BDNS (Identif.) 826644.
De conformidade co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/826644
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado que rematou unha titulación de grao na Universidade de Vigo no curso 2023/24, que está matriculado no curso 2024/25 en 60 créditos dalgunha das titulacións de máster universitario da Universidade de Vigo e que ten unha nota de acceso ao máster igual ou superior a 8,5.
Segundo. Obxecto.
O obxecto desta convocatoria é facilitar o acceso á educación superior ao estudantado con excelentes expedientes académicos e fomentar a inclusión educativa velando polos criterios de igualdade e equidade social (económica ou cultural).
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 10 de abril de 2025 pola que se convocan bolsas do programa Santander excelencia 360º no curso 2024/25.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estas axudas será de doce mil euros (12.000 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 11 de abril ata o 15 de maio de 2025.
Vigo, 10 de abril de 2025
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG núm. 111, do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade
