O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,
RESOLVO:
Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia de Turismo de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Segundo. Así mesmo, dáse publicidade aos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no terceiro cuadrimestre de 2024 pola Axencia de Turismo de Galicia, que se incorporan como anexo II a esta resolución.
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2025
José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia
ANEXO I
|
Convenio |
Data de sinatura |
Importe € |
||
|
2025 |
2026 |
2027 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal para a promoción, dinamización, difusión e coordinación da Estratexia de Turismo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal |
28.1.2025 |
105.000,00 |
90.000,00 |
|
|
Convenio da Universidade da Coruña coa Axencia de Turismo de Galicia para a realización de prácticas académicas externas curriculares e extracurriculares do alumnado da Universidade da Coruña |
20.2.2025 |
Sen achega económica |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de San Cibrao das Viñas para o proxecto de construción dun miradoiro turístico no Picouto |
20.2.2025 |
35.237,21 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Xinzo de Limia e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración do Entroido 2025 |
20.2.2025 |
40.000,00 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Arteixo para a execución do proxecto básico e de execución para a rehabilitación da Casa de Baños do edificio do Balneario de Arteixo no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
28.2.2025 |
2.000.000,00 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Meigas de las Hogueras de San Juan da Coruña para a celebración das Fogueiras de San Xoán 2025 |
4.3.2025 |
40.000,00 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ribadumia para a renovación do céspede artificial do campo de fútbol A Bouza-Barrantes |
10.3.2025 |
171.232,20 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Semana Santa 2025 |
12.3.2025 |
40.000,00 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Lalín para a celebración da Feira do Cocido de Lalín 2025 |
18.3.2025 |
40.000,00 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Verín e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración do entroido 2025 |
19.3.2025 |
25.000,00 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Asociación Cultural da Filloa de Lestedo e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Festa da Filloa de Lestedo |
19.3.2025 |
25.000,00 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Baiona e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Festa da Arribada da Carabela Pinta 2025 |
19.3.2025 |
40.000,00 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Castro de Rei para a creación da ruta de sendeirismo «Camiño Rexio» e a sinalización dos elementos máis representativos |
25.3.2025 |
36.300,00 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ribadeo para a humanización de diversas zonas do concello |
26.3.2025 |
47.634,84 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Vilasantar para a renovación de acabado exterior de fachadas do edificio da casa do concello |
28.3.2025 |
35.066,53 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Ponteareas e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Festa do Corpus Christi 2025 |
2.4.2025 |
40.000,00 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello da Veiga para a recuperación de espazos degradados na praia dos Franceses |
2.4.2025 |
140.000,00 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Universidade da Coruña e a Fundación da Universidade da Coruña para a creación das «Rutas do Mar», focalizadas na promoción dos bens inmobles relacionados co patrimonio marítimo das rías de Corme e Laxe, Camariñas e Corcubión |
7.4.2025 |
55.000,00 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Palas de Rei para a apertura e visitas públicas ao castelo de Pambre |
15.4.2025 |
40.000,00 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Semana Santa de Viveiro 2025 |
15.4.2025 |
40.000,00 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello do Valadouro para a celebración do Mercado de Primavera 2025 |
21.4.2025 |
57.847,02 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Bande para a apertura ao público e realización de visitas ao complexo arqueolóxico Aquis Querquennis |
21.4.2025 |
30.000,00 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para a promoción e mellora da comercialización de Galicia como destino turístico |
23.4.2025 |
500.000,00 |
500.000,00 |
500.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG), para a implementación, difusión e promoción das certificacións de calidade e sustentabilidade do ICTES (Instituto para a Calidade Turística Española e a Sustentabilidade) no sector turístico de Galicia |
23.4.2025 |
210.000,00 |
303.300,00 |
318.800,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Cabana de Bergantiños para a segunda fase da rehabilitación da capela de Sinde para centro de interpretación ambiental e de recepción de visitantes do estuario do Anllóns |
23.4.2025 |
145.000,00 |
||
|
Convenio |
Data de sinatura |
Importe € |
||||
|
2022 |
2023 |
2024 |
2025 |
2026 |
||
|
2ª addenda ao convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Marín para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino de Marín, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
5.3.2025 |
25.240,03 |
166.583,20 |
1.772.403,77 |
335.773,03 |
0,00 |
|
3ª addenda ao convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento da Ría de Muros-Noia para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino novos modelos para a sustentabilidade e a competitividade turística na Ría de Muros-Noia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
19.3.2025 |
704.937,69 |
1.575.062,31 |
30.000,00 |
||
|
2ª addenda ao convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Carballiño-O Ribeiro para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino Ribeiro-O Carballiño no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
21.4.2025 |
7.381,00 |
60.691,90 |
1.398.927,10 |
33.000,00 |
|
ANEXO II
|
Convenio |
Data de sinatura |
Importe |
|
1ª addenda ao convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Carballiño-O Ribeiro para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino Ribeiro-O Carballiño no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
9.10.2024 |
Sen achega económica |
|
Convenio entre o Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia e a Sociedade Mercantil Estatal de Acción Cultural, S.A. no marco de celebración da Exposición Universal Osaka 2025 |
17.12.2024 |
Sen achega económica |
