A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, no seu artigo 52 establece os requisitos de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. Por outra banda, na Lei 1/2024, do 7 de xuño, regúlanse as ensinanzas artísticas superiores e establécense a organización e as equivalencias das ensinanzas artísticas profesionais.
O Real decreto 596/2007, do 4 de maio, establece a ordenación xeral das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, e a Orde do 25 de xuño de 2007, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013, establece o proceso de acceso e admisión do alumnado que desexe cursar ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de ciclos formativos ou de oferta modular nas escolas de arte e superiores de deseño e nos centros autorizados de arte na Comunidade Autónoma de Galicia, e autoriza, na súa disposición derradeira primeira, á dirección xeral correspondente para ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento e a aplicación do previsto nesa orde.
Por todo o exposto, en virtude das atribucións que lle son conferidas a esta dirección xeral polo Decreto 138/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional,
RESOLVO:
Primeiro. Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto convocar as probas de acceso para as ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño e ditar instrucións para o curso 2025/26 no ámbito da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Para o efecto de cumprir o punto anterior, dítanse as instrucións xerais e establécense os anexos e calendarios específicos inseridos do seguinte xeito:
a) Acreditacións que permiten a exención das probas substitutivas do requisito de titulación para os accesos aos ciclos formativos de grao medio e grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño: anexo I.
b) Titulacións que permiten a exención das probas específicas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño: anexo II.
c) Temporalidade, configuración e cualificación da proba que substitúe os requisitos académicos de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria no anexo III e de titulación de bacharelato no anexo IV.
d) Temporalidade, estrutura, contidos e cualificación da proba específica de acceso ao ciclo formativo de grao medio no anexo V e para o ciclo formativo de grao superior no anexo VI.
e) Resumo do calendario das probas de acceso ao ciclo formativo de grao medio e superior: anexo VII.
f) Documentación que as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude segundo corresponda para o acceso aos ciclos formativos de grao medio no anexo VIII e para os ciclos formativos de grao superior no anexo IX.
g) Orde de prelación para a asignación de prazas ás persoas aspirantes con acceso directo ao grao medio e ao grao superior: anexo X.
h) Composición da Comisión de Avaliación para o acceso aos ciclos formativos das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño: anexo XI.
i) Modelo de certificacións acreditativas de superación das probas: anexo XII.
3. A oferta de prazas en cada centro de ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño será publicada a través do portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (www.edu.xunta.gal) e dos taboleiros dos centros educativos correspondentes. Para a distribución da oferta de prazas en cada ciclo formativo e para a prelación na asignación das prazas ofertadas, observarase o disposto na Orde do 25 de xuño de 2007, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013, pola que se regulan o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.
4. Segundo se establece no artigo 6 da Orde do 25 de xuño de 2007, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013, en cada escola de arte e superior de deseño ofertaranse as prazas dispoñibles para cada módulo no caso da oferta modular das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. As condicións, os criterios e as probas de acceso serán os mesmos que os regulados para os ciclos formativos das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, segundo o establecido nesta resolución.
Segundo. Acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño
1. Conforme o artigo 52.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, para acceder ao grao medio das ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño será necesario estar en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria e ademais, acreditar as aptitudes necesarias mediante a superación dunha proba específica de acceso.
2. Conforme o artigo 52.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, poderán acceder ao grao superior de Artes Plásticas e Deseño os/as aspirantes que estean en posesión do título de bacharel ou o de técnico ou técnica de Formación Profesional e superen unha proba de acceso que permita acreditar as aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas de que se trate. Así mesmo, poderán acceder a estas ensinanzas os aspirantes que estean en posesión do título de técnico ou técnica de Artes Plásticas e Deseño.
3. Conforme o artigo 52.3 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, tamén poderán acceder aos graos medio e superior destas ensinanzas aqueles aspirantes que, carecendo dos requisitos académicos, superen unha proba de acceso segundo se recolle no número 2 dos ordinais terceiro e cuarto desta resolución.
4. As probas a que se refire o punto anterior para aspirantes que carecen dos requisitos académicos acreditarán, para o acceso ao grao medio, os coñecementos e as habilidades suficientes para cursar con aproveitamento estas ensinanzas, ademais de acreditar as aptitudes necesarias mediante a superación dunha proba específica, e para o acceso ao grao superior acreditarán a madurez en relación cos obxectivos do bacharelato e as aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas. Esta proba de acceso constará de dúas partes; parte xeral e parte específica. A parte xeral ou proba que substitúe o requisito académico de titulación, para o acceso ao grao medio versará sobre os coñecementos e as capacidades básicas da educación secundaria obrigatoria, e para o acceso ao grao superior versará sobre os coñecementos e capacidades básicas das materias comúns do bacharelato. Esta proba configurarase segundo o indicado no artigo 10 da Orde do 25 de xuño de 2007 e segundo se recolle nos anexos III e IV desta resolución. A parte específica que permitirá valorar as aptitudes e os coñecementos artísticos necesarios para poder cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes constará de tres exercicios, segundo aparece indicado no artigo 9 da Orde do 25 de xuño de 2007 e se recolle nos anexos V e VI desta resolución.
5. As condicións e os requirimentos específicos para cada vía de acceso para acceder aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior recóllense, respectivamente, no ordinal terceiro e cuarto desta resolución.
Terceiro. Condicións e requirimentos de acceso nas ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de ciclos formativos de grao medio
1. Requisitos académicos de acceso aos ciclos formativos de grao medio.
Para acceder aos ciclos formativos de grao medio será necesario:
a) Estar en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou título declarado equivalente para os efectos académicos e, ademais acreditar as aptitudes necesarias mediante a superación dunha proba específica de acceso, tal como se establece no anexo V desta resolución.
2. Acceso sen requisitos académicos aos ciclos formativos de grao medio.
2.1. Aqueles aspirantes que carezan dos ditos requisitos académicos tamén poderán acceder ao grao medio se acreditan, posuír mediante a superación dunha proba de acceso substitutiva da titulación, segundo aparece recollido no anexo III desta resolución, os coñecementos e as habilidades suficientes para cursar con aproveitamento as ditas ensinanzas, ademais da superación dunha proba específica de acceso.
2.2. Para acceder por esta vía aos ciclos formativos de grao medio requirirase ter dezasete anos, como mínimo, feitos no ano natural de realización da proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.
2.3. Quedarán exentas de realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria as persoas aspirantes que acrediten ter superado algunha das probas recollidas no anexo I desta resolución.
2.4. As persoas aspirantes que, estando matriculadas no cuarto curso de educación secundaria obrigatoria, estean pendentes de ser avaliadas, do procedemento de revisión no centro ou de resolución da Dirección Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, ao respecto de reclamación contra as cualificacións do curso 2024/25, deberán realizar igualmente a inscrición no prazo establecido no ordinal sexto e poderán realizar a proba específica. De permitir o resultado da avaliación ou da reclamación contra a cualificación a obtención da titulación de educación secundaria obrigatoria, estas persoas serán avaliadas da proba específica realizada. De non constar a acreditación da titulación antes da publicación da listaxe de adxudicación, non obterán praza na adxudicación.
3. Acreditación das aptitudes necesarias para acceder aos ciclos formativos de grao superior. Proba específica de acceso.
3.1. Para acceder ao grao medio será necesario acreditar as aptitudes necesarias mediante a superación dunha proba específica de acceso segundo establece o artigo 52 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, e se recolle no anexo V desta resolución.
3.2. Exención da proba específica de acceso aos ciclos formativos de grao medio:
A exención de realizar a proba específica de acceso aos ciclos formativos de grao medio considerarase para aqueles aspirantes que acrediten:
– Estar en posesión dun dos títulos recollidos no anexo II desta resolución e acreditar estar en posesión dos requisitos académicos para o acceso conforme o establecido nos artigos 52.1 e 52.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro.
– Ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo formativo de grao medio ao cal se pretende acceder, para o cal achegarán a certificación da empresa onde se adquiriu a experiencia laboral, en que consten especificamente a duración do contrato, a natureza específica da actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a dita actividade. No caso de traballadores por conta propia, achegarán a certificación de alta no censo de obrigados tributarios. Será preciso tamén acreditar estar en posesión dos requisitos académicos para o acceso conforme o establecido nos artigos 52.1 e 52.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro.
4. Reserva e prelación de prazas para o acceso aos ciclos formativos de grao medio.
A reserva e prelación de prazas para o acceso aos ciclos formativos de grao medio realizarase segundo o indicado no ordinal quinto e no anexo X desta resolución.
5. Inscrición e admisión aos ciclos formativos de grao medio:
A inscrición para o acceso e a admisión aos ciclos formativos de grao medio das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño realizarase de acordo co disposto no ordinal sexto desta resolución.
6. Datas e horas para a realización das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio:
As probas de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de grao medio realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño nos días e nas horas que se indican a seguir, e de acordo co establecido nos anexos III e V desta resolución:
a) Proba que substitúe o requisito académico do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria: dia 25 de xuño, desde as 10.00 ata as 17.00 horas.
b) Proba específica: día 8 de xullo, desde as 10.00 ata as 19.00 horas.
Cuarto. Condicións e requirimentos de acceso nas ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de ciclos formativos de grao superior
1. Requisitos académicos de acceso aos ciclos formativos de grao superior.
Para acceder aos ciclos formativos de grao superior será necesario cumprir polo menos, unha das seguintes condicións:
a) Estar en posesión e acreditar o título de bacharel, ou título declarado equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba específica que permita amosar as aptitudes precisas para cursar con aproveitamento as ensinanzas de que se trate e segundo se establece no anexo VI desta resolución.
b) Estar en posesión do título de técnico ou técnica de formación profesional e superar unha proba específica que permita amosar as aptitudes precisas para cursar con aproveitamento as ensinanzas de que se trate e segundo se establece no anexo VI desta resolución.
c) Estar en posesión dun título de técnico ou técnica de Artes Plásticas e Deseño, neste caso sen necesidade de realizar a proba específica, segundo se establece no artigo 14.2 do Real decreto 596/2007, do 4 de maio.
2. Acceso sen requisitos académicos aos ciclos formativos de grao superior.
2.1. Aqueles aspirantes que carezan dos ditos requisitos académicos tamén poderán acceder aos ciclos formativos de grao superior mediante a superación dunha proba de acceso substitutiva da titulación, segundo se establece no anexo IV desta resolución, na cal acrediten os coñecementos e as habilidades suficientes para cursar con aproveitamento as ditas ensinanzas, ademais da superación dunha proba específica de acceso.
2.2. Para acceder por esta vía aos ciclos formativos de grao superior requirirase ter dezanove anos, como mínimo, feitos no ano natural de realización da proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharel, ou dezaoito anos se se acredita estar en posesión dun título de técnico ou técnica relacionado con aquel a que se desexa acceder.
2.3. Quedarán exentas de realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharel as persoas aspirantes que acrediten ter superados algunha das probas recollidas no anexo I desta resolución.
2.4. As persoas aspirantes que, estando matriculadas no segundo curso de bacharelato, teñan pendente algunha materia, estean pendentes de ser avaliadas, do procedemento de revisión no centro ou de resolución da Dirección Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, ao respecto de reclamación contra as cualificacións do curso 2024/25, deberán realizar igualmente a inscrición no prazo establecido no ordinal sexto e poderán realizar a proba específica de acceso. De permitir o resultado da avaliación ou da reclamación contra a cualificación a obtención do título de bacharel, estas persoas serán avaliadas da proba específica realizada. De non constar a acreditación da titulación antes da publicación da listaxe de adxudicación, non obterán praza nesta.
3. Acreditación das aptitudes necesarias para acceder aos ciclos formativos de grao superior. Proba específica de acceso.
3.1. Para acceder ao grao superior será necesario acreditar as aptitudes necesarias mediante a superación dunha proba específica de acceso segundo se establece no artigo 52 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, e se recolle no anexo VI desta resolución.
3.2. Exención da proba específica de acceso aos ciclos formativos de grao superior:
A exención de realizar a proba específica de acceso aos ciclos formativos de grao superior considerarase para aqueles aspirantes que acrediten:
– Estar en posesión dun dos títulos recollidos no anexo II desta resolución e acreditar estar en posesión dos requisitos académicos para o acceso conforme o establecido nos artigos 52.1 e 52.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro. No caso de que a persoa aspirante estea pendente de poder acreditar a posesión dos requisitos académicos para o acceso, porque se encontre pendente da avaliación do proxecto final ou da avaliación final de ciclo, para a obtención dun título de técnico ou técnico superior de Artes Plásticas e Deseño na convocatoria de xuño do ano académico 2024/25 e, en consecuencia, non dispoña do título antes de finalizar o prazo de inscrición, poderá igualmente formalizar a súa inscrición para o acceso e admisión nas ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño aos ciclos formativos de grao superior, segundo o calendario establecido nesta resolución para as persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato, e deberá presentar no centro de inscrición, con anterioridade á publicación da listaxe de adxudicación, a certificación de ter solicitado o dito título.
– Ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo formativo de grao superior ao cal se pretende acceder, para o cal achegarán a certificación da empresa onde se adquiriu a experiencia laboral, en que consten especificamente a duración do contrato, a natureza específica da actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a dita actividade. No caso de traballadores por conta propia, achegarán a certificación de alta no censo de obrigados tributarios. Será preciso tamén acreditar estar en posesión dos requisitos académicos para o acceso conforme o establecido nos artigos 52.1 e 52.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro.
4. Reserva e prelación de prazas para o acceso aos ciclos formativos de grao superior.
A reserva e prelación de prazas para o acceso aos ciclos formativos de grao superior realizarase segundo o indicado no ordinal quinto e no anexo X desta resolución.
5. Inscrición e admisión aos ciclos formativos de grao superior:
A inscrición para o acceso e a admisión aos ciclos formativos de grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño realizarase de acordo co disposto no ordinal sexto desta resolución.
6. Datas e horas para a realización das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior:
As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior das ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño realizaranse nos días e nas horas que se indican a seguir e de acordo co establecido nos anexos IV e VI desta resolución.
a) Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharel: día 25 de xuño, desde as 10.00 ata as 17.00 horas.
b) Proba específica: día 8 de xullo, desde as 10.00 ata as 19.00 horas.
Quinto. Reserva e prelación de prazas para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior
En cada escola de arte e superior de deseño ofertaranse as prazas dispoñibles para cada ciclo formativo e teranse en conta as seguintes reservas e prelacións:
1. Reserva e prelación para as persoas aspirantes exentas da realización da proba específica de acceso, persoas aspirantes con acceso directo ao grao medio e ao grao superior.
Reservarase un mínimo do 50 % das prazas ofertadas en cada ciclo formativo. A prelación para a asignación de prazas de acceso para estes aspirantes será a establecida pola mellor cualificación media do expediente académico do título alegado. No caso de haber máis aspirantes que prazas ofertadas, seguirase o establecido na Orde do 25 de xuño de 2007, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013, pola que se regulan o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, na orde de prelación que se recolle no anexo X desta resolución.
2. Reserva e prelación para os aspirantes aos ciclos formativos de grao medio e grao superior mediante a superación da proba específica de acceso.
Reservarase un mínimo do 35 % do total das prazas dispoñibles en cada ciclo formativo. A prelación para a asignación de prazas de acceso para estes aspirantes será a establecida pola mellor cualificación obtida polo/a aspirante na proba específica de acceso, ou pola mellor media aritmética entre as cualificacións obtidas polo/a aspirante na parte xeral e na parte específica, no caso de aspirantes que deban superar a proba de acceso establecida para quen non posúa os requisitos de titulación para o acceso.
3. Reserva e prelación para os aspirantes aos ciclos formativos de grao medio e grao superior mediante a superación da proba específica de acceso, coa condición de deportista de alto nivel ou rendemento.
Conforme o establecido na Orde do 25 de xuño de 2007, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013, aos aspirantes aos ciclos formativos de grao medio das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño mediante a superación da proba específica de acceso coa condición de deportista de alto nivel e/ou rendemento reservaráselles un mínimo do 5 % do total das prazas dispoñibles en cada ciclo formativo, de tal xeito que, cando o número total de prazas ofertadas sexa menor ou igual a 20, se reservará unha praza e, cando o número total de prazas ofertadas sexa de 21 a 30, se reservarán dúas prazas. Para tal efecto, deberán presentar, xunto co formulario de inscrición, a documentación que acredite oficialmente a súa condición de deportista de alto nivel e/ou rendemento.
4. Reserva e prelación para os aspirantes aos ciclos formativos de grao medio e grao superior mediante a superación da proba específica de acceso, cunha discapacidade acreditada de, polo menos, o 33 %.
Para as persoas aspirantes que presenten discapacidade de, polo menos o 33 %, reservarase un mínimo do 5 % do total das prazas dispoñibles en cada ciclo formativo, de tal xeito que, cando o número total de prazas ofertadas sexa menor ou igual a 20, se reservará unha praza, e, cando o número total de prazas ofertadas sexa de 21 a 30, se reservarán dúas prazas.
Aqueles aspirantes que acrediten discapacidade de polo menos un 33 % poderán requirir a adaptación que corresponda para a realización das probas de acceso á ditas ensinanzas. Para tal efecto, deberán presentar, xunto co formulario de inscrición, a documentación que acredite oficialmente a súa discapacidade e unha solicitude de adaptación dos medios e condicións de realización da proba de acceso que corresponda. Con independencia desta acreditación de discapacidade dun mínimo do 33 %, tamén poderán solicitar a adaptación das probas as persoas diagnosticadas que a precisen.
A solicitude de proba adaptada farase constar expresamente na inscrición e xuntaráselle a xustificación documental cun informe médico e/ou informe psicopedagóxico, en cumprimento do Decreto 229/2011, do 7 de decembro. Correspóndelle á Comisión de Avaliación encargada da organización, realización e cualificación de cada proba adoptar as medidas precisas e adaptar os medios e as condicións de realización da proba co obxecto de permitir que as persoas aspirantes poidan realizar a proba correspondente en igualdade de condicións que o resto de aspirantes. A adaptación da proba que deben superar estas persoas deberá respectar o esencial dos referentes de avaliación establecidos para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio. A Comisión de Avaliación encargada da organización, realización e cualificación comunicaralles a resolución de adaptación da proba ás persoas que a solicitasen.
5. Conforme recolle a Orde do 25 de xuño de 2007, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013, as prazas non cubertas en calquera das reservas establecidas nesta epígrafe acumularanse ás reservas establecidas para aspirantes coa condición de deportista de alto nivel ou rendemento. As prazas non cubertas na reserva establecida para aspirantes coa condición de deportista de alto nivel ou rendemento acumularanse na reserva establecida para os aspirantes exentos da realización da proba específica de acceso.
Sexto. Inscrición xeral para o acceso e a admisión aos ciclos formativos de grao medio e grao superior das ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño
1. Prazo de inscrición.
O prazo de presentación de solicitudes de inscrición para as persoas aspirantes que soliciten realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou de bacharel comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 13 de xuño. O prazo de presentación de solicitudes de inscrición para as persoas aspirantes que só teñan que realizar a proba específica e para as que solicitan exención de probas comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 26 de xuño.
2. Información.
As escolas de arte e superiores de deseño deberán expor nos seus taboleiros de anuncios e nas súas páxinas web a normativa reguladora de admisión do alumnado, as prazas que se oferten, indicando as reservas correspondentes para cada quenda de acceso, e os calendarios do procedemento de acceso e admisión.
3. Solicitudes de inscrición.
a) Con carácter xeral, as solicitudes cubriranse de xeito telemático completando o formulario dispoñible e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). As persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade estranxeiro (NIE) deberán acceder ao formulario de inscrición directamente nos centros onde desexen cursar as ensinanzas.
b) As persoas aspirantes que desexen cursar ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño en centros privados autorizados terán que realizar a súa inscrición presencialmente nos centros onde desexen cursar as ensinanzas. As direccións dos centros privados autorizados remitirán todas as solicitudes, xunto coa documentación correspondente, á escola de arte e superior de deseño pública a que estean adscritos dentro dos prazos recollidos nesta resolución.
c) Na solicitude de inscrición deberase indicar o ciclo formativo que se desexa cursar, así como a escola de arte e superior de deseño a que se aspire acceder, por orde de preferencia ata un máximo de catro opcións.
d) As persoas aspirantes que soliciten realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou do título de bacharel farano constar na epígrafe correspondente da inscrición. No caso de non superar esta proba, non serán admitidas na proba específica.
e) As persoas aspirantes que precisen realizar a proba específica deberán sinalar, na solicitude de inscrición, o centro educativo en que desexan realizar a proba.
f) A solicitude de inscrición será única e vinculante para acceder ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2025/26 e non poderá ser modificada.
g) As persoas aspirantes poderán presentar renuncia á súa participación neste procedemento en calquera das súas fases, nos centros en que presentasen a súa solicitude de inscrición ou polos medios telemáticos habilitados para efecto.
4. Documentación que as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude ao centro educativo, segundo corresponda:
Para completar o proceso de inscrición deberase presentar, nos prazos establecidos nesta resolución, unha copia asinada da solicitude no centro a que a persoa aspirante desexe acceder como primeira ou única opción. Asímesmo, presentaranse as copias de toda a documentación que proceda para a acreditación dos datos consignados na súa solicitude segundo o caso, e sempre de xeito previo á finalización do prazo de inscrición, agás nos casos establecidos no número 2.4 dos ordinais terceiro e cuarto desta resolución.
Con carácter xeral, as persoas interesadas deberán presentar en todos os casos de acceso aos ciclos formativos a copia do DNI, NIE da persoa solicitante ou, no caso de non disporen deles, o pasaporte. A documentación específica correspondente para cada casuística no acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior de Artes Plásticas e Deseño reflíctese nos anexos VIII e IX, respectivamente, desta resolución.
Sétimo. Comisión de Avaliación
1. De acordo co artigo 7 da Orde do 25 de xuño de 2007, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013, pola que se regulan o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, para a resolución das exencións previstas no procedemento de acceso e admisión, así como para a organización, desenvolvemento, avaliación e cualificación das diferentes probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior de Artes Plásticas e Deseño, a Dirección Xeral de Formación Profesional nomeará as comisións de avaliación que se consideren necesarias. Para o ano académico 2025/26 serán as que figuran no anexo XI desta resolución.
2. En caso de ausencia xustificada, ante a Dirección da escola de arte e superior de deseño en que teña o seu destino, de calquera membro titular da Comisión de Avaliación, este será substituído/a polo membro da Comisión de Avaliación suplente que lle corresponda. A suplencia do presidente ou presidenta da Comisión de Avaliación suplente será autorizada pola Dirección Xeral de Formación Profesional. No caso de ausencia de vogais suplentes, a súa falta será substituída polo/a vogal que siga segundo a orde en que figuren na disposición que os/as nomeou. Unha vez esgotado o sistema de substitución dos/das vogais anteriormente citado, se aínda non se pode constituír a Comisión de Avaliación, a suplencia será autorizada desde a Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas.
3. A Comisión de Avaliación é o órgano competente para avaliar, cualificar e resolver sobre as probas de admisión. Nos centros públicos, as direccións das escolas de arte e superiores de deseño serán as responsables do estrito cumprimento das normas xerais sobre a admisión do alumnado. Nos centros autorizados, as persoas titulares serán as responsables do estrito cumprimento das normas xerais sobre a admisión do alumnado. As comisións de avaliación tomarán como criterios de avaliación os que se indican nos anexos III, IV, V e VI desta resolución.
4. As direccións dos centros garantirán a actuación destes tribunais e organizarán a distribución horaria e de espazos de ocupación do tribunal que actúe nas probas correspondentes. Así mesmo, designarán o persoal docente necesario para o correcto desenvolvemento das probas en cada centro educativo.
5. A Comisión de Avaliación resolverá o que proceda e remitirá á Dirección Xeral de Formación Profesional, a través das direccións das diferentes escolas de arte e superiores de deseño, a documentación relacionada co proceso de admisión segundo os prazos indicados nesta resolución.
6. Todas as listaxes establecidas neste procedemento serán remitidas polo/a presidente da Comisión da Avaliación para dar cumprimento aos prazos establecidos nesta resolución, segundo lle sexan requiridas pola Dirección Xeral de Formación Profesional.
7. O/a presidente/a da Comisión de Avaliación expedirá a certificación da cualificación obtida por cada aspirante segundo o modelo do anexo XII. As certificacións quedarán depositadas e custodiadas pola escola en que se realizaron as probas. As persoas aspirantes poderán retirar estas certificacións; en calquera caso, quedará unha copia da certificación na escola na cal realizou a proba e constarán nesta copia a data e a sinatura do/da aspirante que a retire.
8. Unha vez rematado definitivamente o proceso de matrícula, as escolas de arte e superiores de deseño deberán solicitar as certificacións aos centros en que se realizaron as probas e integralas no expediente académico do seu alumnado.
Oitavo. Publicación das listaxes
Concluído o prazo de presentación de solicitudes, segundo o indicado nos anexos correspondentes a cada proba de acceso, así como no calendario establecido no anexo VII, publicarase a relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas, con expresión, neste último caso, das causas que motivaron a exclusión, e o lugar de realización da proba específica. As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dous días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe no mesmo centro onde se realizou a entrega da solicitude de inscrición, segundo se establece no calendario establecido.
Logo de rematado o prazo de presentación de solicitudes e documentación para a realización das probas que substitúen o requisito da titulación, o día 13 de xuño o/a presidente da Comisión da Avaliación remitirá á Dirección Xeral de Formación Profesional a listaxe de alumnado inscrito. Logo de rematado o prazo de presentación de solicitudes e documentación para a realización da proba específica, o día 26 de xuño o/a presidente da Comisión da Avaliación remitirá á Dirección Xeral de Formación Profesional a listaxe de alumnado inscrito. Estas listaxes publicaranse polos medios telemáticos habilitados para o efecto, así como no taboleiro de anuncios de cada centro. As alegacións á listaxe provisional das persoas inscritas, admitidas e excluídas entenderanse resoltas e notificadas coa publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.
Establécense as publicacións das seguintes listaxes de persoas admitidas e excluídas:
a) Listaxe de persoas admitidas e excluídas para a realización das probas que substitúen o requisito académico da titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou do título de bacharel:
• Listaxe provisional: publicarase o día 17 de xuño. As persoas aspirantes que detecten erros ou exclusións nas listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a realización das probas que substitúen o requisito de titulación poderán presentar por escrito, de xeito presencial, a correspondente reclamación na escola de arte e superior de deseño en que se inscribisen, desde o día 18 ata o 19 de xuño. Logo de rematado o prazo de presentación de reclamacións, o día 20 de xuño o/a presidente da Comisión da Avaliación remitirá á Dirección Xeral de Formación Profesional as resolucións de reclamacións e a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.
• Listaxe definitiva: publicarase o día 23 de xuño.
b) Listaxe de persoas admitidas e excluídas para a realización das probas específicas de acceso e de persoas que solicitan a exención destas probas, e listaxe de cualificación obtidas nelas.
• Listaxe provisional: publicarase o día 30 de xuño. As persoas aspirantes que detecten erros ou exclusións nas listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a realización das probas específicas de acceso poderán presentar por escrito, de xeito presencial, a correspondente reclamación na escola de arte e superior de deseño en que se inscribisen, durante os días 1 e 2 de xullo. Logo de rematado o prazo de presentación e tramitación de reclamacións segundo proceda, o día 3 de xullo o/a presidente da Comisión da Avaliación remitirá á Dirección Xeral de Formación Profesional as resolucións de reclamacións e a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.
• Listaxe definitiva: publicarase o día 4 de xullo.
2. Ao abeiro da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, para os efectos de publicación das listaxes provisionais e definitivas de cualificacións empregaranse os taboleiros de anuncios do interior dos recintos escolares sen visibilidade desde o exterior dos centros, así como os medios telemáticos que se establezan para tal efecto.
Logo de rematado o proceso de cualificación da proba que substitúe o requisito da titulación, o día 27 de xuño o/a presidente da Comisión da Avaliación remitirá á Dirección Xeral de Formación Profesional a listaxe de cualificacións provisionais da proba que substitúe o requisito de titulación. Logo de rematado o proceso de cualificación da proba específica, o día 14 de xullo o/a presidente da Comisión da Avaliación remitirá á Dirección Xeral de Formación Profesional a listaxe de cualificacións provisionais.
Establécense as datas de publicacións das seguintes listaxes de cualificacións:
a) Listaxe de cualificacións das probas que substitúen o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou do título de bacharelato:
• Listaxe provisional: publicarase o día 30 de xuño. As persoas aspirantes que detecten erros ou exclusións nas listaxes provisionais de cualificacións das probas que substitúen o requisito académico de titulación poderán presentar por escrito, de xeito presencial, a correspondente reclamación na escola de arte e superior de deseño en que se inscribisen, durante os días 1 e 2 de xullo. Logo de rematado o prazo de presentación e tramitación de reclamacións segundo proceda, o día 3 de xullo o/a presidente da Comisión da Avaliación remitirá á Dirección Xeral de Formación Profesional as resolucións de reclamacións e a listaxe de cualificacións definitiva.
• Listaxe definitiva: publicarase o día 4 de xullo.
b) Listaxe de cualificacións da proba específica:
• Listaxe provisional de cualificacións da proba específica: publicarase o día 15 de xullo. As persoas aspirantes que detecten erros na listaxe publicada poderán presentar por escrito, de xeito presencial, a correspondente reclamación na escola de arte e superior de deseño en que se inscribisen, durante os días 16 e 17 de xullo. Logo de rematado o prazo de presentación e tramitación de reclamacións segundo proceda, o día 18 de xullo o/a presidente da Comisión da Avaliación remitirá á Dirección Xeral de Formación Profesional as resolucións de reclamacións e a listaxe de cualificacións definitiva.
• Listaxe definitiva: publicarase o día 21 de xullo.
3. Ao abeiro da Lei orgánica 3/2018, doe 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, para os efectos de publicación das listaxes de adxudicación empregaranse os taboleiros de anuncios do interior dos recintos escolares sen visibilidade desde o exterior dos centros, así como os medios telemáticos que se establezan para tal efecto. Establécese a publicación das seguintes listaxes de adxudicación:
• Listaxe de primeira adxudicación: publicarase o día 21 de xullo.
• Listaxe de segunda adxudicación: publicarase o día 28 de xullo.
Noveno. Cualificacións
1. Cualificación da proba específica de acceso para o alumnado que reúna os requisitos académicos.
A cualificación final da proba específica será a media aritmética dos exercicios que a compoñen, expresada coa escala de cero a dez con dous decimais. A valoración de cada un dos exercicios expresarase en termos numéricos empregando unha escala de cero a dez e con dous decimais, segundo se recolle nos anexos V e VI. Para a superación da proba será preciso obter unha cualificación igual ou superior a cinco en cada un dos exercicios de que conste, segundo o establecido no artigo 9 da Orde do 25 de xullo de 2007, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013. Considerarase superada a proba cando se obteña unha cualificación de 5,00 puntos ou superior.
2. Cualificación da proba de acceso para o alumnado que non reúne os requisitos académicos.
A cualificación final da proba de acceso para o alumnado que non reúne os requisitos académicos será o resultado da media aritmética das partes xeral e específica, expresada de cero a dez con dous decimais. Considerarase superada a proba cando se obeña unha cualificación de 5,00 puntos ou superior. A cualificación de cada parte da proba (xeral ou específica) reflectirase segundo o recollido nos anexos III, IV, V e VI para cada caso.
3. Cualificación da proba de acceso para aspirantes exentos da realización da proba específica de acceso.
A cualificación final da proba de acceso para os aspirantes exentos da realización da proba específica de acceso corresponderase coa cualificación media do expediente académico. No caso de aspirantes que aleguen para o acceso estar en posesión dun título de técnico ou técnico superior de Artes Plásticas e Deseño, a cualificación media do seu expediente académico calcularase segundo se dispón no artigo 15.4 da Orde do 1 de decembro de 2008 pola que se regula a organización, a avaliación e a acreditación académica das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia. No resto dos casos, a cualificación media do expediente calcularase segundo dispoña a normativa que regula o currículo cursado pola persoa aspirante. No caso de non existir especificación, a nota media do expediente será a media aritmética das cualificacións obtidas nos diferentes módulos ou disciplinas dos estudos alegados para o acceso ao ciclo formativo, expresada con dous números decimais. Para os efectos do cálculo da cualificación media do expediente académico das persoas que soliciten acceder aos ciclos formativos, aplicaranse as seguintes equivalencias, agás que no seu expediente consten explicitamente as cualificacións numéricas das materias: Suficiente/aprobado: 5,5, Ben: 6,5, Notable: 7,5 e Sobresaliente/matrícula de honra: 9,0. Para determinar a cualificación media do expediente académico non se considerarán as materias ou áreas que o alumnado teña validadas ou das cales estea exento/a.
Décimo. Admisión e adxudicación
1. A admisión nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño realizarase tendo en conta os criterios establecidos na Orde do 25 de xuño de 2007, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013, para a correcta reserva, prelación e adxudicación das prazas.
2. As vacantes existentes nas distintas especialidades e centros adxudicaranse segundo a orde de prelación resultante das cualificacións finais obtidas polas persoas aspirantes neste procedemento e o recollido nesta resolución. Para tal efecto, atenderase á especialidade da escola de arte e superior e deseño que a persoa aspirante teña sinalada como primeira preferencia na súa solicitude. Enténdese por primeira preferencia aquela que a persoa aspirante indique en primeiro lugar, ou en lugares sucesivos se as especialidades ou escolas solicitadas esgotasen as súas prazas. As opcións consignadas polas persoas aspirantes na solicitude de inscrición no procedemento de acceso serán vinculantes para a asignación de prazas e non poderán ser modificadas.
3. A Comisión de Avaliación publicará a listaxe provisional de cualificacións en que figurarán a listaxe de persoas aspirantes presentadas, con expresión da cualificación final obtida na proba específica, ordenada segundo a cualificación obtida na proba de acceso en orde decrecente, e de persoas aspirantes non presentadas. Logo de rematado o prazo de reclamacións contra a listaxe provisional de cualificacións, procederase á publicación da listaxe definitiva de cualificacións.
4. A Comisión de Avaliación, á vista das listaxes de persoas aspirantes que superaron a proba de acceso e das persoas aspirantes que optan pola quenda de acceso directo determinará, en función do número de vacantes, as persoas aspirantes que obteñen praza nos respectivos centros e fará pública a listaxe de adxudicacións por especialidade e centro.
Décimo primeiro. Matrícula e constitución de grupos de ciclos formativos
1. As persoas aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula nos prazos indicados para a ensinanza artística profesional a que accedan. Para formalizar a matrícula, as persoas interesadas dirixiranse aos centros en que obtiveron praza, onde se lles facilitarán os modelos de documentación correspondentes. Unha vez cubertos, entregarase a matrícula no centro de adxudicación, que se xuntará á documentación xa presentada pola persoa aspirante.
2. Establécense dous prazos de matrícula correspondentes á súa respectiva adxudicación.
• Listaxe de primeira matrícula para a primeira adxudicación: días 22, 23 e 24 de xullo.
• Listaxe de segunda matrícula para os aspirantes con praza asignada na segunda adxudicación: días 29, 30 e 31 de xullo.
3. As persoas aspirantes que obteñan praza na primeira adxudicación do 21 de xullo poderán formalizar a súa matrícula no centro de adxudicación os días 22, 23 e 24 de xullo. O día 24 de xullo, o/a presidente/a da Comisión da Avaliación remitirá á Dirección Xeral de Formación Profesional a listaxe do alumnado matriculado, así como a relación de prazas vacantes correspondente a cada ciclo formativo. Respecto deste prazo de matrícula, terase en conta a seguinte casuística:
a) As persoas que obtiveron a praza solicitada en primeira opción na primeira adxudicación e non se matriculen neste prazo perderán a praza adxudicada e non poderán concorrer á segunda adxudicación.
b) As persoas que non obtiveron a praza solicitada en primeira opción na primeira adxudicación e non se matriculen neste prazo permanecerán por defecto no proceso de segunda adxudicación, a non ser que manifesten expresamente a súa renuncia, presencial ou telematicamente polos medios habilitados para o efecto.
4. As persoas que obteñan praza na segunda adxudicación do 28 de xullo deberán formalizar a súa matrícula entre os días 29, 30 e 31 de xullo. O día 31 de xullo, o/a presidente/a da Comisión da Avaliación remitirá á Dirección Xeral de Formación Profesional a listaxe do alumnado matriculado, así como a relación de prazas vacantes correspondente a cada ciclo formativo.
5. Unha vez rematado o prazo ordinario de matrícula, a partir do día 31 de xullo, as direccións dos centros remitiranlle á Dirección Xeral de Formación Profesional a listaxe de alumnado matriculado, a relación de prazas vacantes e a solicitude de realización de probas extraordinarias de acceso no mes de setembro a aqueles ciclos formativos de grao medio e de grao superior en que haxa prazas vacantes, xunto coa proposta de calendario do dito procedemento extraordinario, de ser o caso.
6. De existiren prazas vacantes e de se autorizar a realización de probas extraordinarias nos diferentes ciclos formativos, a oferta de prazas e o calendario serán publicados nos taboleiros de anuncios dos respectivos centros e nas súas páxinas web.
7. No caso de se autorizar a convocatoria de probas extraordinarias, estas terán lugar nos primeiros días do mes de setembro cun calendario unificado entre os centros educativos que as convoquen. Estas probas extraordinarias serán organizadas, supervisadas, avaliadas e cualificadas pola mesma Comisión de Avaliación que fose nomeada para a organización, supervisión, avaliación e cualificación das probas de acceso realizadas no mes de xullo, e atendendo ao recollido no ordinal sétimo desta resolución. As probas extraordinarias realizaranse de acordo co establecido nesta resolución, e os prazos, calendario e listaxes faranse públicos na páxina web de cada escola de arte e superior de deseño que teña autorizado convocar probas de acceso extraordinarias. A Comisión de Avaliación publicará as cualificacións definitivas da proba específica extraordinaria para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior en cada escola de arte e superior de deseño, e deberá remitir á Dirección Xeral de Formación Profesional, a través do/da presidente/a da Comisión de Avaliación ou do director de cada centro, de ser o caso, a listaxe do alumnado matriculado, así como a relación de prazas vacantes unha vez rematado o proceso extraordinario.
8. Para cada ciclo formativo constituirase, con carácter xeral, un único grupo de alumnado por escola. O número de alumnos e alumnas de cada grupo dependerá das características pedagóxico-didácticas, das posibilidades das instalacións e dos medios de cada ciclo e escola en particular, e non deberá ser superior a 30 alumnos/as en ningún caso; a posta en marcha de cada ciclo formativo quedará condicionada á existencia dun número mínimo de dez (10) alumnos e alumnas e non se cuantificará, para estes efectos, o alumnado repetidor. Calquera modificación deste límite requirirá autorización previa e expresa da correspondente dirección territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Décimo segundo. Reclamacións e recursos
1. Os acordos e as decisións acerca do acceso e admisión do alumnado, tomados polas comisións avaliadoras, poderán ser obxecto de reclamación, ante o mesmo órgano que os ditou, no prazo de dous días hábiles. Estes órganos deberán resolver as reclamacións no prazo dun día hábil.
2. Contra as resolucións das reclamacións emitidas polas comisións avaliadoras, a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada nos termos establecidos no artigo 16 da Orde do 25 de xuño de 2007.
Décimo terceiro. Validez das probas de acceso
1. De acordo co artigo 17.3 do Real decreto 596/2007, do 4 de maio, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio e de grao superior terán validez en todo o territorio nacional, e a súa superación dará dereito a matricularse conforme a normativa vixente no ciclo formativo correspondente, sen prexuízo da normativa de admisión en cada comunidade autónoma e da dispoñibilidade de prazas nos diferentes centros.
2. As probas que substitúen o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria e do título de bacharel para o acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño terán validez permanente en todo o territorio nacional.
Décimo cuarto. Información básica sobre protección de datos persoais
Os datos persoais solicitados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e dos contidos da Carpeta cidadá.
O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos
As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais
Santiago de Compostela, 7 de abril de 2025
María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional
ANEXO I
Acreditacións que permiten a exención das probas substitutivas do requisito da titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño
|
Acreditación que exime de realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria para o acceso aos ciclos formativos de grao medio: |
Parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional. |
|
Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional. |
|
|
Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao medio de ensinanzas deportivas. |
|
|
Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas. |
|
|
Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. |
|
|
Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores. |
|
|
Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior. |
|
|
Proba que substitúe o requisito de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio, superada en convocatorias anteriores. |
|
|
Acreditación que exime de realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso aos ciclos formativos de grao superior: |
Parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional. |
|
Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas. |
|
|
Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. |
|
|
Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores. |
|
|
Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior, superada en convocatorias anteriores. |
ANEXO II
Titulacións que permiten a exención das probas específicas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño
|
Titulacións que permiten a exención para a proba de acceso específica aos ciclos formativos de grao medio: |
Título de técnico ou técnica de Artes Plásticas e Deseño ou título declarado equivalente. |
|
Título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño ou título declarado equivalente. |
|
|
Ter superados os cursos comúns de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos dos plans de estudos establecidos polo Decreto 2127/1963, do 24 de xullo, ou os establecidos con carácter experimental ao abeiro do Real decreto 799/1984, do 28 de marzo, sobre regulación de experiencias en centros de ensinanzas artísticas, así como polo Real decreto 942/1986, do 9 de maio, polo que se establecen normas xerais para a realización de experimentacións educativas en centros docentes, e realizar a correspondente inscrición nos estudos que queira realizar. |
|
|
Título de bacharelato, modalidade de Artes, ou de bacharelato Artístico Experimental. |
|
|
Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Artes Plásticas nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes. |
|
|
Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes. |
|
|
Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades. |
|
|
Licenciatura ou grao en Belas Artes. |
|
|
Titulo de Arquitectura superior ou grao en Arquitectura. |
|
|
Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial. |
|
|
Titulacións que permiten a exención para a proba de acceso específica aos ciclos formativos de grao superior: |
Título de técnico ou técnica de Artes Plásticas e Deseño ou título declarado equivalente. |
|
Título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño ou título declarado equivalente. |
|
|
Título de bacharelato, modalidade de Artes, ou de bacharelato Artístico Experimental. |
|
|
Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Artes Plásticas nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes. |
|
|
Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes. |
|
|
Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades. |
|
|
Licenciatura ou grao en Belas Artes. |
|
|
Titulo de Arquitectura superior ou grao en Arquitectura. |
|
|
Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial. |
ANEXO III
Temporalidade, configuración e cualificación da proba que substitúe os requisitos académicos de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria
|
Proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria |
|
|
Lugar de realización da proba: |
A proba realizarase nas escolas de arte e superiores de deseño en que estean inscritas as persoas aspirantes. – EASD Antonio Faílde; avenida da Universidade, A Cuña, nº 18, en Ourense. – EASD Mestre Mateo; rúa Virxe da Cerca, nº 32, en Santiago de Compostela. – EASD Pablo Picasso; rúa Os Pelamios, nº 2, na Coruña. – EASD Ramón Falcón; Paseo dos estudantes, s/n, en Lugo. |
|
Data e hora de realización da proba: |
Realizaranse o día 25 de xuño, desde as 10.00 ata as 17.00 horas: – Primeira parte: desde as 10.00 ata as 13.00 horas. – Segunda parte: desde as 16.00 ata as 17.00 horas. Calquera posible variación sobre este calendario requirirá autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional. |
|
Obrigas das persoas inscritas: |
Deberán presentar, o día da proba: a) Documento oficial de identidade. b) Copia da solicitude de inscrición. |
|
Configuración da proba: |
|
|
A proba que substitúe o requisito de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria para os ciclos formativos de grao medio das familias profesionais de Artes Plásticas e Deseño constará de dúas partes: • Primeira parte: sociocultural. O contido da proba de acceso que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria terá relación cos obxectivos xerais recollidos no Decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, e valorará a madureza intelectual necesaria para cursar con aproveitamento o correspondente ciclo formativo, acreditada a través do dominio das capacidades lingüísticas, de razoamento e de coñecementos fundamentais, relacionadas coas ensinanzas a que aspira. Os/as aspirantes seleccionarán tres dos seguintes cuestionarios: – Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua galega a partir dun texto escrito. – Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua castelá a partir dun texto escrito. – Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos socioculturais. – Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos científico-tecnolóxicos. • Segunda parte: educación plástica e visual. Versará sobre contidos relacionados coa educación plástica e visual e consistirá na realización dun exercicio de composición de libre interpretación e técnica, baseado nun modelo proposto. |
|
|
Cualificación da proba: |
|
|
A valoración da proba resultará da media aritmética das cualificacións obtidas pola persoa aspirante en cada unha das súas partes. Cada unha das partes cualificarase, de 0 a 10 puntos, con dous números decimais, segundo se recolle no artigo 10 da Orde do 25 de xullo de 2007. Considerarase superada a proba a partir da cualificación de 5,00 puntos. |
|
|
Publicación das cualificacións: |
|
|
• Cualificacións provisionais: publicaranse o día 30 de xuño. • Poderanse presentar reclamacións por escrito ás cualificacións provisionais os días 1 e 2 de xullo na escola de arte e superior de deseño na cal realizaron as probas. • Cualificacións definitivas: publicaranse o día 4 de xullo. |
|
ANEXO IV
Temporalidade, configuración e cualificación da proba que substitúe os requisitos académicos de titulación de bacharelato
|
Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato |
|
|
Lugar de realización da proba: |
A proba realizarase nas escolas de arte e superiores de deseño en que estean inscritas as persoas aspirantes. – EASD Antonio Faílde; avenida da Universidade, A Cuña, nº 18, en Ourense. – EASD Mestre Mateo; rúa Virxe da Cerca, nº 32, en Santiago de Compostela. – EASD Pablo Picasso; rúa Os Pelamios, nº 2, na Coruña. – EASD Ramón Falcón; paseo dos estudantes, s/n, en Lugo. |
|
Data e hora de realización da proba: |
Realizaranse o día 25 de xuño, desde as 10.00 ata as 17.00 horas: – Primeira parte: desde as 10.00 ata as 13.00 horas. – Segunda parte: desde as 16.00 ata as 17.00 horas. Calquera posible variación sobre este calendario requirirá autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional. |
|
Obrigas das persoas inscritas: |
Deberán presentar, o día da proba: a) Documento oficial de identidade. b) Copia da solicitude de inscrición. |
|
Configuración da proba: |
|
|
A proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para os ciclos formativos de grao superior das familias profesionais de Artes Plásticas e Deseño constará de dúas partes: • Primeira parte: as materias comúns. O contido da proba de acceso que substitúe o título de bacharelato versará sobre as materias comúns do currículo do bacharelato: – Lingua Castelá e Literatura. – Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés). – Lingua Galega e Literatura. – Historia de España. – Filosofía. Cumprirá seleccionar tres das ditas materias e desenvolver por escrito as cuestións que se propoñan para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para a súa realización será de tres horas. Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo de bacharelato, o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese. • Segunda parte: as materias específicas da modalidade. Versará sobre contidos relacionados coas materias da modalidade de Artes na vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño. Consistirá na realización dun exercicio de composición e deseño onde se amosen coñecementos e aptitudes relacionados coas materias da modalidade. |
|
|
Cualificación da proba: |
|
|
A valoración da proba resultará da media aritmética das cualificacións obtidas pola persoa aspirante en cada unha das súas partes. Cada unha das partes cualificarase, de 0 a 10 puntos, con dous números decimais, segundo se recolle no artigo 10 da Orde do 25 de xullo de 2007. Considerarase superada a proba a partir da cualificación de 5,00 puntos. |
|
|
Publicación das cualificacións: |
|
|
Cualificacións provisionais: publicaranse o día 30 de xuño Poderanse presentar reclamacións por escrito ás cualificacións provisionais os días 1 e 2 de xullo na escola de arte e superior de deseño na cal realizaron as probas. Cualificacións definitivas: publicaranse o día 4 de xullo |
|
ANEXO V
Temporalidade, estrutura, contidos e cualificación
da proba específica de acceso ao ciclo formativo de grao medio
|
Proba específica de acceso ao ciclo formativo de grao medio |
|
|
Lugar de realización da proba: |
A proba realizarase nas escolas de arte e superiores de deseño en que estean inscritas as persoas aspirantes. – EASD Antonio Faílde; avenida da Universidade, A Cuña, nº 18, en Ourense. – EASD Mestre Mateo; rúa Virxe da Cerca, nº 32, en Santiago de Compostela. – EASD Pablo Picasso; rúa Os Pelamios, nº 2, na Coruña. – EASD Ramón Falcón; Paseo dos estudantes, s/n, en Lugo. |
|
Data e hora de realización da proba: |
Realizarase o día 8 de xullo, co seguinte horario: – Primeiro exercicio: desde as 10.00 ata as 11.00 horas. – Segundo exercicio: desde as 12.00 ata as 14.00 horas. – Terceiro exercicio: desde as 17.00 ata as 19.00 horas. Calquera posible variación sobre este calendario requirirá autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional. |
|
Obrigas das persoas inscritas: |
Deberán presentar, o día da proba: a) Documento oficial de identidade. b) Copia da solicitude de inscrición. |
|
Configuración da proba: |
|
|
A proba específica de acceso permitirá demostrar as aptitudes e os coñecementos artísticos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de que se trate. a) Primeiro exercicio: proba escrita. Desenvolvemento, nun tempo máximo dunha hora, dun tema proposto nun texto sobre artes plásticas. • Neste exercicio valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos. b) Segundo exercicio: realización. Realización, nun tempo máximo de dúas horas, de debuxos e bosquexos sobre un tema proposto para a súa aplicación posterior. • Neste exercicio valoraranse as destrezas específicas e as capacidades de observación, percepción e aptitude para os estudos concretos das distintas familias profesionais. c) Terceiro exercicio: execución. Execución dun exercicio, durante un tempo máximo de dúas horas, cos bosquexos realizados no segundo exercicio. • Neste exercicio valoraranse a capacidade artística e a creatividade dos aspirantes, o sentido do espazo, a composición e a predisposición para os estudos concretos das distintas familias profesionais. |
|
|
Cualificación da proba: |
|
|
A valoración de cada un dos exercicios de que constan as probas expresarase en termos numéricos, utilizando para iso a escala de cero a dez con dous decimais. Para a superación das probas será necesario obter unha cualificación igual ou superior a cinco en cada un dos exercicios de que conste. A cualificación final da proba específica será a media aritmética destes exercicios, expresada coa escala de cero a dez con dous decimais. Considerarase superada a proba a partir da cualificación de 5,00 puntos. |
|
|
Publicación das cualificacións: |
|
|
• Cualificacións provisionais: publicaranse o día 15 de xullo. • Poderanse presentar reclamacións por escrito ás cualificacións provisionais os días 16 e 17 de xullo na escola de arte e superior de deseño na cal realizaron as probas. • Cualificacións definitivas: publicaranse o día 21 de xullo. |
|
ANEXO VI
Temporalidade, estrutura, contidos e cualificación
da proba específica de acceso ao ciclo formativo de grao superior
|
Proba específica de acceso ao ciclo formativo de grao superior |
|
|
Lugar de realización da proba: |
A proba realizarase nas escolas de arte e superiores de deseño nas que estean inscritas as persoas aspirantes. – EASD Antonio Faílde; avenida da Universidade, A Cuña, nº 18, en Ourense. – EASD Mestre Mateo; rúa Virxe da Cerca, nº 32, en Santiago de Compostela. – EASD Pablo Picasso; rúa Os Pelamios, nº 2, na Coruña. – EASD Ramón Falcón; paseo dos estudantes, s/n, en Lugo. |
|
Data e hora de realización da proba: |
Realizarase o día 8 de xullo, co seguinte horario: – Primeiro exercicio: desde as 10.00 ata as 11.00 horas. – Segundo exercicio: desde as 12.00 ata as 14.00 horas. – Terceiro exercicio: desde as 17.00 ata as 19.00 horas. Calquera posible variación sobre este calendario requirirá autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional |
|
Obrigas das persoas inscritas: |
Deberán presentar, o día da proba: a) Documento oficial de identidade. b) Copia da solicitude de inscrición. |
|
Configuración da proba: |
|
|
A proba específica de acceso permitirá demostrar as aptitudes e os coñecementos artísticos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de que se trate. a) Primeiro exercicio: proba escrita. Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coa historia da arte. • Neste exercicio valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos. b) Segundo exercicio: realización. Realización, durante un tempo máximo de dúas horas, de bosquexos sobre un tema proposto que servirán de base para a realización posterior. • Neste exercicio valoraranse as destrezas, as habilidades, a capacidade de percepción, de observación e de aptitude á predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional. c) Terceiro exercicio: execución. Execución dun exercicio, durante un tempo máximo de dúas horas, de xeito que determine o tribunal, cos bosquexos realizados no exercicio anterior dun traballo relacionado co ciclo a que a persoa aspira a acceder. • Neste exercicio valorarase a capacidade compositiva, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional. |
|
|
Cualificación da proba: |
|
|
A valoración de cada un dos exercicios de que constan as probas expresarase en termos numéricos, utilizando para iso a escala de cero a dez con dous decimais. Para a superación das probas será necesario obter unha cualificación igual ou superior a cinco en cada un dos exercicios de que conste. A cualificación final da proba específica será a media aritmética destes exercicios, expresada coa escala de cero a dez con dous decimais. Considerarase superada a proba a partir da cualificación de 5,00 puntos. |
|
|
Publicación das cualificacións: |
|
|
• Cualificacións provisionais: publicaranse o día 15 de xullo. • Poderanse presentar reclamacións por escrito ás cualificacións provisionais os días 16 e 17 de xullo na escola de arte e superior de deseño na cal realizaron as probas. • Cualificacións definitivas: publicaranse o día 21 de xullo. |
|
ANEXO VII
Resumo do calendario
das probas de acceso ao ciclo formativo de grao medio e grao superior
|
Parte do procedemento |
Data |
|
1. Fase de inscrición |
|
|
Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba que substitúe o requisito de titulación |
Desde ao día seguinte ao da publicación no DOG ata o 13 de xuño |
|
• Publicación de listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas tras o 1º prazo de inscrición |
17 de xuño |
|
• Período de reclamación contra a listaxe provisional tras o 1º prazo de inscrición |
Desde o 18 ata o 19 de xuño |
|
• Publicación de listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas tras o 1º prazo de inscrición |
23 de xuño |
|
Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación |
Desde o día seguinte á publicación no DOG ata o 26 de xuño |
|
• Publicaciónde listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas tras o 2º prazo de inscrición |
30 de xuño |
|
• Período de reclamación contra a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas do 2º prazo de inscrición |
1 e 2 de xullo |
|
• Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no 2º prazo de inscrición |
4 de xullo |
|
2. Fase de probas |
|
|
Proba que substitúe o requisito de titulación |
25 de xuño |
|
Publicación de listaxe provisional de cualificacións da proba que substitúe o requisito de titulación |
30 de xuño |
|
Período de reclamación contra a listaxe provisional de cualificacións da proba que substitúe de requisito de titulación |
1 e 2 de xullo |
|
Publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba que substitúe o requisito de titulación |
4 de xullo |
|
Realización da proba específica |
8 de xullo |
|
Publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba específica |
15 de xullo |
|
Período de reclamación contra a listaxe de cualificacións da proba específica |
16 e 17 de xullo |
|
Publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba específica |
21 de xullo |
|
3. Fase de adxudicación e matrícula |
|
|
Publicación da listaxe de primeira adxudicación |
21 de xullo |
|
Primeiro período de formalización de matrícula para o curso 2025/26 |
22, 23, 24 de xullo |
|
Publicación da listaxe de segunda adxudicación |
28 de xullo |
|
Segundo período de formalización de matrícula para o curso 2025/26 |
29, 30 e 31 de xullo |
ANEXO VIII
Documentación que as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, segundo corresponda, para o acceso ao CICLO FORMATIVO DE GRAO MEDIO
|
Documentación que cómpre presentar para o acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de CICLO FORMATIVO DE GRAO MEDIO segundo a casuística do/da aspirante |
||
|
Documentación xeral (todos os aspirantes) |
– Copia do DNI, NIE ou pasaporte |
Obrigatorio (ao menos un) |
|
Documentación acreditativa da titulación (todos os aspirantes) |
– Título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou título declarado equivalente para os efectos académicos, ou documentación que acredite ter superadas todas as materias e ter realizado o depósito do correspondente título. |
Obrigatorio |
|
Documentación acreditativa da titulación (aspirantes pendentes de avaliación ou revisión) |
– Certificación académica de cuarto curso da educación secundaria obrigatoria, con identificación de materias pendentes cando corresponda. |
Obrigatorio |
|
Documentación para os/as aspirantes que non poidan acreditar a titulación requirida para o acceso e opten pola exención de realización da proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria |
– Acreditación de superación da proba para o acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional. |
Obrigatorio (polo menos un) |
|
– Acreditación de superación da parte común da proba para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional. |
||
|
– Certificado de superación da proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio de ensinanzas deportivas. |
||
|
– Certificado de superación da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas. |
||
|
– Certificado de superación da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. |
||
|
– Certificado de superación da proba substitutiva da titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores. |
||
|
– Certificado de superación da proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior. |
||
|
– Certificado de superación da proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria para ciclos formativos de grao medio en convocatorias anteriores. |
||
|
Documentación para os/as aspirantes que poidan acreditar a titulación requirida para o acceso e opten pola exención de realización da proba específica de acceso (acceso directo) |
– Título correspondente á quenda de acceso sen proba específica segundo corresponda e se indica no anexo II desta resolución, e certificado acreditativo de superación de estudos correspondentes á dita titulación, con indicación da expresión cuantitativa e cualitativa da nota media do título. |
Obrigatorio (polo menos un) |
|
– Acreditación de ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder segundo aparece reflectido no número 2.1 do ordinal segundo e terceiro desta resolución. |
||
|
Documentación para os/as aspirantes que acrediten ser deportista de alto nivel e/ou rendemento |
– Documentación que acredite oficialmente ser deportista de alto nivel e/ou rendemento. |
Obrigatorio |
|
Documentación para os/as aspirantes que acrediten discapacidade |
– Documentación que acredite oficialmente a discapacidade do 33 % da persoa aspirante e a solicitude de adaptación se corresponde. |
Obrigatorio |
|
– Certificado de adaptación das probas para o alumnado diagnosticado que acredite a dita circunstancia, o precise e o solicite. |
Optativo |
|
ANEXO IX
Documentación que as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, segundo corresponda, para o acceso ao CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR
|
Documentación quecómpre presentar para o acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de artes plásticas e deseño de CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR segundo a casuística do aspirante |
||
|
Documentación xeral (todos os aspirantes) |
– Copia do DNI, NIE ou pasaporte |
Obrigatorio (polo menos un) |
|
Documentación acreditativa da titulación (todos os aspirantes) |
– Título de bacharelato ou título declarado equivalente para os efectos académicos, ou documentación que acredite ter superadas todas as materias e ter realizado o depósito do correspondente título. |
Obrigatorio (polo menos un) |
|
– Título de técnico ou técnica de formación profesional. |
||
|
– título de técnico ou técnica de artes plásticas e deseño. |
||
|
Documentación acreditativa da titulación (aspirantes pendentes de avaliación ou revisión) |
– Certificación académica de bacharelato, con identificación de materias pendentes, ou certificación académica das titulacións acreditativas obrigatorias, con identificación dos módulos pendentes cando corresponda. |
Obrigatorio |
|
Documentación para os/as aspirantes que non poidan acreditar a titulación requirida para o acceso e opten pola exención de realización da proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato |
– Acreditación de superación da parte común da proba para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional. |
Obrigatorio (polo menos un) |
|
– Certificado de superación da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas. |
||
|
– Certificado de superación da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. |
||
|
– Certificado de superación da proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores. |
||
|
– Certificado de superación da proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior. |
||
|
Documentación para os/as aspirantes que poidan acreditar a titulación requirida para o acceso e opten pola exención de realización da proba específica de acceso (acceso directo) |
– Título correspondente á quenda de acceso sen proba específica segundo corresponda e se indica no anexo II desta resolución e certificado acreditativo de superación de estudos correspondentes á dita titulación, con indicación da expresión cuantitativa e cualitativa da nota media do título. |
Obrigatorio (polo menos un) |
|
– Acreditación de ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder segundo aparece reflectido no número 2.1 do ordinal segundo e terceiro desta resolución. |
||
|
Documentación para os/as aspirantes que acrediten ser deportista de alto nivel e/ou rendemento |
– Documentación que acredite oficialmente ser deportista de alto nivel e/ou rendemento. |
Obrigatorio |
|
Documentación para os/as aspirantes que acrediten discapacidade |
– Documentación que acredite oficialmente a discapacidade do 33 % da persoa aspirante e a solicitude de adaptación se corresponde. |
Obrigatorio |
|
– Certificado de adaptación das probas para o alumnado diagnosticado que acredite a dita circunstancia, o precise e o solicite. |
Optativo |
|
ANEXO X
Orde de prelación da asignación de prazas para as persoas aspirantes
con acceso directo ao grao medio e ao grao superior
|
Orde de prelación aos ciclos formativos de grao medio: |
|
|
Orde de prelación 1º |
Título de graduado en educación secundaria obrigatoria, ou declarado equivalente, e que acredite experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo formativo de grao medio a que se pretende acceder (1º-Título de graduado en ESO + exp.laboral) |
|
Orde de prelación 2º |
Ter superado os cursos comúns de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos dos plans de estudos establecidos polo Decreto 2127/1963, do 24 de xullo, os establecidos con carácter experimental ao abeiro do Real decreto 799/1984, do 28 de marzo, sobre regulación de experiencias artísticas, así como polo Real decreto 942/1986, do 9 de maio, polo que se establecen normas xerais para a realización de experimentacións educativas en centros docentes (2º-Cursos comúns) |
|
Orde de prelación 3º |
Título de bacharelato na modalidade de Artes (3º-Título Bach. Artes) |
|
Orde de prelación 4º |
Título de bacharelato Artístico Experimental (4º-Título Bach. Artes Exp.) |
|
Orde de prelación 5º |
Título de técnico de Artes Plásticas e Deseño, ou título declarado equivalente (5º-Título de técnico. Artes Plást. e Deseño) |
|
Orde de prelación 6º |
Título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño, ou título declarado equivalente (6º-Título técnico sup. Artes Plást. e Deseño) |
|
Orde de prelación 7º |
Título superior de Artes Plásticas, ou título declarado equivalente (7º-Título sup. Artes Plást.) |
|
Orde de prelación 8º |
Título superior de Deseño, ou título declarado equivalente (8º-Título sup. Deseño) |
|
Orde de prelación 9º |
Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais nas súas diferentes especialidades, ou título declarado equivalente (9º-Título sup. Conservación e Rest.) |
|
Orde de prelación 10º |
Título de licenciado/a en Belas Artes (10ª-Título licenciado Belas Artes) |
|
Orde de prelación 11º |
Título de Arquitectura (11º-Título Arquitectura) |
|
Orde de prelación 12º |
Título de Enxeñaría Técnica en Deseño Industrial (12º-Título Enx. Técn. Deseño Industrial) |
|
Orde de prelación aos ciclos formativos de grao superior: |
|
|
Orde de prelación 1º |
Título de bacharelato na modalidade de Artes (1º-Título Bach. Artes) |
|
Orde de prelación 2º |
Título de bacharelato Artístico Experimental (2º-Título Bach. Artes Exp.) |
|
Orde de prelación 3º |
Título de bacharelato en calquera modalidade e que acredite experiencia laboral, de polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo formativo de grao superior a que pretende acceder (3º-Título Bach.+exp.laboral) |
|
Orde de prelación 4º |
Título de técnico de Artes Plásticas e Deseño ou título declarado equivalente (4º-Título de técnico. Artes Plást. e Deseño) |
|
Orde de prelación 5º |
Título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño ou título declarado equivalente (5º-Título Técnico Sup. Artes Plást. e Deseño) |
|
Orde de prelación 6º |
Título superior de Artes Plásticas ou título declarado equivalente (6º-Título sup. Artes Plást.) |
|
Orde de prelación 7º |
Título superior de Deseño nas súas diferentes especialidades ou título declarado equivalente (7º-Título sup. Deseño) |
|
Orde de prelación 8º |
Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais nas súas diferentes especialidades ou título declarado equivalente (8º-Título sup. Conservación e Rest.) |
|
Orde de prelación 9º |
Título de licenciado/a en Belas Artes (9ª-Título licenciado Belas Artes) |
|
Orde de prelación 10º |
Título de Arquitectura (10º-Título Arquitectura) |
|
Orde de prelación 11º |
Título de Enxeñaría Técnica en Deseño Industrial (11º-Título Enx. Técn. Deseño Industrial) |
ANEXO XI
Composición da Comisión de Avaliación para o acceso aos ciclos formativos
das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño
|
Comisión de Avaliación titular / Tribunal titular |
||
|
Posto |
DNI/NIE |
Apelidos e nome |
|
Presidente |
***1438** |
Cabarcos Rodríguez, Ramón Manuel |
|
Vogal suplente 1ª |
***7400** |
Cancio Méndez, Marta |
|
Vogal suplente 2ª |
***3549** |
Somoza García, Isabel |
|
Vogal suplente 3º |
***4774** |
Macho Eiras, Javier |
|
Vogal suplente 4º |
***1707** |
Rodríguez Sampedro, Jaime Manuel |
|
Vogal suplente 5ª |
***7121** |
Anta Barragán, Raquel |
|
Vogal suplente 6º |
***8428** |
García Freire, Manuel Antonio |
|
Vogal suplente 7º |
***3615** |
Rodríguez Verde, Brais |
|
Vogal suplente 8ª |
***7458** |
Rodríguez Centrón, Antonia |
|
Comisión de Avaliación suplente / Tribunal suplente |
||
|
Posto |
DNI/NIE |
Apelidos e nome |
|
Presidente / suplente |
***5686** |
González Rivera, Xosé Manoel |
|
Vogal suplente 1º |
***5840** |
Fernández Ares, José Francisco |
|
Vogal suplente 2ª |
***1517** |
Manchón González, Faína |
|
Vogal suplente 3ª |
***6147** |
López Torres, Clara María |
|
Vogal suplente 4º |
***8619** |
Alfonzo Fernández, Carlos |
|
Vogal suplente 5ª |
***8606** |
Prada Rodríguez, María José |
|
Vogal suplente 6ª |
***3937** |
Nieves Domínguez, Lidia |
|
Vogal suplente 7ª |
***1767** |
Mosqueira Varela, Nuria |
|
Vogal suplente 8ª |
***0337** |
Cardo Cañizares, Ofelia |
