En cumprimento do disposto no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, publícase como anexo a esta resolución o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de setembro de 2024 polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Coto da Mina (expediente IN661A 2010/01-3 AT).
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2024
Paula María Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
ANEXO
Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de setembro de 2024, polo
que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións
relativas ao proxecto do parque eólico Coto da Mina, situadas nos
concellos de Piñor e O Irixo (Ourense) proxecto promovido por
Coto da Mina, S.A. (expediente IN661A 2010/01-3 AT)
Unha vez examinado o expediente iniciado por solicitude de Adelanta Corporación, S.A., na actualidade Coto da Mina, S.A., en relación coa declaración de utilidade pública, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais do parque eólico Coto da Mina, constan os seguintes
Antecedentes de feito:
Primeiro. Mediante a Resolución do 14 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, outorgáronse as autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Coto da Mina, para unha potencia de 15,2 MW (DOG núm. 68, do 7 de abril).
Segundo. Mediante a Resolución do 4 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, recoñeceuse como non substancial a modificación do parque eólico Coto da Mina, solicitada o 14.3.2023, consistente con carácter xeral na redución a 3 no número de aeroxeradores propostos e na modificación do modelo elixido.
Terceiro. Con data 30.3.2023 e posteriormente o 20.9.2023 Coto da Mina, S.A., presentou a actualización da relación de bens e dereitos afectados (RBDA) en relación coa declaración de utilidade pública do parque eólico Coto da Mina.
Cuarto. Con data 26 de outubro de 2023 o Consello da Xunta de Galicia declarou como iniciativa empresarial prioritaria o proxecto do parque eólico Coto da Mina, o que ten como efectos a tramitación de forma prioritaria e con carácter de urxencia e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento, salvo na presentación de solicitudes e recursos.
Quinto. Mediante o Acordo do 22 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, na actualidade Departamento Territorial, someteuse a información pública a solicitude da declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, do parque eólico Coto da Mina, situado nos concellos de Piñor e do Irixo (expediente IN661A 2010/01-3 AT).
A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 2.1.2024 e no xornal La Región, o 2.1.2024. Así mesmo, permaneceu exposta ao público no taboleiro de anuncios dos concellos afectados de Piñor e O Irixo e da Xefatura Territorial de Ourense, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública. Igualmente, o acordo e a documentación obxecto de información pública estiveron dispoñible, na páxina web da Consellería de Economía, Industria e Innovación.
Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentáronse alegacións, as cales foron remitidas á promotora e contestadas por esta.
Sexto. Con data 29.12.2023, o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Ourense informou que non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidumes a que se refire o artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
Sétimo. O 25.1.2024 a Sección de Minas da Xefatura Territorial de Ourense, ao respecto das afeccións á minaría do proxecto do parque eólico Coto da Mina, informou que o parque eólico está proxectado en terreos que non están afectados por ningún dereito mineiro preexistente.
Oitavo. O 19.3.2024 o Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense, emitiu informe en relación cos aproveitamentos forestais afectados polo parque eólico, e indicou que o proxecto afecta o MVMC de Lagorzos-Segade e o MVMC de Menaz, Cardedo, Filgueira, Orosa e Casares.
Noveno. Con data 4.4.2024, en aplicación do disposto no número 3 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais acordou a apertura do trámite de audiencia aos titulares dos aproveitamentos de masas forestais afectados. Durante o prazo outorgado, as comunidades de montes veciñais en man común afectadas non presentaron alegacións.
Décimo. O 10.6.2024 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal remitiu o informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense, en relación co artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, sobre a compatibilidade dos aproveitamentos forestais afectados polo proxecto do parque eólico Coto da Mina.
Decimoprimeiro. O 17.7.2024 a promotora achegou a relación de bens e dereitos afectados actualizada, co fin de incorporar os novos acordos acadados. Asemade, presenta declaración responsable actualizada dos acordos alcanzados.
Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), polo artigo 39 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro), polo artigo 46 da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 248, do 30 de decembro) e polo artigo 39 da Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 246, do 29 de decembro).
Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nas demais normas vixentes de aplicación.
Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente de declaración de utilidade pública, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:
1. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas e corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles (lindes, dimensións, tipo de cultivo...).
2. Sobre a falta de utilidade pública do proxecto, debe sinalarse que o artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, establece: «Decláranse de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte, distribución de enerxía eléctrica, así como as infraestruturas eléctricas das estacións de recarga de vehículos eléctricos de potencia superior a 3.000 kW, para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento e da imposición e exercicio da servidume de paso».
3. No caso de alegacións presentadas con posterioridade á declaración de impacto ambiental, inadmítense, de conformidade co artigo 23 da Lei 21/2013, do 9 decembro, de avaliación ambiental, por presentárense fóra dos prazos de información pública e consultas regulados nos artigos 21 e 22 da devandita lei.
No caso de escritos recibidos de oposición á declaración de impacto ambiental do 23.4.2021, segundo o establecido no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a declaración de impacto ambiental non é obxecto de recurso sen prexuízo dos que, de ser o caso, procedan na vía administrativa e xudicial fronte ao acto polo cal se autorizou o proxecto.
Cuarto. No que respecta á compatibilidade do parque eólico cos montes afectados, e de acordo co establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, finalizado o trámite de audiencia, o 12.6.2024 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal remitiu informe do Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense do 10.6.2024, sobre a compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos forestais afectados polo parque eólico Coto da Mina, que se transcribe a continuación:
«A ocupación pola infraestrutura eólica supón a imposibilidade do aproveitamento forestal no pleno dominio ocupado polas instalacións e limita o seu uso nas servidumes dos elementos do parque eólico. Por outra banda, a superficie total ocupada no monte veciñal afectado polas infraestruturas Lagorzos-Segade (O Irixo) supón unha porcentaxe moi pequena en relación coa cabida total destes montes. Na poligonal do parque, sen afección das infraestruturas proxectadas e a maiores do monte indicado, está incluído outro monte veciñal: Menaz, Cardedo, Filgueira, Orosa e Casares (O Irixo).
Tanto pola vexetación como pola superficie ocupada, a instalación do parque non suporá mingua significativa na produtividade dos montes afectados, pois non existen masas forestais de alto interese que resulten afectadas polo parque eólico. Na poligonal deste non existen convenios nin consorcios de xestión pública subscritos pola Xunta de Galicia.
Non figuran na aplicación Cadro de mandos expedientes de subvención incluídos na poligonal do parque eólico.
Ao respecto dos trámites de audiencia ás comunidades de montes afectadas pola poligonal do parque eólico, non se presentaron alegacións.
Polo exposto anteriormente e en cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e do disposto no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, emítese informe favorable sobre a compatibilidade da infraestrutura parque eólico Coto da Mina, exceptuando a superficie en que se cambie a clasificación do solo por motivo da súa instalación, e sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa dentro da poligonal de ocupación do parque».
De acordo co exposto e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Coto da Mina, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro) en relación coas parcelas recollidas no anexo I deste acordo.
Segundo. Declarar a compatibilidade do parque eólico cos montes veciñais en man común afectados: MVMC de Lagorzos-Segade e MVMC de Menaz, Cardedo, Filgueira, Orosa e Casares.
A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:
1. Tal e como queda recollido no informe do 10 de xuño de 2024, emitido polo Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense, deberá cumprirse a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa dentro da poligonal de ocupación do parque durante toda a vida útil deste.
2. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación deste acordo, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
ANEXO I
Relación de bens e dereitos afectados do parque eólico Coto da Mina
|
Nº |
Titular |
Datos catastrais da parcela |
Afeccións (m2) |
|||||||||||
|
Pleno dominio |
Servidume de paso |
|||||||||||||
|
Referencia catastral |
Concello |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Cimentación |
Plataforma |
CSM |
Vía |
Gabia |
Servidume de voo |
Ocupación temporal |
||
|
1 |
Bernárdez Freigedo, Ramón |
32062A07200029 |
Piñor |
072 |
00029 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
325,7 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
|
2 |
Nogueira, Emilio e outros |
32062A07200033 |
Piñor |
072 |
00033 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
821,5 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
|
7 |
García Fernández, Nélida |
32062A07200046 |
Piñor |
072 |
00046 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
511,5 |
38,3 |
148,8 |
24,1 |
1.913,4 |
468,3 |
|
9 |
García Fernández, Nélida |
32062A07200048 |
Piñor |
072 |
00048 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
107,7 |
141,4 |
188,4 |
574,6 |
|
11 |
García Fernández, Nélida |
32062A07200050 |
Piñor |
072 |
00050 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
229,9 |
209,4 |
0,0 |
296,4 |
|
13 |
Pérez Bernárdez, Eligia |
32062A07200042 |
Piñor |
072 |
00042 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
126,5 |
0,0 |
602,5 |
0,0 |
|
14 |
Cibeira Rodríguez, José |
32062A07200043 |
Piñor |
072 |
00043 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
98,0 |
0,0 |
602,3 |
0,0 |
|
16 |
Descoñecido |
32062A07200060 |
Piñor |
072 |
00060 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
63,2 |
52,5 |
0,0 |
0,0 |
|
17 |
Veciños da parroquia de Cusanca |
32036A01102854 |
O Irixo |
011 |
02854 |
Embrocadoiro |
Matogueira |
68,2 |
129,6 |
0,0 |
0,0 |
78,2 |
911,0 |
75,2 |
|
18 |
Novoa Nogueira, Esperanza |
32062A07200063 |
Piñor |
072 |
00063 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
54,7 |
47,1 |
0,0 |
0,0 |
|
23 |
Descoñecido |
32062A07200141 |
Piñor |
072 |
00141 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
12,7 |
|
24 |
Civeira Civeira, Josefina |
32062A07200137 |
Piñor |
072 |
00137 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
172,0 |
142,0 |
0,0 |
422,5 |
|
27 |
Lorenzo Reboredo, Aquilino |
32062A07200129 |
Piñor |
072 |
00129 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
135,4 |
83,7 |
0,0 |
0,0 |
|
28 |
Descoñecido |
32062A07200068 |
Piñor |
072 |
00068 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
76,7 |
49,3 |
0,0 |
0,0 |
|
30 |
Bernárdez Freigedo, Ramón |
32062A07200070 |
Piñor |
072 |
00070 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
201,0 |
151,7 |
0,0 |
0,0 |
|
32 |
Descoñecido |
32062A07200073 |
Piñor |
072 |
00073 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
38,7 |
35,7 |
0,0 |
0,0 |
|
34 |
Descoñecido |
32062A07200130 |
Piñor |
072 |
00130 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
426,3 |
302,4 |
0,0 |
190,5 |
|
35 |
Descoñecido |
32062A07200122 |
Piñor |
072 |
00122 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
57,0 |
48,7 |
0,0 |
0,0 |
|
37 |
Pérez Zobra, Antonio |
32062A07200111 |
Piñor |
072 |
00111 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
182,7 |
151,7 |
0,0 |
0,0 |
|
41 |
Descoñecido |
32062A07200124 |
Piñor |
072 |
00124 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
127,0 |
91,1 |
0,0 |
0,0 |
|
42 |
Ferreiro Ríos, David |
32062A07200136 |
Piñor |
072 |
00136 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
81,4 |
66,3 |
0,0 |
242,1 |
|
45 |
Novoa Nogueira, Esperanza |
32062A07200082 |
Piñor |
072 |
00082 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
64,2 |
46,0 |
0,0 |
0,0 |
|
47 |
Pérez Bernárdez, Manuel |
32062A07200142 |
Piñor |
072 |
00142 |
As Campinas |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
206,9 |
97,8 |
0,0 |
0,0 |
|
55 |
Ferreiro Ríos, David |
32036A01101573 |
O Irixo |
011 |
01573 |
O Xeixo |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
110,1 |
108,9 |
0,0 |
0,0 |
|
61 |
Pérez Rodríguez, José Antonio |
32036A01101571 |
O Irixo |
011 |
01571 |
O Xeixo |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
6,3 |
31,6 |
0,0 |
0,0 |
|
72 |
Novoa Nogueira, Esperanza |
32036A01100008 |
O Irixo |
011 |
00008 |
Salgueiro |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
5,7 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
|
73 |
Pérez Zobra, Antonio |
32036A01102623 |
O Irixo |
011 |
02623 |
Acivedo |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
449,9 |
0,0 |
|
85 |
Hermida Nogueira, Rosalía |
32036A01102614 |
O Irixo |
011 |
02614 |
Acivedo |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
630,7 |
577,1 |
0,0 |
0,0 |
|
88 |
Novoa Nogueira, Esperanza |
32036A01100034 |
O Irixo |
011 |
00034 |
Salgueiro |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
261,2 |
56,4 |
0,0 |
0,0 |
|
92 |
Hermida Nogueira, Rosalía |
32036A01102606 |
O Irixo |
011 |
02606 |
Acivedo |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
260,0 |
104,1 |
0,0 |
0,0 |
|
108 |
Pérez Zobra, Antonio |
32036A01101607 |
O Irixo |
011 |
01607 |
Cima da Estivada Vella |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
169,3 |
0,0 |
|
110 |
Pérez Zobra, Antonio |
32036A01101606 |
O Irixo |
011 |
01606 |
Cima da Estivada Vella |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
235,8 |
0,0 |
2193,7 |
412,7 |
|
114 |
Hermida Nogueira, Rosalía |
32036A01102583 |
O Irixo |
011 |
02583 |
Acivedo |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
424,0 |
38,8 |
0,0 |
168,3 |
|
116 |
Hermida Nogueira, Rosalía |
32036A01102581 |
O Irixo |
011 |
02581 |
Acivedo |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
42,4 |
0,0 |
0,0 |
116,9 |
|
117 |
Pérez Zobra, Antonio |
32036A01102580 |
O Irixo |
011 |
02580 |
Acivedo |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
58,5 |
|
119 |
Vázquez Lorenzo, Aquilino |
32036A01102579 |
O Irixo |
011 |
02579 |
Acivedo |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
28,3 |
|
122 |
Taboada Ferradas, Nieves |
32036A01102585 |
O Irixo |
011 |
02585 |
Estivada Vella |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
31,6 |
|
124 |
Rivas Dalama, Belisardo |
32036A01102005 |
O Irixo |
011 |
02005 |
Estivada Vella |
Matogueira |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
73,2 |
0,0 |
