De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o intento de mutuo acordo efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG nas rutas de acceso polo norte á cidade da Coruña, clave AC/22/048.06, nos concellos de Betanzos, Abegondo e Cambre.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI sita na rúa Vicente Ferrer, 2, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do intento de mutuo acordo e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A Coruña, 6 de maio de 2025
Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña
ANEXO
|
Clave de obra |
Concello |
Predio |
Referencia catastral |
Persoa interesada |
|
AC/22/048.06 |
Betanzos |
25 |
3012920NH6931S0001JI |
Hrdos. Elena Sánchez Pardo |
|
AC/22/048.06 |
Betanzos |
29 |
15009A001001590000EQ |
María de las Nieves Martínez Varela |
|
AC/22/048.06 |
Betanzos |
31 |
15009A002001940000EH |
Hrdos. Benito Sánchez Barbeito Hrdos. María Teresa Cancelo Rivas |
|
AC/22/048.06 |
Betanzos |
68 |
15009A001008320000EQ |
Albar Ribalta, S.L. |
|
AC/22/048.06 |
Abegondo |
6 |
002504000NH59B0001EO |
Aurora Fariña Fariña |
|
AC/22/048.06 |
Abegondo |
9 |
9083310NH5898S0001TL |
José Luis Loureda Couceiro |
|
AC/22/048.06 |
Abegondo |
19 |
000605800NH58D0001RP |
Pedro José Bestilleiro Mirás María Hermitas Faura Pombo |
|
AC/22/048.06 |
Abegondo |
20 |
15001B506002870001AX |
María Isabel Mirás Veiga |
|
AC/22/048.06 |
Abegondo |
22 |
15001B506000060000PY |
Descoñecido |
|
AC/22/048.06 |
Abegondo |
23 |
15001B503001760000PG |
Victoria Blanco Fernández |
|
AC/22/048.06 |
Cambre |
48 |
15017A049001820000MM |
As Torres, S.L. |
|
AC/22/048.06 |
Cambre |
55-A |
1838616NH5913N0001YF |
Dans Rodríguez y Cía, S.L. |
|
AC/22/048.06 |
Cambre |
57 |
2039402NH5923N0001RK |
Conpromat, S.L. |
