DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2025 Páx. 24775

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2025 pola que se resolven as solicitudes de subvencións presentadas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas relativas aos compromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España para o período 2024-2027, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR670E) (Diario Oficial de Galicia número 11, do 17 de xaneiro de 2025).

O día 17 de xaneiro de 2025, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas relativas aos compromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España para o período 2024-2027, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR670E).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputen, finalidade da subvención, beneficiario e cantidade concedida.

Segundo o establecido no artigo 13 da citada orde, as notificacións das resolucións de aprobación e denegación destas axudas realizaranse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, dos actos administrativos e das correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación, e expresaranse, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, órgano administrativo ou xudicial ante o que deben presentarse e o prazo para interpolos.

Por todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as axudas aos expedientes relacionados no anexo I, solicitadas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas relativas aos compromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España para o período 2024-2027, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR670E).

Estas axudas concédense con cargo ás aplicacións orzamentarias 15.03.713B.770.0.2024.00101 e 15.03.713B.760.0.2024.00101.

Segundo. Desestimar as axudas que se relacionan no anexo II polos motivos alí indicados.

Terceiro. Informar as persoas beneficiarias destas subvencións do seguinte:

1. Estas axudas encádranse na intervención 6502.1-Compromisos forestais de xestión-subintervención 65021_05_06-Certificación de servizos ecosistémicos, contidas no Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (PEPAC) e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

2. O anexo I contén a listaxe das axudas solicitadas que foron concedidas e o anexo II, o das axudas que foron desestimadas, coa indicación das causas de desestimación.

3. A solicitude de pagamento presentarase coa solicitude única da PAC de cada ano, de acordo coa orde anual que regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control. Xunto coa solicitude de pagamento deberán achegar a seguinte documentación:

a) Declaración doutras axudas que financien a actividade subvencionada, con indicación do importe e da súa procedencia, e na cal deberá figurar o número de expediente e a sinatura da entidade solicitante ou representante.

b) Certificado, expedido polo posuidor do certificado e con data comprendida no período de presentación da solicitude de pagamento, de que os terreos adheridos aos compromisos de servizos ecosistémicos da entidade beneficiaria da prima contan cun certificado de servizos ecosistémicos expedido por algún sistema de certificación forestal recoñecido e validado polos mercados nacionais e internacionais. O certificado recollerá, como mínimo, os seguintes datos: nome da unidade de manexo, tipo de servizo ecosistémico certificado, número de hectáreas certificadas, relación de parcelas Sixpac coa súa superficie, data de vixencia e data de expedición, código de licenza e código de certificado.

c) Documento de certificación de servizos ecosistémicos (DCSE) validado pola entidade auditora e listaxe de montes do posuidor do certificado.

4. En ningún caso poderá realizarse o pagamento da subvención mentres as entidades beneficiarias non estean ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social ou teñan pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexan debedoras por resolución de procedencia de reintegro.

Contra a resolución que se publica cabe a interposición de recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2025

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal

ANEXO I

Solicitudes de axuda concedidas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas relativas aos compromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España para o período 2024-2027, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR670E)

Subvenciónase a certificación de servizos ecosistémicos nas hectáreas indicadas para cada beneficiario.

Solicitudes aprobadas na aplicación orzamentaria 15.03.713B.770.0.2024.00101

Expediente

Beneficiario/a

NIF

ha

Prima 2025

Prima 2026

Prima 2027

Prima 2028

Prima 2029

Axuda total

31150001/2025

Comunidade de Montes de Baroña

***2985**

20,21

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31150002/2025

CMVMC Monte Raño

***2828**

72,08

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31270002/2025

CMVMC Hórreos

***3702**

22,49

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31270003/2025

CMVMC Rogueira e Cabana

***3431**

22,31

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31270004/2025

CMVMC O Cadramón

***1127**

113,93

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31270005/2025

CMVMC Miñotos

***2072**

114,39

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31270006/2025

MVMC Buio

***0363**

113,95

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31270007/2025

CMVMC Labrada

***0412**

113,10

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31270008/2025

CMVMC Carballo

***1391**

58,68

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31270009/2025

CMVMC O Faro

***2394**

20,77

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31270010/2025

CMVMC Vilapena

***1353**

113,93

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31270012/2025

CMVMC O Pereiro

***2358**

115,70

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31320001/2025

CMVMC Serra Calva e Follo

***2915**

114,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31320002/2025

CMVMC Valdín

***2216**

160,85

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31320005/2025

CMVMC Carballal de Lobos

***2564**

112,57

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31320006/2025

CMVMC Serra de Casaio e Lardeira

***2334**

112,46

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31320016/2025

CMVMC Acevedo e Morteira de Xares

***1874**

112,57

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31320018/2025

CMVMC Meixide

***2819**

111,84

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31320021/2025

CMVMC Laza e Cimadevila

***1682**

20,00

2.973,40

2.973,40

2.973,40

2.973,40

2.973,40

14.867,00

31360001/2025

CMVMC Tameiga

***1031**

68,69

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31360002/2025

CMVMC Zamáns

***7618**

189,18

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31360003/2025

CMVMC Matamá

***9178**

15,16

2.344,59

2.344,59

2.344,59

2.344,59

2.344,59

11.722,95

31360004/2025

CMVMC San Xurxo de Saiáns

***7955**

23,60

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31360005/2025

CMVMC Camposancos A Guarda

***0592**

69,42

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31360006/2025

CMVMC Valadares

***6631**

50,15

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

31360007/2025

CMVMC Vincios

***6861**

138,42

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

Solicitudes aprobadas na aplicación orzamentaria 15.03.713B.760.0.2024.00101

Expediente

Beneficiario/a

NIF

ha

Prima 2025

Prima 2026

Prima 2027

Prima 2028

Prima 2029

Axuda total

31320020/2025

Concello da Arnoia

***0040**

589,17

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

3.000,00

15.000,00

ANEXO II

Solicitudes desestimadas na aplicación orzamentaria 15.03.713B.770.0.2024.00101, coa indicación das causas da desestimación

Expediente

NIF

Titular

Motivo de desestimación

31270001/2025

***5116**

Asoc. de propietarios Monte de Piornedo

Non cumpre co requisito indicado no artigo 6.3 da orde

31270011/2025

***3947**

CMVMC Pena de Nogueira e Robledo

Non cumpre co requisito indicado no artigo 6.3 da orde

31320003/2025

***9823**

Asoc. de veciños Cambela Os Palmeiros

Non cumpre co requisito indicado no artigo 6.3 da orde

31320004/2025

***9824**

Asoc. de veciños Tuxe A Senra

Non cumpre co requisito indicado no artigo 6.3 da orde

31320007/2025

***1305**

CMVMC Moreiras e Trelle

Non cumpre co requisito indicado no artigo 6.3 da orde

31320008/2025

***2089**

CMVMC Loiro, Bentrances e Sobrado do Bispo

Non cumpre co requisito indicado no artigo 6.3 da orde

31320009/2025

***2284**

CMVMC Lamalonga

Renuncia do solicitante

31320010/2025

***1884**

CMVMC Pereira

Renuncia do solicitante

31320011/2025

***2809**

CMVMC Carracedo, Castromao, Corzos e Pradolongo

Renuncia do solicitante

31320012/2025

***1866**

CMVMC O Pereiro

Non cumpre co requisito indicado no artigo 6.3 da orde

31320013/2025

***2108**

CMVMC Soutochao

Renuncia do solicitante

31320014/2025

***2209**

CMVMC Berrande e A Trabe

Renuncia do solicitante

31320015/2025

***2328**

CMVMC Gondulfes Marbán

Renuncia do solicitante

31320017/2025

***1559**

CMVMC Biduedo e Serra do Eixo

Renuncia do solicitante

31320019/2025

***5062**

SOFOR Candeda

Renuncia do solicitante