No Diario Oficial de Galicia número 47, do 10 de marzo de 2025, publícase a Orde do 25 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI451A).
O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 11 da Orde do 25 de febreiro de 2025. Así mesmo, no artigo 12 determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conteren erros, ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos.
O artigo 15.2 da Orde do 25 de febreiro de 2025 dispón que, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos, o órgano instrutor requirirá as entidades interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. De non o faceren, consideraranse desistidas da súa solicitude e, logo de resolución, procederase ao arquivamento do expediente.
Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
1. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do requirimento de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 25 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI451A), por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras que figura como anexo desta resolución (Anexo: requirimento de emenda de documentación-SI451A 2025).
2. Facerlles indicación expresa a todas as persoas solicitantes que figuran no anexo desta resolución de que son requiridas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece no requirimento, coa advertencia de que, de non o faceren, se considerarán desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
3. Informar as persoas interesadas de que, de acordo co establecido no artigo 12.2 das bases reguladoras, a presentación da documentación requirida debe ser realizada electronicamente.
4. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Política Social e Igualdade-Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero, a través do teléfono indicado no artigo 29 da convocatoria (981 95 76 13) ou presencialmente.
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2025
Roberto Barba Alvedro
Director xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero
ANEXO
Asunto: Requirimento de emenda de solicitudes relacionadas a continuación por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras.
Data do requirimento: 29 de abril de 2025.
Efectos: no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do requirimento a través desta resolución no Diario Oficial de Galicia, cómpre emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos conforme se establece no dito requirimento, coa advertencia de que, de non o faceren, se considerarán desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
Órgano instrutor: Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero.
Relación de solicitudes suxeitas a emenda de documentación:
|
Nº de expte. |
Entidade |
Documentación requirida |
|
SI451A-2025/00000002-00 |
Ecos do Sur |
1. Memoria complementaria ao anexo III de extensión non superior a seis folios (artigo 12.1.b). Deben volver achegala debidamente asinada. 2. Acreditación documental, suficiente e detallada, da experiencia da entidade na realización e no desenvolvemento de programas de inserción laboral con mulleres vítimas da violencia de xénero e/ou con persoas pertencentes a outros colectivos, segundo o disposto no artigo 12.1.d). Deben xustificar a experiencia alegada no anexo II segundo o disposto no artigo 17.1.a) da convocatoria. 3. Documentación acreditativa do/dos compromiso/s de contratación a que se refire o artigo 17.1. b), asinada pola empresa ou empresas correspondentes, segundo o modelo 2 que figura na sede electrónica da Xunta de Galicia (artigo 12.1.e). O compromiso de Vego Supermercados, S.A.U. deben achegalo no modelo 2 indicado na convocatoria. |
|
SI451A-2025/00000003-00 |
Fundación Cip |
1. Memoria da entidade (anexo II) que conteña os datos básicos de identificación e, como mínimo, as epígrafes sinaladas neste anexo (artigo 12.1.a). A experiencia alegada con mvvx deben revisala. As anualidades indicadas nos programas Promuvix 3 e 4 non son correctas. 2. Acreditación documental, suficiente e detallada, da experiencia da entidade na realización e no desenvolvemento de programas de inserción laboral con mulleres vítimas da violencia de xénero e/ou con persoas pertencentes a outros colectivos, segundo o disposto no artigo 12.1.d). Deben xustificar a experiencia alegada no anexo II segundo o disposto no artigo 17.1.a) da convocatoria. |
|
SI451A-2025/00000004-00 |
Asociación Amicos |
1. Acreditación documental, suficiente e detallada, da experiencia da entidade na realización e no desenvolvemento de programas de inserción laboral con mulleres vítimas da violencia de xénero e/ou con persoas pertencentes a outros colectivos, segundo o disposto no artigo 12.1.d). Deben xustificar a experiencia alegada no anexo II segundo o disposto no artigo 17.1.a) da convocatoria. |
|
SI451A-2025/00000005-00 |
Fundación Impulsa para el Desarrollo del Empleo y la Integración Social |
1. Acreditación documental, suficiente e detallada, da experiencia da entidade na realización e no desenvolvemento de programas de inserción laboral con mulleres vítimas da violencia de xénero e/ou con persoas pertencentes a outros colectivos, segundo o disposto no artigo 12.1.d). Deben xustificar a experiencia alegada no anexo II segundo o disposto no artigo 17.1.a) da convocatoria. 2. Acreditación documental suficiente de que a entidade solicitante é promotora ou traballa en coordinación cunha empresa de inserción laboral (EIL) debidamente inscrita no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción Laboral de Galicia (artigo 12.1.f). Deben acreditar a vixencia do convenio presentado mediante declaración responsable asinada polas partes intervenientes. |
|
SI451A-2025/00000006-00 |
Fundación Nortempo |
1. Acreditación documental, suficiente e detallada, da experiencia da entidade na realización e no desenvolvemento de programas de inserción laboral con mulleres vítimas da violencia de xénero e/ou con persoas pertencentes a outros colectivos, segundo o disposto no artigo 12.1.d). Deben xustificar a experiencia alegada no anexo II segundo o disposto no artigo 17.1.a) da convocatoria. 2. Acreditación documental suficiente de que a entidade solicitante é promotora ou traballa en coordinación cunha empresa de inserción laboral (EIL) debidamente inscrita no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción Laboral de Galicia (artigo 12.1.f). Deben acreditar a vixencia do convenio presentado mediante declaración responsable asinada polas partes intervenientes. |
|
SI451A-2025/00000007-00 |
Axel-Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses |
1. Memoria complementaria ao anexo III de extensión non superior a seis folios (artigo 12.1.b). Deben volver achegala debidamente asinada. 2. Acreditación documental, suficiente e detallada, da experiencia da entidade na realización e no desenvolvemento de programas de inserción laboral con mulleres vítimas da violencia de xénero e/ou con persoas pertencentes a outros colectivos, segundo o disposto no artigo 12.1.d). Deben xustificar a experiencia alegada no anexo II segundo o disposto no artigo 17.1.a) da convocatoria. 3. Documentación acreditativa do/dos compromiso/s de contratación a que se refire o artigo 17.1. b), asinada pola empresa ou empresas correspondentes, segundo o modelo 2 que figura na sede electrónica da Xunta de Galicia (artigo 12.1.e). O compromiso con Clece, F.S. non é correcto. Deben presentalo no modelo indicado na convocatoria, debidamente cuberto e asinado. |
|
SI451A-2025/00000009-00 |
Cimo Entidade Prestadora de Servicios |
1. Memoria complementaria ao anexo III de extensión non superior a seis folios (artigo 12.1.b). Deben volver achegala debidamente asinada. 2. Acreditación documental, suficiente e detallada, da experiencia da entidade na realización e no desenvolvemento de programas de inserción laboral con mulleres vítimas da violencia de xénero e/ou con persoas pertencentes a outros colectivos, segundo o disposto no artigo 12.1.d). Deben xustificar a experiencia alegada no anexo II segundo o disposto no artigo 17.1.a) da convocatoria. |
|
SI451A-2025/00000010-00 |
Asociación Iris Social |
1. Acreditación documental, suficiente e detallada, da experiencia da entidade na realización e no desenvolvemento de programas de inserción laboral con mulleres vítimas da violencia de xénero e/ou con persoas pertencentes a outros colectivos, segundo o disposto no artigo 12.1.d). Deben xustificar a experiencia alegada no anexo II para outros colectivos segundo o disposto no artigo 17.1.a) da convocatoria. |
|
SI451A-2025/00000011-00 |
Asociación de Empresarios de Mos |
1. Acreditación documental, suficiente e detallada, da experiencia da entidade na realización e no desenvolvemento de programas de inserción laboral con mulleres vítimas da violencia de xénero e/ou con persoas pertencentes a outros colectivos, segundo o disposto no artigo 12.1.d). Deben xustificar a experiencia alegada no anexo II segundo o disposto no artigo 17.1.a) da convocatoria. |
|
SI451A-2025/00000012-00 |
Asociación Antonio Noche |
1. Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT (artigo 13.1.c). Feita a consulta electronicamente, o resultado é negativo, polo que deberá acreditar que as débedas se encontran aprazadas, fraccionadas ou suspendida a súa execución consonte o artigo 8 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia. 2. Memoria da entidade (anexo II) que conteña os datos básicos de identificación e, como mínimo, as epígrafes sinaladas neste anexo (artigo 12.1.a). Deben achegala debidamente cuberta e asinada. 3. Memoria descritiva de actuacións (anexo III) que deberá conter como mínimo as epígrafes sinaladas neste anexo. De ser preciso, poderase achegar unha memoria complementaria ao anexo III de extensión non superior a seis folios (artigo 12.1.b). Deben achegalo debidamente cuberto e asinado. 4. Acreditación documental, suficiente e detallada, da experiencia da entidade na realización e no desenvolvemento de programas de inserción laboral con mulleres vítimas da violencia de xénero e/ou con persoas pertencentes a outros colectivos, segundo o disposto no artigo 12.1.d). Deben xustificar a experiencia alegada no anexo II segundo o disposto no artigo 17.1.a) da convocatoria. 5. Documentación acreditativa do/dos compromiso/s de contratación a que se refire o artigo 17.1.b), asinada pola empresa ou empresas correspondentes, segundo o modelo 2 que figura na sede electrónica da Xunta de Galicia (artigo 12.1.e). Deben achegalo/s debidamente cuberto/s e asinado/s. |
|
SI451A-2025/00000013-00 |
Fundación Amigos de Galicia |
1. Memoria descritiva de actuacións (anexo III) que deberá conter, como mínimo, as epígrafes sinaladas neste anexo. De ser preciso, poderase achegar unha memoria complementaria ao anexo III de extensión non superior a seis folios (artigo 12.1.b). Na epígrafe de Actuación que ten previsto desenvolver, só riscan itinerarios e bolsas e no orzamento indican que tamén van facer formación e conciliación. Deben achegala debidamente cuberta e asinada. 2. Acreditación documental, suficiente e detallada, da experiencia da entidade na realización e no desenvolvemento de programas de inserción laboral con mulleres vítimas da violencia de xénero e/ou con persoas pertencentes a outros colectivos, segundo o disposto no artigo 12.1.d). Deben xustificar a experiencia alegada no anexo II segundo o disposto no artigo 17.1.a) da convocatoria. |
|
SI451A-2025/00000014-00 |
Fundación Solidaridad Amaranta |
1. Acreditación documental, suficiente e detallada, da experiencia da entidade na realización e no desenvolvemento de programas de inserción laboral con mulleres vítimas da violencia de xénero e/ou con persoas pertencentes a outros colectivos, segundo o disposto no artigo 12.1.d). Deben xustificar a experiencia alegada no anexo II segundo o disposto no artigo 17.1.a) da convocatoria. 2. Documentación acreditativa do/dos compromiso/s de contratación a que se refire o artigo 17.1.b), asinada pola empresa ou empresas correspondentes, segundo o modelo 2 que figura na sede electrónica da Xunta de Galicia (artigo 12.1.e). Falta a sinatura da entidade solicitante da axuda. Deben achegar o compromiso de contratación debidamente asinado. |
