DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2025 Páx. 23712

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de ampliación de competencias dos concellos de Lourenzá e Chantada.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 41, do 19 de febreiro de 2008, publícanse as bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación con tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, así como o alcance e contido da delegación efectuada, entre outros, polos concellos de Lourenzá e Chantada, que tamén é publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 46, do 5 de marzo de 2008, no Boletín Oficial da provincial núm. 286, do 13 de decembro, publícase a reforma das citadas bases.

– O Concello de Lourenzá amplía a delegación de competencias, a cal foi aprobada polo Acordo adoptado polo Pleno da Corporación Municipal en sesión plenaria ordinaria, que tivo lugar o día 13 de novembro de 2024, que é aceptada pola deputación provincial, segundo o teor literal seguinte:

Primeiro. Aceptar a delegación do Concello de Lourenzá, a partir da publicación no Boletín Oficial da provincia (BOP) e no Diario Oficial de Galicia (DOG) das competencias atribuídas, segundo o teor literal seguinte:

Primerio. Aprobar a delegación na Deputación Provincial de Lugo de todas as competencias do Concello de Lourenzá en materia de recadación (tanto en voluntaria como en executiva) das seguintes taxas municipais segundo as bases conforme as que o citado concello ten delegadas as mencionadas facultades respecto doutros tributos municipais:

• Taxa pola recollida de lixo.

• Taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e as reservas de vías públicas para aparcamento, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.

Segundo. Acordar a publicación desta delegación no BOP e no DOG.

– O Concello de Chantada amplía a delegación de competencias, a cal foi aprobada polo Acordo adoptado polo Pleno da Corporación Municipal en sesión plenaria ordinaria, que tivo lugar o día 30 de xaneiro de 2025, que é aceptada pola deputación provincial, segundo o teor literal seguinte:

Primeiro. Aceptar a delegación do Concello de Chantada, a partir da publicación no BOP e no DOG das competencias atribuídas segundo o seguinte:

Primeiro. Aprobar a delegación de competencias na Deputación Provincial de Lugo da xestión e recadación en período voluntario e executivo, conforme as bases aprobadas pola Deputación Provincial de Lugo, da:

• Taxa pola prestación do servizo de recollida domiciliaria de residuos sólidos urbanos do Concello de Chantada no rural.

Segundo. Comunicar á Deputación Provincial de Lugo para a aceptación da delegación e posterior publicación da delegación no BOP e no DOG.

Segundo. Acordar a publicación desta delegación no BOP e no DOG.

No BOP de Lugo núm. 48, do 27 de febreiro de 2025, publícase o contido dos acordos dos citados concellos.

Lugo, 27 de febreiro de 2025

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 15.3.2024)
Mª del Carmen López Moreno
Deputada provincial de Lugo