DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2025 Páx. 28137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ANUNCIO do 24 de abril de 2025, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa presentada pola Confraría de Pescadores de Burela para a ocupación do dominio público portuario, no porto de Burela, con destino á ocupación de conxunto de edificios, centro de transformación e liña eléctrica de alta tensión para usos múltiples de cámaras de frío, almacén de medios mecánicos, formación náutico pesqueira, oficinas, departamentos de almacenamento de aparellos de pesca e fábrica de xeo (expediente 14-05-25-C-1).

A Presidencia de Portos de Galicia acorda, o 22 de abril de 2025, o inicio de trámite e se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa presentada pola Confraría de Pescadores de Burela no porto de Burela con destino á ocupación de conxunto de edificios, centro de transformación e liña eléctrica de alta tensión para usos múltiples: cámaras de frío, almacén de medios mecánicos, formación náutico pesqueira, oficinas, departamentos de almacenamento de aparellos de pesca e fábrica de xeo (expediente 14-05-25-C-1), de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público este trámite, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas, por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia empregando o procedemento xenérico PR004A, e preferentemente por vía electrónica se se trata dun suxeito non obrigado.

Debido a que a ocupación solicitada excede os 2.500 m2, en aplicación do artigo 68.2.c) da Lei 6/2017, de portos de Galicia, ábrese a posibilidade de que se presenten outras solicitudes en competencia cos mesmos requisitos establecidos para unha solicitude de concesión, que afecte o mesmo espazo e co mesmo ou distinto obxecto.

O prazo para presentar alegacións ou solicitudes en competencia será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación está á disposición na ruta web www.portosdegalicia.gal > Comunicacións e avisos > Procesos de información pública.

Lugo, 24 de abril 2025

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte