A Concellaría responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante a Resolución do 18 de marzo de 2025, nomeou funcionarios/as de carreira deste concello a:
– Eric Millán García, con DNI ***8890**, para ocupar unha praza de bombeiro condutor da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.
– Héctor Velasco Ferreirós, con DNI ***6189**, para ocupar unha praza de bombeiro condutor da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.
– Pedro Fernández Mateo, con DNI ***3238**, para ocupar unha praza de bombeiro condutor da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.
Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo proposta do tribunal cualificador, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.
Contra a dita resolución de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.
Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que xulguen procedente conforme dereito.
Pontevedra, 7 de abril de 2025
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno local do 21.11.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados
