DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2025 Páx. 22804

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e bibliotecas, convocado mediante a Resolución do 15 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

O tribunal nomeado pola Resolución do 16 de outubro de 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 208, do 28 de outubro), unha vez revisadas as alegacións presentadas contra a Resolución do 19 de febreiro de 2025 pola que se deu publicidade, entre outros acordos, das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no primeiro exercicio do proceso selectivo,

ACORDOU:

Primeiro. Estimar a impugnación formulada por Delia Muñiz Piñeiro, con NIF ****947**, e, en consecuencia, rectificar a puntuación obtida pola opositora, que pasa a ser de 69,85 puntos.

Esta modificación non repercute sobre a puntuación nin sobre os resultados obtidos polas restantes persoas opositoras.

Segundo. Desestimar as restantes alegacións presentadas.

Terceiro. Publicar esta resolución no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal e no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Segundo o disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2025

Mª del Carmen Calviño Rodríguez
Presidenta do tribunal