DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2025 Páx. 21328

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2025, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de análise de laboratorio, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 21 de marzo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 10 de decembro de 2024 (DOG núm. 241, do 16 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de análise de laboratorio, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, anular as preguntas seguintes:

Quenda libre

Promoción interna

Motivo da anulación

Pregunta que substitúe

Libre

P.I.

12

---

Erro no enunciado da pregunta

141

---

19

---

Norma derrogada

---

---

20

---

Norma derrogada

---

---

21

---

Norma derrogada

---

---

41

16

Erro no enunciado da pregunta

142

116

57

32

Erro no enunciado da pregunta

143

117

79

54

Erro no enunciado da pregunta

144

118

116

91

Erro no enunciado da pregunta

149

123

148

122

Erro no enunciado da pregunta

---

---

Anúlanse, por tanto, as preguntas da parte común do programa núm. 12 (que se substitúe pola pregunta de reserva núm. 141), así como as núm. 19, 20 e 21. Ao non existiren máis preguntas de reserva desta parte, estas tres últimas non terán substitución e a primeira parte do exame, que constaba dun total de 90 preguntas, computarase sobre 87 preguntas.

Por outra banda, anúlanse tamén as preguntas da quenda de acceso libre núm. 41, 57, 79 e 116 (que serán substituídas polas preguntas de reserva núm. 142, 143, 144 e 149). Así mesmo, anúlase a pregunta de reserva núm. 148. Polo que respecta á quenda de promoción interna, as preguntas anuladas son as núm. 16, 32, 54 e 91 (substituídas polas núm. 116, 117, 118 e 123), así como a pregunta de reserva 122.

Estímanse, por tanto, as alegacións presentadas contra as preguntas sinaladas anteriormente. O resto das alegacións desestímase na súa totalidade.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1 da convocatoria, e de acordo cos criterios de corrección publicados, unha vez feita a corrección, o número de aspirantes que acadan en cada unha das partes o 50 % das respostas correctas é inferior ao número de prazas convocadas multiplicado por catro, polo que se volve facer a corrección cun mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez realizados os descontos correspondentes. Realizada esta nova corrección, superan o exercicio na quenda libre un total de trinta e seis (36) persoas aspirantes, que obtiveron unha puntuación mínima de 50 puntos, e fíxase en 67,25 o número de respostas correctas necesarias para conseguir a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1 da convocatoria.

Polo que respecta á quenda de promoción interna, superan o exercicio tres (3) persoas, que obtiveron unha puntuación mínima de 50 puntos, e fíxase en 57,50 o número de respostas correctas necesarias para conseguir a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1 da convocatoria.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre e de promoción interna para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de análise de laboratorio, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1 da convocatoria.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base II.1.1.2, respecto ao segundo exercicio, estarán exentas da súa realización as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, posuíren o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro). Non terá que presentar a documentación xustificativa de exención quen xa acreditase a posesión do Celga 4 ou do título equivalente debidamente homologado e así conste na listaxe de persoas aspirantes publicada, xunto con esta resolución, pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2025

María Polo Piñeiro
Presidenta do tribunal