De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), por non ser posible a notificación persoal ás persoas interesadas, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de arquivamento da denegación de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
O expediente relacionado atópase á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
O que se notifica de acordo coa normativa indicada.
Pontevedra, 25 de abril de 2025
Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
|
PO-2025/00255 |
Y5503847F |
|
PO-2025/00255 |
RD8851382 |
