Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que se describe a seguir, tal e como se recolle no proxecto asinado o día 13.1.2025 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2233 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: adecuación CT CCL XINZO-32CI89 e reforma LMT XIN805-XIN809-XIN812.
Situación: lugar das Armadas, concello de Xinzo da Limia.
Orzamento: 120.473,09 €.
Características técnicas:
1. Adecuación do centro de transformación CCL XINZO-32CI89, coa substitución da aparamenta existente por un novo bloque de celas modulares (3L+P+acoplamento de barras) instalando novos cables ponte entre as celas e o transformador existente.
2. Substitución, na LMTA DC XIN805-XIN812, dos apoios núm. D2 e núm. D3, do tipo HVH, por novos apoios de celosía metálica do tipo C-16/7000 e C-16/4500 respectivamente.
3. Substitución, na LMTA XIN809, do apoio núm. BIBIC91N, de celosía metálica, por un novo apoio de celosía metálica do tipo C-14/4500.
4. Desmonte, na LMT DC XIN805-XIN812, do tramo existente entre o centro de transformación CCL XINZO-32CI89 e o apoio núm. D3, coa retirada de 164 m de condutor LA-80.
5. Desmonte, na LMT XIN809, do tramo existente entre o centro de transformación CCL XINZO-32CI89 e o apoio núm. 4, coa retirada de 167 m de condutor LA-110.
6. LMTS, DC, a 20 kV, de 282 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) Al. A súa orixe estará na cela de liña do centro de transformación CCL XINZO-32CI89 e nos empalmes que se van realizar na LMTS existente no entorno do centro de transformación CCL XINZO-32CI89 (punto H do plano «maniobras eléctricas proyectadas MT»). A final estará no paso A/S que se vai realizar no apoio proxectado núm. D2 da LMTA DC XIN805-XIN812.
7. LMTS, a 20 kV, de 283 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) Al. A súa orixe estará nos empalmes que se realizará na LMTS existente no entorno do centro de transformación CCL XINZO-32CI89 (punto H do plano «manobras eléctricas proyectadas MT») e a final no paso A/S que se vai realizar no apoio proxectado núm. BIBIC91N da LMTA XIN809.
8. LMTA, DC, a 20 kV, de 64 m de lonxitude, en condutor LA-110, coa orixe no apoio proxectado núm. D2 da LMTA DC XIN805-XIN812 e final no apoio proxectado núm. D3 da LMTA DC XIN805-XIN812.
9. LMTA, a 20 kV, de 75 m de lonxitude, en condutor LA-110, coa orixe no apoio proxectado núm. BIBIC91N da LMTA XIN809 e final no apoio existente núm. 4 da LMTA XIN809.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), este departamento territorial
RESOLVE:
Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha da instalación que se autoriza será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Ourense, 26 de marzo de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
