DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2025 Páx. 27999

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de maio de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Presidencia da Xunta de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Presidencia da Xunta de Galicia xustifícase polos cambios introducidos na súa estrutura orgánica polo Decreto 135/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, modificado polo Decreto 16/2025, do 10 de marzo, así como polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

Trátase dunha modificación parcial que contén cambios de diversa natureza pero, por razóns de eficacia e operatividade, estímase máis axeitada unha publicación completa e non parcial dela, de tal xeito que nesta publicación figuran postos cuxas clasificacións e características foron aprobadas polo Consello da Xunta en modificacións anteriores.

En consecuencia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 12 de maio de 2025, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Presidencia da Xunta de Galicia nos termos que se sinalan no anexo deste acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Clasificar como de libre designación os postos que a seguir se relacionan, en aplicación do criterio de excepcionalidade que se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación

Criterio

PX.102.00.001.15770.150

Xefatura de servizo de Tradución e Apoio á Edición do DOG

Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais

PX.102.00.001.15770.175

Xefatura de sección do DOG

Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 12 de maio de 2025, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Presidencia da Xunta de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG número 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo desta resolución.

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

CÓDIGO

DESCRICIÓN DAS ÁREAS FUNCIONAIS

CON

CONTRATACIÓN

ECO

ECONÓMICO-ORZAMENTARIA

PER

PERSOAL

XUR

TÉCNICO-XURÍDICA

CÓDIGO

DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS

640

PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE GALEGO (R.I.)

641

PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE INICIACIÓN DE GALEGO (R.I.)

650

EXPERIENCIA MÍNIMA DE DOUS ANOS EN SERVIZOS OFICIAIS DE TRADUCIÓN (MÉRITO)

954

PERMISO DE CONDUCIR B (R.I.)

970

LCDO. EN BIBLIOTECONOMÍA (MÉRITO)

CÓDIGO

DESCRICIÓN DOS CORPOS/ESCALAS

ECM

ESPECIAL (ESC. TÉCN. DE MANTEMENTO DE SERVIZOS)

EME6

ESPECIAL (ESC. DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS - ESP. ENX. TÉCNICA DE TELECOMUNICACIÓN)

ESE6

ESPECIAL (ESC. DE ENXEÑEIROS - ESP. ENX. DE TELECOMUNICACIÓN)

ESX

ESPECIAL (ESCALA DE EXPERTOS/AS LINGÜÍSTAS)

XELC

XERAL (ESC. DE PERSOAL DE LIMPEZA E COCIÑA E REC. NAT. - ESP. DE LIMPEZA E COCIÑA)

XSL

XERAL (ESCALA DE LETRADOS)

CÓDIGO

DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

A11

ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA.

A13

ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA. E ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

A20(2)

ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA., PERSOAL ESTATUTARIO DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE, ADMINISTRACIÓN LOCAL E PERSOAL DOCENTE CON DESTINO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

A20(3)

ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA. E ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA E PERSOAL DOCENTE CON DESTINO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

AXG

ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA

CÓDIGO

DESCRICIÓN DAS TITULACIÓNS ACADÉMICAS

2062

LICENCIADO/A EN DEREITO

2071

LICENCIADO/A EN FILOLOXÍA GALEGA

2079

LICENCIADO/A EN FILOLOXÍA HISPÁNICA (GALEGO-PORTUGUESA)

CÓDIGO

DESCRICIÓN DAS FORMAS DE PROVISIÓN

C

CONCURSO

CE

CONCURSO ESPECÍFICO

LD

LIBRE DESIGNACIÓN