BDNS (Identif.): 826828.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/826828
Primeiro. Persoas beneficiarias
Grupo 1:
– Alumnado de doutoramento. Quen sexa beneficiaria ou beneficiario dunha axuda de apoio á etapa predoutoral non poderá solicitar axuda para a mesma estadía para a que ten concedido financiamento autonómico ou estatal.
Grupo 2:
– Persoal investigador contratado no marco de calquera programa competitivo de persoal investigador predoutoral en formación que se encontre no período de orientación posdoutoral (POP).
Segundo. Obxecto
O obxecto desta convocatoria é financiar parcialmente as estadías en centros de investigación, ou empresas no caso de programas coa mención de «Doutoramento industrial», de fóra de Galicia do persoal investigador que cumpra os requisitos sinalados, co obxectivo de contribuír ao intercambio de coñecemento e á mellora e internacionalización da súa actividade investigadora.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 25 de abril de 2025 pola que se convocan axudas propias para a mobilidade de persoal investigador desta universidade no ano 2025.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estas axudas será de cen mil euros (100.000 €) con cargo á aplicación orzamentaria 2025 00VI 131H 481.01.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o día 28 de abril ata o 19 de maio de 2025.
Vigo, 25 de abril de 2025
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG núm. 111, do 10 de xuño)
Belén Rubio Armesto
Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación
