DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2025 Páx. 21892

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Navia de Suarna (expediente IN407A 2024/135 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Peticionario: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: Reforzo da LMTA FAB703 entre os apoios núm. 139 e núm. 158 (Navia de Suarna).

Situación: concello de Navia de Suarna.

Características técnicas principais:

• Regulamentación na LMTA FAB703 (expediente 28570) consistente en:

1. LMTA a 15 kV con orixe no apoio proxectado núm. 139 tipo C-14/2000 e final no apoio proxectado núm. 158 tipo C-16/2000, cunha lonxitude de 821 metros en condutor tipo LA-56 tensados sobre 9 apoios metálicos.

2. Desmontaxe dos condutores e dos apoios existentes comprendidos entre os apoios 139 e 158.

3. LMTA a 15 kV con orixe no apoio proxectado núm. 158 tipo C-16/2000 e final no apoio existente núm. 158-1, cunha lonxitude de 44 metros en condutor tipo LA-56.

4. LMTS a 15 kV, con orixe nun empalme que se realizará na LMTS existente e final nun PAS que se realizará no apoio proxectado núm. 139 topo C-14/2000 da LMTA FAB703.

Finalidade da instalación: mellora da instalación.

Orzamento: 49.986,64 €.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Navia de Suarna.

• Separata para a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 20 de marzo de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo