A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG número 16, do 24 de xaneiro.
Unha vez finalizados os procesos selectivos arriba referidos e unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos por parte das persoas aspirantes, co obxecto de adxudicarlles destinos definitivos, e segundo a base IV.6 ou V.5 das respectivas convocatorias, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos citados anteriormente e que son emprazadas para a elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación das bases IV.6 ou V.5 das respectivas convocatorias, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas do subgrupo a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.
Dado que na presente elección de destino coexisten procesos correspondentes a diferentes ofertas de emprego público, a orde para a elección virá determinada pola data de publicación das ofertas de emprego público, de xeito que as máis antigas terán preferencia sobre as mais recentes.
Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.
No prazo máximo de dous (2) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá pórse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.
A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico, ao cal se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino
Cuarto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións Renuncia, Solicitude de excedencia ou Escoller posto.
1º. De elixir a opción Renuncia, deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.
2º. De elixir a opción Solicitude de excedencia, deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestar servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto na disposición terceira.
Non obstante, exclúense desta opción as persoas aspirantes que figuran na relación de aprobadas dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021 xa que, de conformidade co disposto no artigo 11.2 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, «as persoas que adquiran a condición de persoal funcionario de carreira ou de persoal laboral fixo como consecuencia dos procesos selectivos previstos na dita lei deberán permanecer en servizo activo na devandita escala, corpo ou categoría un mínimo de dous anos desde a toma de posesión antes de concedérselles excedencia por interese particular ou por prestación de servizos no sector público.
3º. De elixir a opción Escoller posto, a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, a persoa aspirante que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público, o que deberán manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto na disposición terceira, á cal deberán achegar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra Administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.
Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino e non cumpran os requisitos para ser declaradas en excedencia, ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicados en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.
Sexto. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Servizo de Selección (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal, ou ben presentarán a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sétimo. Unha vez finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a súa adxudicación automática en función do subgrupo a que se accede e a orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso, e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por ela.
A adxudicación definitiva de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.
Oitavo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino
Noveno. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
|
Nº de orde de elección |
Nº de orde no proceso selectivo |
DNI |
Apelidos e nome |
Proceso selectivo |
|
1 |
1 |
***0128** |
Martínez Bouzón, Matilde |
C1 axentes de inspección |
|
2 |
2 |
***9587** |
Fontenla Vila, Ángel |
C1 axentes de inspección |
|
3 |
3 |
***6330** |
López Moreiro, José Ramón |
C1 axentes de inspección |
|
4 |
1 |
***1990** |
Gómez Penado, Yolanda |
A2 inspectores de consumo |
|
5 |
1 |
***3450** |
Lemos y Rivas, María José |
C1 axentes de inspección |
ANEXO II
Prazas ofertadas
|
Nº |
Código |
Nome |
Cons. |
Centro de destino |
Centro directivo |
Concello |
Adscr. |
Nivel |
|
1 |
INO191000027001009 |
Inspector/a de consumo |
EM |
Instituto Galego de Consumo (Servizos Periféricos) |
Xefatura Territorial de Lugo |
Lugo |
A2 |
20 |
|
2 |
INO191000027001016 |
Subinspector/a de consumo |
EM |
Instituto Galego de Consumo (Servizos Periféricos) |
Xefatura Territorial de Lugo |
Lugo |
C1 |
18 |
|
3 |
INO191000036001008 |
Subinspector/a de consumo |
EM |
Instituto Galego de Consumo (Servizos Periféricos) |
Xefatura Territorial de Pontevedra |
Pontevedra |
C1 |
18 |
|
4 |
INO191000036001013 |
Subinspector/a de consumo |
EM |
Instituto Galego de Consumo (Servizos Periféricos) |
Xefatura Territorial de Pontevedra |
Pontevedra |
C1 |
18 |
|
5 |
INO192000036560016 |
Subinspector/a de consumo |
EM |
Instituto Galego de Consumo (Servizos Periféricos) |
Unidade de Consumo (Vigo) |
Vigo |
C1 |
18 |
