DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2025 Páx. 26578

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle nas parcelas Z4-R1L, Z4-R5P, Z4-R11LA e Z4-R11LB do ámbito SURT1 San Pedro de Visma (expediente 631/2023/237).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 10 de abril de 2025, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o documento denominado Estudo de detalle nas parcelas Z4-R1L, Z4-R5P, Z4-R11LA e Z4-R11LB do ámbito SURT1 San Pedro de Visma (sector 2). Outubro 2024, promovido por Visma Homes, S.L., e redactado por Carbajo y Barrios Arquitectos Asociados, S.L.P., sociedade colexiada no COAG co número 20.140.

Segundo. Ordenar a realización dos trámites administrativos recollidos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do Regulamento de desenvolvemento desta lei, para procurar a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle aprobado.

Terceiro. Notificar este acordo ao promotor e ás áreas municipais interesadas na tramitación do expediente».

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo e, de forma dixital, na sede electrónica deste concello, na páxina web https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe Planeamento/planeamento vixente, ou ben, desde a mesma web, a través do visor Desenvolvemento do planeamento.

Contra este acordo, con natureza de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme co dereito.

A Coruña, 22 de abril de 2025

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda