DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2025 Páx. 26111

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso e a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 21 de abril de 2025, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola,

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 28 de novembro de 2024 (DOG núm. 234, do 4 de decembro), este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que foron baremadas de acordo coas regras contidas na convocatoria.

Como consecuencia da estimación parcial dun recurso de alzada, este tribunal acorda modificar a dita resolución con relación á puntuación da seguinte persoa aspirante:

Irene Cabrejas Domínguez, DNI ***7111**.

Segundo. A puntuación definitiva obtida tras a modificación figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

Terceiro. Mediante a Resolución do 26 de decembro de 2024 (DOG núm. 4, do 8 de xaneiro de 2025), este tribunal acordou facer pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Como consecuencia da modificación da baremación definitiva dunha das persoas aspirantes, este tribunal acorda facer pública como anexo a esta resolución unha nova relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo. Non obstante, as persoas que superaron o proceso selectivo incluídas nesta nova relación, así como a orde de prelación, non sufriron variacións con respecto á relación publicada mediante a Resolución do 26 de decembro de 2024 (DOG núm. 4, do 8 de xaneiro de 2025).

Cuarto. Elevar a devandita relación de aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.

De conformidade co disposto na base VI.2. da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

De acordo co disposto na base V.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 y 122 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2025

Iris Ferradás Cao
Presidenta do tribunal

ANEXO

Procesos en que se inicia a fase de concurso e se abre o prazo para a acreditación de méritos dos aspirantes que superaron a fase de oposición

Procesos de persoal funcionario (subgrupo A2).

Administración especial:

Corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica agrícola.