Unha vez elaborada a estrutura de custos do servizo de limpeza viaria e de recollida de residuos do Concello de Ferrol (A Coruña), ao abeiro do previsto no artigo 9, punto 7, alínea c) do Real decreto 55/2017, do 3 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei 2/2015, do 30 de marzo, de desindexación da economía española, sométese ao trámite de información pública por un prazo de 20 días durante os cales os/as interesados/as no presente expediente poderán formular as alegacións que consideren oportunas.
Por outra banda e, ao abeiro do disposto no artigo 83.2 da Lei 39/215, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o expediente de estrutura de custos ponse á disposición dos/das interesados/as na sede electrónica do Concello de Ferrol (www.ferrol.gal).
Proposta de estrutura de custos do servizo de limpeza viaria e de recollida de residuos:
– O cálculo do período de recuperación do investimento, ao abeiro do previsto no Real decreto 55/2017, do 3 de febreiro, dá como resultado un período de nove (9) anos.
– A proposta de estrutura de custos do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria do Concello de Ferrol foi elaborada baixo criterios técnicos, desde a proximidade á realidade do servizo e contrastada coas estruturas de custos presentadas polos catro operadores económicos que deron resposta ao requirimento do concello. Por isto, proponse unha estrutura baseada no estudo económico realizado polo concello, que é o que máis se axusta á idiosincrasia real do servizo.
Polo tanto, a estrutura considérase axeitada para tomar como referencia no establecemento do réxime de revisión de prezos que figurará prevista nos pregos que rexerán o futuro contrato do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria do Concello de Ferrol.
|
Estructura de costos simplificada |
|
|
Concepto |
% (s/total) |
|
Persoal |
62,04 % |
|
Combustible e lubricantes |
8,77 % |
|
Mantenemento e reparacións |
4,78 % |
|
Non revisable |
24,41 % |
O que se fai público para xeral coñecemento.
Ferrol, 10 de abril de 2025
Manuel Rey Varela
Alcalde
