DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2025 Páx. 23731

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 14 de abril de 2025 pola que se modifica a autorización do centro privado plurilingüe Lar, de Mos (Pontevedra).

A titularidade do centro privado (CPR) Plurilingüe Lar, de Mos, solicita a ampliación de 20 a 30 o número de postos escolares do ciclo formativo de grao medio (CM) Guía no medio natural e de tempo libre; e autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Comercio internacional, o CS Proxectos de edificación e o CS Proxectos de obra civil.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, que desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional, co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

1. Modificar a autorización do CPR Plurilingüe Lar, de Mos, e ampliar de 20 a 30 o número de postos escolares no CM Guía no medio natural e de tempo libre; e autorizar o CS Comercio internacional, o CS Proxectos de edificación e o CS Proxectos de obra civil. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: Centro Privado Plurilingüe.

Denominación específica: Lar.

Código do centro: 36005427.

Domicilio: avenida Rebullón, 21.

Localidade: Puxeiros.

Concello: Mos.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Colegio Lar, S.L.

2. Composición resultante:

– 6 unidades do segundo ciclo de educación infantil.

– 12 unidades de educación primaria.

– 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

– 6 unidades de bacharelato, das modalidades de Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais.

– 2 unidades de educación especial.

• Formación profesional.

– CM Atención a persoas en situación de dependencia (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CM Cociña e gastronomía (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CM Electromecánica de vehículos automóbiles (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CM Farmacia e parafarmacia (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CM Guía no medio natural e de tempo libre (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).

– CM Servizos en restauración (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CS Administración e finanzas (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CS Anatomía patolóxica e citodiagnóstico (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CS Automoción (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CS Comercio internacional (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CS Documentación e administración sanitarias (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CS Educación infantil (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CS Ensinanza e animación sociodeportiva (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CS Integración social (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CS Márketing e publicidade (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CS Mediación comunicativa (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CS Proxectos de edificación (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CS Proxectos de obra civil (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CS Xestión de vendas e espazos comerciais (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• Formación profesional na modalidade a distancia e/ou semipresencial.

– CM Atención a persoas en situación de dependencia.

– CM Guía no medio natural e de tempo libre.

– CS Ensinanza e animación sociodeportiva.

– CS Educación infantil.

– CS Integración social.

– CS Anatomía patolóxica e citodiagnóstico.

• Educación para persoas adultas.

– Ensinanzas básicas iniciais.

– Educación secundaria para persoas adultas.

– Bacharelato (Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deban modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2025

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades
e Formación Profesional