No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 62, do 1 de abril de 2025, publicáronse as bases da convocatoria para a provisión do posto de traballo de director/a de deportes, polo sistema de libre designación.
O prazo para a presentación de solicitudes e demais documentación será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.
Pontevedra, 1 de abril de 2025
O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. nº 2025000361, do 20.1.2025)
Jesús Vázquez Almuiña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos,
Transparencia e Administración Xeral
