A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Escola Galega de Administración Pública subscribiron un convenio para convocar e desenvolver as actividades formativas dirixidas ao persoal empregado público das administracións públicas de Galicia en competencias dixitais no ano 2025, no contexto do Marco galego de competencias dixitais-ComDix.
Esta iniciativa enmárcase no contexto do Marco galego de competencias dixitais, conforme o disposto na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, coa finalidade de lograr unha cidadanía dixitalmente responsable nun contorno onde, cada vez máis, é requirido o uso da tecnoloxía case a diario.
Este marco ten como referencias o Marco europeo de competencias dixitais na versión DigComp 2.2, e o Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais. Este decreto establece que a certificación galega en competencias dixitais acreditará o nivel de competencia das persoas na utilización das tecnoloxías no ámbito persoal, social, educativo e profesional de forma efectiva, segura, crítica, creativa e cívica.
O artigo 3 do Decreto 123/2021 establece que o desenvolvemento concreto das dimensións e especializacións do marco en función dos colectivos destinatarios quedará recollido no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.
O 11 de setembro de 2023 aprobouse unha primeira versión deste documento en que se identifica como unha das vías de obtención do certificado galego en competencias dixitais (ComDix) a realización dunha proba de certificación específica que permita demostrar ter os coñecementos, habilidades e actitudes propias das devanditas competencias. Actualmente, na súa segunda versión, aprobada o 20 de xuño de 2024 polo Consello Reitor da Amtega, mantense esta vía de obtención.
Esta proba de certificación compleméntase coa posta á disposición das persoas interesadas de contidos en liña en réxime de autoformación, de uso voluntario, para adquirir os coñecementos, habilidades e actitudes dixitais, e que servirá de referencia antes de presentarse á proba de certificación.
Así mesmo, establece no seu artigo 13 que a propia Amtega, en colaboración coa Escola de Administración Pública de Galicia (EGAP), cooperará na execución das actuacións para a xestión da certificación en competencias dixitais, e estará habilitada e autorizada para a formación e avaliación cara á súa obtención.
De acordo co exposto,
RESOLVO:
Convocar as probas de certificación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais nivel iniciación (en adiante, ComDix-Iniciación) que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I e o calendario que figura no anexo II.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2025
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO I
Primeira. Requisitos dos participantes
1. Poderá participar nas probas para a obtención do certificado de competencias dixitais, nivel iniciación (ComDix-Iniciación) convocadas nesta resolución o persoal empregado público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia da Administración institucional, da Administración de xustiza de Galicia, das entidades locais galegas e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
2. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros; e o persoal do Servizo Galego de Saúde, e non entenderá por tal os/as empregados/as públicos/as da Escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segunda. Itinerario formativo
1. Para a preparación destas probas para a obtención do certificado de competencias dixitais, nivel iniciación (ComDix-Iniciación), a EGAP porá á disposición das persoas usuarias, como material de apoio, un programa de autoformación específico que inclúe o itinerario formativo completo do nivel ComDix iniciación:
|
• Empezamos! Que nivel de competencias teño? Introdución ao Marco galego de competencias dixitais. |
|
• ComDix iniciación I: coñece a contorna dixital. |
|
• ComDix iniciación II: ten a información dixital sempre á man; buscar, seleccionar e gardar. |
|
• ComDix iniciación III: tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar. |
|
• ComDix iniciación IV: participa na sociedade dixital; as vantaxes da administración electrónica. |
|
• ComDix iniciación V: crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia. |
|
• ComDix iniciación VI: atopa o benestar dixital; tecnoloxía con «sentidiño». |
2. Todo o persoal destinado ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza de Galicia, das entidades locais galegas e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria, pode acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>.
3. A inscrición para o acceso aos contidos poderá facerse en calquera momento a partir do día 23 de abril de 2025, día seguinte ao da finalización do prazo de matrícula na proba de certificación.
4. Poderase acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP desde a inscrición de acceso ata o 19 de decembro de 2025.
5. As persoas participantes deberán dispoñer do software que se poida requirir na actividade convocada.
6. Cada persoa determinará libremente o número de actividades nas que queira inscribirse e mais o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.
7. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a inscrición. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54, 981 54 62 53 y 981 54 63 35 ou no enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal> en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).
8. Unha vez inscrita, a persoa recibirá unha mensaxe de correo electrónico de confirmación e despois poderá acceder aos contidos da actividade ou actividades na aula virtual, no enderezo <https://egap.xunta.gal/aulavirtual>.
9. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de certificación reguladas no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.
10. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado de competencias dixitais (ComDix), que se obterá unicamente pola superación da proba de certificación regulada nesta convocatoria.
Terceira. Datas e lugares de realización da proba para a obtención do certificado de competencias dixitais, nivel iniciación (ComDix-Iniciación)
As probas de certificación realizaranse nas datas e localizacións que para cada unha delas se indiquen no anexo II desta resolución.
Cuarta. Solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 22 de abril de 2025.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante e serán excluídas automaticamente aquelas persoas solicitantes que figuren inscritas en máis dunha localidade ou horario.
4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
6. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (como, por exemplo discapacidade ou permiso de maternidade), de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.
7. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria para a matrícula serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54, 981 54 62 53 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
As dúbidas relativas ao Marco galego de competencias dixitais e ao certificado galego de competencias dixitais poden consultarse en https://competenciasdixitais.xunta.gal/ e no correo electrónico competencias-dixitais@xunta.gal
Quinta. Comprobación de datos
1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes da proba de certificación necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo e incluír os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular, así como achegar ademais unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente e incluír os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular, así como achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@ xunta.gal>.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.
Sexta. Criterios de selección
1. Os criterios de selección que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 10 de maio de 2023 (DOG núm. 96, do 23 de maio), corrección de erros (DOG núm. 130, do 10 de xullo 2023 e DOG núm. 148, do 4 de agosto de 2023).
Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2025 segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 21 de xaneiro (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), comezarase pola letra F.
A totalidade das prazas repartiranse nun 70 por cento para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, nun 10 por cento para o persoal das entidades locais, 10 por cento para a Administración de xustiza de Galicia e outro 10 por cento para o PAS das universidades do SUG.
No caso de que non haxa un número suficiente de solicitantes da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional poderá completarse o número de alumnos/as asignado co persoal das restantes administracións destinatarias desta resolución de convocatoria de acordo cos criterios sinalados con carácter xeral da Escola Galega de Administración Pública.
Sétima. Publicación das relacións do persoal seleccionado
1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar en cada proba de certificación en cada unha das localidades, días e horarios de realización, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Oitava. Cambios ou substitucións na selección, renuncia, asistencia e puntualidade
1. En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.
2. A renuncia.
a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á proba. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.
Para formalizar a renuncia poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
O prazo para presentar escrito de renuncia, iniciarase a partir da publicación da listaxe de persoas admitidas, en reserva e excluídas e finalizará 20 días naturais antes da data da proba de certificación.
b) As persoas que incumpran o prazo arriba previsto pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día de realización da proba de certificación, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas:
– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.
– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.
– Por razóns de conciliación familiar.
– Por outras causas xustificadas documentalmente.
3. Non asistencia á proba de certificación.
As persoas que non asistan á proba de certificación pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da realización da proba de avaliación, agás que a non presentación teña algunha das seguintes causas:
– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.
– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.
– Por razóns de conciliación familiar.
– Por outras causas xustificadas documentalmente.
Novena. Realización das probas de certificación
1. A proba de certificación para a obtención do certificado ComDix realizarase na plataforma habilitada ao efecto pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
2. A estrutura desta proba será a seguinte:
• Estará dispoñible tanto en galego como en castelán, para que a persoa usuaria poida seleccionar o idioma no momento de realizar a proba.
• Constará dun cuestionario composto por entre 60 e 70 preguntas de diversa complexidade que inclúe a avaliación das 21 competencias establecidas na estrutura do Marco galego ComDix.
• Tipoloxía de preguntas: pregunta simple, múltiple, arrastrar, relacionar...
• Non haberá penalización por preguntas incorrectas.
• Disporase dun tempo máximo de 90 minutos para realizar a proba.
• Serán consideradas aptas aquelas persoas que superen o 60 % das preguntas referentes a cada unha das 5 áreas e o 70 % do total das preguntas.
• Se algunha persoa candidata non finaliza a proba no tempo establecido, o exame darase por concluído e enviarase automaticamente para a súa corrección.
• Unha vez que cada persoa candidata complete a súa proba, poderá coñecer a súa puntuación, o seu resultado (apta ou non apta) e o número de preguntas incorrectas.
• Non se autoriza o uso de dispositivos electrónicos diferentes aos provistos pola EGAP nin calquera outro material adicional durante o desenvolvemento das probas de certificación.
Décima. Corrección e revisión das probas
1. Inmediatamente despois de finalizar a proba, e na mesma plataforma de certificación, as persoas participantes non aptas que estean en desacordo con algunha pregunta terán a posibilidade de solicitar a revisión desta.
2. Posteriormente, levarase a cabo unha análise das preguntas obxecto de revisión para determinar a admisión, a anulación ou a posibilidade de modificación destas.
3. As preguntas que resulten anuladas poden supoñer un cambio nos resultados das persoas participantes non aptas. Estas anulacións non afectarán negativamente as cualificacións obtidas por aquelas persoas que xa obtivesen a puntuación de aptas.
4. A modificación dos resultados finais tras a revisión de preguntas realizaraas de oficio a Amtega.
5. A Amtega expedirá de oficio a certificación galega de competencias dixitais a todas aquelas persoas que superen con éxito a proba de certificación, segundo o disposto no Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula a dita certificación.
Décimo primeira. Notificación de superación da proba de certificación pola Amtega.
1. As persoas que superen as probas de certificación serán notificadas preferentemente por medios electrónicos, e poderán decidir e comunicar en calquera momento que as sucesivas notificacións se realicen ou se deixen de realizar por medios electrónicos.
2. As notificacións electrónicas realizaranse a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema enviaralles ás persoas interesadas avisos da dispoñibilidade das notificacións mediante un correo electrónico dirixido á dirección de correo electrónico incluída na solicitude para os efectos de notificación.
3. As notificacións realizadas por medios electrónicos consideraranse realizadas no momento de acceder ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa obrigatoria, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, considerarase rexeitada cando transcorran dez días naturais desde que se puxo á disposición a notificación sen acceder ao seu contido.
Décimo segunda. Facultades da EGAP e a Amtega
1. A EGAP e a Amtega resolverán aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das probas de certificación. Tamén lles corresponde á EGAP e a Amtega prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.
2. A execución material das probas de certificación queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.
3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e a Amtega reservan para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das probas, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.
4. A EGAP e a Amtega poderán modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das probas de certificación, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das probas serán anunciadas na páxina web da escola.
5. A EGAP e a Amtega garantirán na totalidade das probas de certificación derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.
ANEXO II
Lugares e datas de realización das probas para a obtención do certificado
Primeira. Calendario das probas
As probas de certificación presencial desenvolveranse segundo o seguinte calendario.
Estas probas terán lugar nas dependencias das aulas EGAP/Amtega de cada localidade, nos días e horas que se relacionan, e co número de prazas dispoñibles que se corresponden coa capacidade de cada aula.
|
Código |
Localidade |
Actividade |
Núm. |
Data e hora da proba |
|
CV25027 |
A Coruña |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
13 |
3.6.2025 18.00 horas |
|
CV25027 |
Ferrol |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
8 |
|
|
CV25027 |
Lugo |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25027 |
Ourense |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25027 |
Pontevedra |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25027 |
Santiago de Compostela |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
44 |
|
|
CV25027 |
Vigo |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25028 |
A Coruña |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
13 |
4.6.2025 18.00 horas |
|
CV25028 |
Ferrol |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
8 |
|
|
CV25028 |
Lugo |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25028 |
Ourense |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25028 |
Pontevedra |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25028 |
Santiago de Compostela |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
44 |
4.6.2025 18.00 horas |
|
CV25028 |
Vigo |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25029 |
A Coruña |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
13 |
5.6.2025 18.00 horas |
|
CV25029 |
Ferrol |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
8 |
|
|
CV25029 |
Lugo |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25029 |
Ourense |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25029 |
Pontevedra |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25029 |
Santiago de Compostela |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
44 |
|
|
CV25029 |
Vigo |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25030 |
A Coruña |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
13 |
18.11.2025 18.00 horas |
|
CV25030 |
Ferrol |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
8 |
|
|
CV25030 |
Lugo |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25030 |
Ourense |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25030 |
Pontevedra |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25030 |
Santiago de Compostela |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
44 |
|
|
CV25030 |
Vigo |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25031 |
A Coruña |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
13 |
19.11.2025 18.00 horas |
|
CV25031 |
Ferrol |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
8 |
|
|
CV25031 |
Lugo |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25031 |
Ourense |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25031 |
Pontevedra |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25031 |
Santiago de Compostela |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
44 |
|
|
CV25031 |
Vigo |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25032 |
A Coruña |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
13 |
20.11.2025 18.00 horas |
|
CV25032 |
Ferrol |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
8 |
|
|
CV25032 |
Lugo |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25032 |
Ourense |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25032 |
Pontevedra |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
|
|
CV25032 |
Santiago de Compostela |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
44 |
|
|
CV25032 |
Vigo |
Probas de acceso libre para a obtención directa da certificación ComDix iniciación |
15 |
