DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2025 Páx. 24036

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 16 de abril de 2025 pola que se modifica a Orde do 25 de febreiro de 2025 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR239Q, MR240D, MR241C e MR241D).

BDNS (Identif.): 818119.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

http://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/818119

Primeiro. Prazo de presentación da solicitude única

O prazo de presentación da solicitude única iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 15 de maio de 2025, ambos incluídos. Non obstante, admitiranse solicitudes ata a data de finalización do prazo de modificación da solicitude única de acordo coas condicións establecidas no artigo 108.3 do Real decreto 1048/2022.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2025

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural