Na sesión que tivo lugar o 28 de abril de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 3 de abril de 2025 (DOG núm. 69, do 9 de abril), da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía,
ACORDOU:
Primeiro. Convocar a realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, de acordo coas bases da convocatoria publicada mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro).
Segundo. O primeiro exercicio de oposición, de conformidade coa base II.1.2.5 da convocatoria, terá lugar o día 24 de maio de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos e nas aulas 1 e 9 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.
Terceiro. As persoas aspirantes, de conformidade coa base II.1.2.2, deberán ir provistas do NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade. Tamén deberán ir provistas dun lapis nº 2 e de goma de borrar.
Cuarto. Non se permitirá o acceso nos espazos en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 28 de abril de 2025
José Antonio Fernández Bouzas
Presidente do tribunal
