DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2025 Páx. 22945

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do PERI-12, antigo colexio Manuel Peleteiro (expediente 2022/14663C).

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 27 de febreiro de 2025, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) no ámbito do PERI-12 (antigo colexio Manuel Peleteiro), segundo o documento elaborado pola Sección Municipal de Planeamento en febreiro de 2025.

Segundo. De conformidade co artigo 2.f) do anexo do Regulamento de desenvolvemento da Lei do solo de Galicia, na zona ESB-A os usos distintos do característico de vivenda non poderán exceder a metade da superficie edificable total permitida na dita zona.

Terceiro. Someter a modificación inicialmente aprobada á información pública durante o prazo de dous meses, contado desde a publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia.

A documentación sometida a información pública incluirá todos os documentos integrantes do expediente tramitado, así como un resumo executivo co contido mínimo exixido no número 6 do artigo 144 do RLSG.

Cuarto. O Concello dará traslado da modificación inicialmente aprobada á Delegación do Goberno en Galicia e solicitaralle á Administración do Estado os informes sectoriais preceptivos en materia de telecomunicacións, aviación civil e defensa.

Simultáneamente, trasladarase a documentación ao órgano competente da Administración autonómica en materia de urbanismo, quen solicitará os informes autonómicos que sexan preceptivos, os cales deberán emitirse no prazo dun mes, consonte o procedemento simplificado regulado nos artigos 16, 17 e 18 da Lei 1/2019, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas de Galicia (LRRR), que é de aplicación ás modificacións non substanciais previstas no artigo 83.5 da Lei 2/2016 do solo de Galicia (LSG).

Quinto. Por aplicación do disposto nos artigos 47.2 da LSG e 86.2 do RLSG, o acordo de aprobación inicial determina, por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento das licenzas de edificación, parcelación e derruba que sexan incompatibles coa ordenación inicialmente aprobada.

O ámbito da suspensión inclúe as seguintes parcelas catastrais:

– 7169315NH3476G0001XM

– 7169316NH3476G0001IM

– 7169317NH3476G0001JM

A suspensión terá unha duración máxima de dous anos –contados desde o acordo de aprobación inicial– e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do planeamento.

As persoas interesadas poderán consultar o expediente e alegar por escrito durante o prazo de dous (2) meses. Este prazo iniciarase o día seguinte ao da última publicación deste anuncio.

A documentación pode consultarse no Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e na páxina web do Concello a través da ligazón https://santiagodecompostela.gal/gl/transparencia/modificacion-puntual-pxom-no-ambito-do-peri-12-antigo-colexio-manuel-peleteiro

As alegacións poderán presentarse na sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela na epígrafe «Catálogo de trámites», a través do trámite «Presentación de documentación e alegacións» e da opción «Achega libre». Deberase introducir o dato 2022/14663C no campo «Referencia» e incorporar o documento das alegacións.

Tamén se poderán presentar as alegacións por calquera dos outros medios relacionados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2025

A alcaldesa
P.D. (DEC/2023/8135, do 17 de xuño de 2023)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica