Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, modificado pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta dirección xeral dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia do Acordo que figura como anexo á presente resolución.
Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2025
Sandra Vázquez Domínguez
Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias
ANEXO
Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en Relación coa Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas
A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia adoptou o seguinte acordo:
1º. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación cos artigos 30, 72 e 79 da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
2º. Designar un grupo de traballo para propoñer á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.
3º. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, así como inserir o presente acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.
|
Ángel Víctor Torres Pérez |
Diego Calvo Pouso |
