DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2025 Páx. 27358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 7 de maio de 2025 pola que se rectifica a Orde do 28 de marzo de 2006 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa da batea Ostreira VI.

Antecedentes:

1. Con data do 28 de marzo de 2006, a entón delegada territorial na Coruña, por delegación da entón conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, ditou a orde pola que se acorda autorizar a transmisión inter vivos da concesión da batea Ostreira VI, sita na cuadrícula 12 do polígono A do Distrito Marítimo de Muros, a favor de Laura Pérez Outón y otro, S.C. (NIF G15615263).

2. Unha vez examinado o expediente, este departamento territorial na Coruña da Consellería do Mar advirte que na dita orde de autorización da transmisión inter vivos, existe un erro material consistente en que se identifica como novos titulares da concesión do establecemento a Laura Pérez Outón (DNI ***9704**) e Manuel Santiago Formoso Moledo (DNI ***7737**), en lugar de a Laura Pérez Outón y otro, S.C. (NIF G15615263).

A dita orde de autorización de transmisión foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 77, do 21.4.2006.

Consideracións legais e técnicas:

1. De conformidade co disposto no artigo 3.2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a competencia para a resolver sobre as rectificacións de erros materiais, de feito ou aritméticos, corresponde ao propio órgano administrativo que ditou o acto.

A Orde do 28 de marzo de 2006 foi ditada pola entón delegada territorial na Coruña por delegación da persoa entón titular da consellería competente en materia de acuicultura. Por conseguinte, corresponde á actual persoa titular do Departamento Territorial na Coruña, por delegación do conselleiro do Mar, resolver sobre a presente rectificación de erros materiais.

2. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas dispón, no seu artigo 109.2, o seguinte: «As administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos».

3. A Orde do 28 de marzo de 2006 autoriza a transmisión inter vivos da concesión do viveiro Ostreira VI a favor de Laura Pérez Outón y otro, S.C. (NIF G15615263).

Porén, advírtese a existencia dun erro material na dita orde, consistente en que na epígrafe «Novos titulares» se indican como tales as persoas físicas Laura Pérez Outón e Manuel Santiago Formoso Moledo; non correspondéndose, por tanto, o sinalado na dita epígrafe co que consta no resolvo da mesma orde pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión do viveiro a favor da entidade Laura Pérez Outón y otro, S.C. (NIF G15615263); nin tampouco se corresponde coa escritura pública outorgada ante a notario do Ilustre Colexio Notarial de Galicia, María-Teresa Bouzas Rodríguez, o 5.5.2006 con número de protocolo 555, pola que se amplía o capital social da entidade Laura Pérez Outón y otro, S.C. mediante a achega, e por tanto, transmisión da concesión administrativa e do viveiro flotante Ostreira VI.

En virtude do exposto, e visto o expediente administrativo de que se trata; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e a demais normativa aplicable,

RESOLVO:

Rectificar a Orde do 28 de marzo de 2006, ditada pola entón delegada territorial na Coruña, por delegación da entón conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, pola que se acorda autorizar a transmisión inter vivos da concesión da batea Ostreira VI, sita na cuadrícula 12 do polígono A do Distrito Marítimo de Muros, a favor de Laura Pérez Outón y otro, S.C. (NIF G15615263).

Facendo constar que, na identificación dos novos concesionarios do viveiro que figuran no resolvo, onde di:

«Novos titulares: Laura Pérez Outón (DNI ***9704**) e Manuel Santiago Formoso Moledo (DNI ***7737**)».

Debe dicir:

«Novo titular: Laura Pérez Outón y otro, S.C. (NIF G15615263)».

Notificar a presente resolución ás persoas interesadas coa indicación de que contra ela, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal; sen prexuízo de que con carácter previo e potestativo poidan presentar recurso de reposición ante o conselleiro do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme ao previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 7 de maio de 2025

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
A directora territorial do Departamento Territorial da Coruña
P.A. (Resolución do 13.5.2024)
Miguel Gómez Losada
Xefe do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro