DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2025 Páx. 23729

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 9 de abril de 2025 pola que se dá de baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza desta comunidade autónoma, por cesamento de actividades, a Escola de Música Municipal Samoeiro, da Pobra do Brollón.

Mediante a Orde do 8 de setembro de 2008 (DOG do 3 de outubro) autorízase a inclusión no Rexistro de Escolas de Música e Danza desta comunidade autónoma da Escola de Música Municipal Samoeiro, aténdose á Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril), que regula as condicións de creación e o funcionamento das escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Concello da Pobra do Brollón comunica o cesamento da actividade da escola e solicita a súa baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza desta comunidade autónoma, polo que, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único. Baixa no Rexistro

Dar de baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia a Escola de Música Municipal Samoeiro, da Pobra do Brollón (Lugo), código do centro 27020847.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2025

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional