Anúnciase a exposición das bases e a convocatoria do proceso para a provisión definitiva, baixo os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, e mediante o procedemento de concurso-oposición, de dous postos vacantes do cadro de persoal da Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia, que se relacionan na táboa seguinte:
|
Posto |
Grupo-categoría profesional |
Titulación requirida |
Nº de prazas |
|
Encargado/a administrativo/a |
Grupo III-cat. 2 |
Bacharelato ou equivalente. Celga 4 |
1 |
|
Auxiliar administrativo/a |
Grupo IV-cat. 1 |
Educación secundaria obrigatoria (ESO) ou equivalente. Celga 3 |
1 |
As bases e a convocatoria están expostas na seguinte ligazón:
https://www.cidadedacultura.gal/gl/transparencia-e-goberno-aberto/informacion-de-persoal/convocatorias-procesos-selectivos
Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2025
Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia
