esta actuación.

Publicidade: folletos informativos, tarxetas de visita, etc. O importe non poderá ser superior ao 20 % da consignación total para esta actuación.

Representación: desprazamento e manutención. O importe non poderá ser superior ao 20 % da consignación total para esta actuación.

ANEXO VI

Documentación acreditativa das actuacións subvencionables

(código de procedemento MR608F)

Documentación acreditativa do cumprimento das actuacións subvencionables da subliña III-A (creación de AFXC) e subliña III-B (apoio AFXC) que se vai entregar como documentación complementaria xunto coa solicitude de pagamento.

Nº clave

Actuación

Documentación acreditativa do cumprimento da actuación que debe achegar a persoa beneficiaria

Act-1

Listaxe identificativa da superficie da iniciativa de constitución AFXC

As listaxes

Listaxe do tipo de participación da persoa socia

As listaxes

Documentación acreditativa da disposición dos dereitos de uso da superficie das terras de natureza forestal para incluír na AFXC

Documentación que acredite o dereito de uso asinado

Cartografía poligonal da superficie da iniciativa de actuación de xestión conxunta

Cartografía en formato shapefile

Act-2

Identificación da iniciativa de constitución AFXC básica

As listaxes e cartografía en formato shapefile

Act-3

Gastos de tramitación e inscrición da entidade solicitante

Solicitude de inscrición ou certificado rexistral da súa inscrición

Act-4

Revisión do parcelario e estado das parcelas para AFXC non inscritas/Revisión do parcelario e estado das parcelas para ampliación das AFXC inscritas

Ficha individual de cada parcela ou área homoxénea

Act-5

Investigación da titularidade para AFXC non inscritas/investigación da titularidade para ampliación das AFXC inscritas (redución do % de descoñecidos e ilocalizados)

Informe que acredite o proceso

Act-6

Boa gobernanza das Sofor

Fornecer a información ao Rexistro de Sofor

Act-7

Implantación dos sistemas de certificación internacionalmente recoñecidos e incorporación de servizos ecosistémicos

Certificado emitido por unha entidade certificadora ou acreditación de participación cun titular dun certificado de grupo ou rexional

Act-8

Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de cada referencia catastral da AFXC

Adhesión e planimetría

Act-9

Inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

Solicitude de inscrición

Act-10

Gastos de xestión, mantemento e representación

En termos xerais, factura xunto cos extractos ou certificados bancarios correspondentes, debidamente identificados

Para xustificación de gastos de representación: documento de liquidación do gasto (tícket ou factura simple) conformada coa sinatura pola persoa representante da AFXC