DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2025 Páx. 24892

III. Outras disposicións

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2025 pola que se aproba a concesión das bolsas destinadas a persoas con discapacidade e Down para a formación práctica nesta institución.

Vista a proposta formulada polo presidente da Comisión nomeada para a concesión das bolsas destinadas a persoas con discapacidade e Down para a formación práctica na institución Valedor do Pobo, convocadas pola Resolución do 23 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro),

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles as dúas bolsas destinadas a persoas con discapacidade e Down para a formación práctica no Valedor do Pobo ás persoas aspirantes que se relacionan no anexo I, por teren obtido a maior puntuación de conformidade cos criterios de valoración fixados na base novena da Resolución do 23 de xaneiro de 2025.

De conformidade coa base décimo segunda da convocatoria, as persoas seleccionadas deberán incorporarse, para o desenvolvemento dos labores de formación práctica, dentro dos sete (7) días naturais seguintes ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se, transcorrido este prazo, a incorporación das persoas seleccionadas non se produce, a bolsa poderase entender rexeitada, salvo causa xustificativa.

Segundo. Facer pública a resolución definitiva de concesión das bolsas, de conformidade coa base décimo primeira da convocatoria.

Terceiro. Excluír do procedemento de concesión das bolsas a aspirante que figura no anexo II, ao non achegar, dentro do prazo de cinco (5) días hábiles concedido, a documentación exixida na base sétima da convocatoria, acreditativa dos requisitos que deben reunir os aspirantes para poder ser beneficiarios das bolsas en cuestión, recollidos na base segunda da convocatoria.

Cuarto. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Valedor do Pobo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2025

María Dolores Fernández Galiño
Valedora do pobo (en funcións)

ANEXO I

Persoas aspirantes ás cales se lles concede a bolsa

Aspirantes

Puntuación total

***5237**

8,00

***6627**

8,00

ANEXO II

Persoas aspirantes excluídas

Aspirante

***0797**

Excluída