DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2025 Páx. 26183

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 11 de abril de 2025 pola que se asigna o concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029 (código de procedemento BS632I).

No Diario Oficial de Galicia número 42, do 3 de marzo de 2025, publícase a Resolución do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632I).

Unha vez instruído de conformidade coas bases reguladoras da convocatoria, logo da valoración da solicitude e a aplicación dos criterios de selección, e vista a proposta de adxudicación, o órgano competente emite a resolución de adxudicación, coa cal finaliza o procedemento.

A base décimo novena da Resolución do 24 de febreiro de 2025 establece que a resolución de concertación se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e terá os efectos de notificación.

Así mesmo, será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 11 de abril de 2025 ditada no procedemento BS632I, de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029, que se xunta a esta resolución de publicación como anexo, e coa cal finaliza o procedemento.

Segundo. Notificada a resolución polo órgano competente, procederase á formalización do concerto coa entidade seleccionada.

A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos trinta (30) días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen se ter efectuado esta previamente.

Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2025

Begoña Abeijón Fernández
Directora xeral de Persoas con Discapacidade

ANEXO

Resolución de adxudicación

Resolución do 11 de abril de 2025 pola que se asigna o concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029 (código de procedemento BS632I).

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 3 de marzo de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632I).

Segundo. No prazo establecido presentouse á convocatoria a seguinte entidade:

Data e número de entrada Rexel

Entidade

NIF

Código

Servizo

Tipoloxía

Núm. de prazas

Lote e concello

19.3.2025

Núm. 792049

Asociación a favor das persoas con discapacidade intelectual da provincia de Pontevedra (Aspanaex)

G36605905

020507

Servizo de atención residencial terapéutica

Internado

(365 días)

15

1 - Vigo

020508

Servizo de atención residencial terapéutico ocupacional

Internado

(365 días)

20

2 - Vigo

Terceiro. O día 8 de abril de 2025, reuniuse a Comisión de Valoración establecida na cláusula décimo sexta da citada resolución co obxecto de comprobar que a entidade que presentou a solicitude para o concerto social, con código de procedemento BS632I, cumpre cos requisitos establecidos na base oitava da convocatoria e que achegou a documentación exixida na base décimo segunda.

Cuarto. Unha vez examinada a documentación, constátase que a entidade cumpre cos requisitos e que achegou de forma correcta e completa a documentación exixida dentro do prazo establecido na convocatoria.

Quinto. Tendo en conta o anterior, procédese á valoración da solicitude de acordo cos criterios de selección recollidos na base décimo sétima da convocatoria:

1. Experiencia da entidade na prestación de servizos sociais: 1 punto por cada ano completo de antigüidade de inscrición da entidade no RUEPSS, cun máximo de 10 puntos.

2. Implantación do centro no concello onde se vai prestar o servizo: 1 punto por cada ano completo de antigüidade de inscrición da autorización do centro no RUEPSS nese concello, cun máximo de 10 puntos.

3. Aplicación de políticas empresariais en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral: máximo 10 puntos.

A puntuación resultante para a entidade Asociación a favor das persoas con discapacidade intelectual da provincia de Pontevedra (Aspanaex), con NIF G36605905, é a seguinte:

Lote 1: Servizo de atención residencial terapéutica (020507)

Criterios de selección

Puntuación

A antigüidade da inscrición da entidade no RUEPSS é de 30 anos

10 puntos

A antigüidade da inscrición da autorización do centro no Concello de Vigo é de 0 anos

0 puntos

A entidade non presenta medidas concretas en materia de conciliación

0 puntos

Total

10 puntos

Lote 2: Servizo de atención residencial terapéutico-ocupacional (020508)

Criterios de selección

Puntuación

A antigüidade de inscrición da entidade no RUEPSS é de 30 anos

10 puntos

A antigüidade da inscrición da autorización do centro no Concello de Vigo é de 0 anos

0 puntos

A entidade non presenta medidas concretas en materia de conciliación

0 puntos

Total

10 puntos

Fundamentos xurídicos.

Primeiro. De conformidade co establecido na base décimo quinta da Resolución do 24 de febreiro de 2025, a instrución do procedemento correspóndelle á Subdirección Xeral de Recursos e Equipamentos de Apoio á Discapacidade da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.

Segundo. Os números 2, 4 e 5 da base décimo sexta da Resolución do 24 de febreiro de 2025 establecen:

«2. A Comisión de Avaliación será a encargada de verificar o cumprimento das condicións impostas ás entidades para concertar e de valorar as solicitudes de conformidade cos criterios de selección establecidos na base décimo sétima desta convocatoria.

4. A Comisión de Valoración determinará aquelas entidades que cumpran os requisitos para concertar e elaborará un informe de acordo co previsto no punto décimo sexto desta convocatoria.

5. Segundo o referido informe da Comisión de Valoración, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución ao órgano competente para resolver a concesión con cada entidade».

Terceiro. Segundo a base décimo oitava da Resolución do 24 de febreiro de 2025, a resolución correspóndelle, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, á persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.

Por todo o exposto, e vista a proposta de adxudicación efectuada pola Subdirección Xeral de Recursos e Equipamentos de Apoio á Discapacidade,

RESOLVO:

Primeiro. Asignarlle os lotes 1 e 2 do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029 (código de procedemento BS632I) á entidade que se relaciona no anexo I, nos termos e contías que figuran neste, con cargo á aplicación orzamentaria 08.04.312D.228.2 e segundo os módulos económicos que se detallan:

Servizos para persoas dependentes con discapacidade intelectual

Servizo

Prezo/praza mes (sen IVE)

IVE (4 %)

Prezo total

020507-Servizo de atención residencial terapéutica

3.300,00 €

132,00 €

3.432,00 €/mes

020508-Servizo de atención residencial terapéutico-ocupacional

2.010,00 €

80,40 €

2.090,40 €/mes

Segundo. Asinar o concerto social coa entidade seleccionada dentro dos trinta (30) días seguintes ao da publicación da resolución de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. A resolución de concertación publicarase no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos de notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2025

A conselleira de Política Social e Igualdad. P.D. (Anexo I. Base décimo oitava da Resolución do 24 de febreiro de 2025). Begoña Abeijón Fernández. Directora xeral de Personas con Discapacidade

ANEXO I

Lote

1

Expediente

BS632I-1/2025

Entidade

Asociación a favor das persoas con discapacidade intelectual da provincia de Pontevedra (Aspanaex)

NIF

G36605905

Nº RUEPSS

E-47

Duración

Desde o 12 de maio de 2025 ao 11 de maio de 2029

Servizo

Tipoloxía

Núm.

prazas

Nome do centro

Concello

IVE

Anualidade 2025

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Anualidade 2028

Anualidade 2029

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Servizo de atención residencial terapéutica

Internado

(365 días)

15

Residencia terapéutica Aspanaex-Coia

E0047-C4

Vigo

Exento

380.810,96 €

331.305,53 €

594.000,00 €

516.780,00 €

594.000,00 €

516.780,00 €

594.000,00 €

516.780,00 €

213.189,04 €

185.474,47 €

Lote

2

Expediente

BS632I -1/2025

Entidade

Asociación a favor das persoas con discapacidade intelectual da provincia de Pontevedra (Aspanaex)

NIF

G36605905

Nº RUEPSS

E-47

Duración

Desde o 12 de maio de 2025 ao 11 de maio de 2029

Servizo

Tipoloxía

Núm.

prazas

Nome do centro

Concello

IVE

Anualidade 2025

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Anualidade 2028

Anualidade 2029

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Servizo de atención residencial terapéutico- ocupacional

Internado

(365 días)

20

Residencia terapéutica ocupacional

Aspanaex-Coia

E0047-C5

Vigo

Exento

309.264,66 €

269.060,25 €

482.400,00 €

419.688,00 €

482.400,00 €

419.688,00 €

482.400,00 €

419.688,00 €

173.135,34 €

150.627,75 €