DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2025 Páx. 28141

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal.

Vistas as actas de inspección das datas que figuran na seguinte táboa, comprobouse que nas referidas parcelas se incumpren, segundo o caso, os artigos 21 ou 21.ter da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, de acordo coa táboa seguinte:

Nº expediente

Referencia catastral

Data da acta de inspección

Artigo incumprido da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia

1029/2024

36005A020005490000TA

24.4.2024

Artigo 21

1049/2024

36005A029001640000TR

26.4.2024

Artigo 21

1316/2024

36005A004000360000TR

27.5.2024

Artigo 21.ter

1332/2024

36005A004000510000TH

27.5.2024

Artigo 21

1330/2024

36005A004000420000TI

27.5.2024

Artigo 21

1355/2024

36005A014006190000TA

21.8.2024

Artigo 21.ter

1356/2024

36005A014006200000TH

21.8.2024

Artigo 21.ter

1591/2024

36005A016000020000TY

21.8.2024

Artigo 21.ter

2054/2024

36005A016000030000TG

21.8.2024

Artigo 21.ter

1583/2024

36005A045002810000TR

14.10.2024

Artigo 21

2523/2024

7770528NH2177S0001HG

14.10.2024

Artigo 21

1125/2024

36005A211001000000MO

14.10.2024

Artigo 21.ter

1726/2024

9542916NH2194S0001DK

17.10.2024

Artigo 21

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e intentada a notificación ás persoas responsables sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Caldas de Reis, por medio deste anuncio ponse de manifesto o incumprimento, polas persoas responsables que a continuación se indican, da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Referencia catastral

NIF do responsable

Título polo cal é responsable

Provincia/Concello/Parroquia

Lugar/polígono/parcela/

Nome da parcela ou lugar

36005A020005490000TA

35345391A

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Bemil

Paradela. Polígono 20,

parcela 549. Mosgueir.

36005A029001640000TR

35339085E

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/San Clemente

Ribocias. Polígono 29,

parcela 164. Cachopo

36005A004000360000TR

35420859P

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Arcos da Condesa

San Martiño. Polígono 4, parcela 36. S. Martín.

36005A004000510000TH

35420859P

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Arcos da Condesa

San Martiño. Polígono 4, parcela 5. Eira A.

36005A004000420000TI

35420859P

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Arcos da Condesa

San Martiño 4, parcela 42. Eira A.

36005A014006190000TA

35345191X

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/San Andrés

Paradivas. Polígono 14, parcela 619. Montiño.

36005A014006200000TH

35345191X

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/San Andrés

Paradivas. Polígono 14, parcela 620. Corno.

36005A016000020000TY

35453213R

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/San Andrés

Requeixada. Polígono 16, parcela 2. Altamira.

36005A016000030000TG

35345206W

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/San Andrés

Requeixada. Polígono 16, parcela 3. Altamira.

36005A045002810000TR

35213280G

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/San Andrés

Aboi. Polígono 45,

parcela 281. Raxado.

7770528NH2177S0001HG

35415542G

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Bemil

Follente.

36005A211001000000MO

76843207T

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Godos

Coto de Arriba. Polígono 211, parcela 100. Eira.

9542916NH2194S0001DK

35434135J

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Arcos da Condesa

Ameal. Polígono 1.

Considerando o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 7.d) e 22.10 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en relación co establecido no artigo 21.1.s) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e 61.1.s) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro. Requirir as seguintes persoas responsables para que nun prazo máximo de quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), procedan á xestión da biomasa e/ou retirada das especie/s arboréa/s prohibidas sinalada/s na disposición adicional terceira da Lei 3/2007 sinalada anteriormente.

Segundo. Advertir que, en caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderán impoñerse multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de novecentos euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto.

En todo caso, a contía mínima que se imporá por multa coercitiva será de cen euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Terceiro. Advertir que, no caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. Unha vez transcorrido este prazo de catro anos, a Administración competente deberá reiterar o apercibimento para poder proceder ás actuacións materiais en que consista a execución subsidiaria. Ante a falta de atención do devandito apercibimento, a Administración competente realizará as súas accións de control durante os catro anos seguintes co obxectivo de que a xestión estea concluída, en todo caso, con anterioridade ao primeiro día de abril de cada ano.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso.

A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas establécese nas seguintes cantidades estimadas:

Nº expediente

Referencia catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

1029/2024

36005A020005490000TA

0,0069 ha

3.953,15 €/ha

27,28 €

1049/2024

36005A029001640000TR

0,0153 ha

3.545,82 €/ha

54,25 €

1316/2024

36005A004000360000TR

0,0300 ha

1.688,89 €/ha

50,73 €

1332/2024

36005A004000510000TH

0,2275 ha

3.953,15 €/ha

899,29 €

1330/2024

36005A004000420000TI

0,0147 ha

3.953,15 €/ha

58,11 €

1355/2024

36005A014006190000TA

0,0734 ha

1.688,89 €/ha

123,96 €

1356/2024

36005A014006200000TH

0,0518 ha

1.688,89 €/ha

87,48 €

1591/2024

36005A016000020000TY

0,0109 ha

1.688,89 €/ha

18,41 €

2054/2024

36005A016000030000TG

0,0078 ha

1.688,89 €/ha

13,17 €

1583/2024

36005A045002810000TR

0,0408 ha

1.688,89 €/ha

68,91 €

2523/2024

7770528NH2177S0001HG

0,0434 ha

3.953,15 €/ha

171,57 €

1125/2024

36005A211001000000MO

0,2020 ha

3.953,15 €/ha

798,54 €

1726/2024

9542916NH2194S0001DK

0,0219 ha

874,91 €/ha

19,16 €

Cuarto. Advertir que a falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais, e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Competencia de incoación do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007)

Expedientes: 1029/2024, 1049/2024, 1332/2024, 1330/2024, 1583/2024, 2523/2024 e 1726/2024: a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada (artigo 54.1 da Lei 3/2007).

Expedientes: 1316/2024, 1355/2024, 1356/2024, 1591/2024, 2054/2024 e 1125/2024: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007 en relación co artigo 21.1.s) LRBRL e 61.1.s) Lalga).

Competencia de resolución do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007)

Expedientes: 1029/2024, 1049/2024, 1332/2024, 1330/2024, 1583/2024, 2523/2024 e 1726/2024: serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infracións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves (artigo 54.2 da Lei 3/2007).

Expediente: 1316/2024, 1355/2024, 1356/2024, 1591/2024, 2054/2024 e 1125/2024: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007).

Cualificación da infracción:

Infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

Contía máxima da sanción pecuniaria que se imporá no caso de infracción leve:

1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007).

No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

Sanción accesoria:

Sen prexuízo doutras que se poidan establecer no devandito procedemento, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas, de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Quinto. Advertir que, de conformidade co sinalado na Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a persoa responsable terá a obriga de poñer en coñecemento desta Administración o inicio e a realización dos traballos de xestión, achegando neste último caso reportaxe fotográfica da súa realización. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.

Caldas de Reis, 25 de abril de 2025

Jacobo Pérez Gulín
Alcalde presidente