No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 79, do 28 de abril de 2025, publicáronse integramente as bases para a selección dunha praza vacante de funcionario de carreira, técnico da Administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1, incluída na oferta de emprego público do ano 2023, polo sistema de oposición, en quenda libre.
Mediante a Resolución de Alcaldía 1.437, do 6 de maio de 2025, acordouse convocar o proceso selectivo segundo as referidas bases.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
O Barco de Valdeorras, 6 de maio de 2025
Alfredo Laudelino García Rodríguez
Alcalde
