DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2025 Páx. 28139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no procedemento ordinario 185/2025.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o recurso 185/2025 (procedemento ordinario), interposto por José Carlos Portela Pastrana, contra a desestimación presunta da solicitude de revisión de acto nulo, relativa ao Acordo sobre as bases da carreira profesional no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas a esta consellería e ao dito organismo, publicado mediante a Orde do 20 de xullo de 2018, da Consellería de Sanidade (DOG núm. 144, do 30 de xullo).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos