En sesión que tivo lugar o 25 de abril de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 3 de abril de 2025 (DOG núm. 69, do 9 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría, convocado mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro) acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 24 de maio de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos e na aula 1 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.
Non se poden levar móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2025
Marta Lorenzo Carpente
Presidenta do tribunal
