Vista a proposta formulada pola Presidencia da comisión nomeada para a concesión das bolsas destinadas a persoas con discapacidade física, orgánica ou sensorial para a formación práctica na institución do Valedor do Pobo, convocadas mediante a Resolución do 23 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro),
RESOLVO:
Primeiro. Concederlles as dúas bolsas destinadas a persoas con discapacidade física, orgánica ou sensorial para a formación práctica na institución do Valedor do Pobo ás persoas aspirantes que se relacionan no anexo I, por teren obtido a maior puntuación de conformidade cos criterios de valoración fixados na base novena da Resolución do 23 de xaneiro de 2025.
De conformidade coa base décimo segunda da la convocatoria, as persoas seleccionadas deberán incorporarse para o desenvolvemento dos labores de formación práctica dentro dos sete (7) días naturais seguintes ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Se transcorrido o dito prazo a incorporación das persoas seleccionadas non se producise, a bolsa poderase entender rexeitada, salvo causa xustificativa.
Segundo. De conformidade co establecido na base décimo primeira da convocatoria, facer pública a resolución definitiva de concesión das bolsas con expresión das persoas beneficiarias (anexo I) e a relación complementaria de suplentes (anexo II), co detalle da puntuación acadada en cada epígrafe do baremo, segundo os criterios de valoración que figuran na base novena da convocatoria.
Terceiro. Excluír do procedemento de concesión das bolsas as persoas aspirantes que figuran no anexo III, ao non achegaren, dentro de prazo de cinco (5) días hábiles concedido, a documentación exixida na base sétima da convocatoria, acreditativa dos requisitos que deben reunir os aspirantes para poderen ser beneficiarios das bolsas en cuestión, recollidos na base segunda da convocatoria.
Cuarto. A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Valedora do Pobo.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2025
María Dolores Fernández Galiño
Valedora do Pobo en funcións
ANEXO I
Persoas beneficiarias
|
NIF |
A) |
B) |
C) |
D) |
E) |
Puntuación total |
|
***8750** |
7,43 |
4 |
2 |
13,43 |
||
|
***7210** |
6,47 |
4 |
2 |
12,47 |
ANEXO II
Relación de suplentes
|
NIF |
A) |
B) |
C) |
D) |
E) |
Puntuación total |
|
***4238** |
6,60 |
4 |
10,60 |
|||
|
***8936** |
5,90 |
1 |
6,90 |
ANEXO III
Persoas excluídas
|
NIF |
|
|
***2532** |
Excluída |
|
***0514** |
Excluída |
