DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2025 Páx. 27995

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2025 pola que se se publica a adxudicación definitiva de centros docentes privados concertados dependentes desta consellería para participaren no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2024/25 (código de procedemento ED531F).

Con data do 31 de abril de 2025 publicouse no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional a resolución provisional de centros docentes seleccionados e non seleccionados, xunto coas quendas correspondentes. Abriuse un prazo de dez (10) días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias, ante a Presidencia da Comisión, de acordo co establecido no artigo 15, puntos 1, 2 e 4, da Orde do 23 de decembro de 2024.

Unha vez transcorrido o prazo de reclamacións ou renuncias e segundo os termos do establecido no artigo 16 da Orde do 23 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o réxime de axudas a centros docentes privados concertados dependentes desta consellería para participaren no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2024/25,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar e facer pública a resolución definitiva dos centros docentes seleccionados e non seleccionados.

Segundo. Publicar esta resolución definitiva no portal da internet da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Terceiro. Contra a resolución definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 23.12.2024; DOG nº 10, do 16.1.2025)
Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa

ANEXO

Centros seleccionados Spring Week 2025

Código do centro

Nombre do centro

Concello

Provincia

Total puntos

Curso solicitado

Número de alumnado

Quenda

36011491

CPR Plurilingüe Possumus

Vigo

Pontevedra

4,5

3º ESO

20

1ª quenda

27006322

CPR Plurilingüe La Inmaculada

Lugo

Lugo

4,4

3º ESO

25

1ª quenda

32003783

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón

Celanova

Ourense

3,55

3º ESO

18

1ª quenda

36011211

CPR Plurilingüe San Miguel 2

Vigo

Pontevedra

3,2

3º ESO

15

1ª quenda

15006501

CPR Plurilingüe Cristo Rey

Ferrol

A Coruña

4,2

1º ESO

25

1ª quenda

36016115

CPR Plurilingüe Eduardo Pondal

Cangas

Pontevedra

3,5

1º ESO

22

1ª quenda

15011002

CPR Plurilingüe Hijas de Cristo Rey

Oleiros

A Coruña

4,5

1º ESO

25

2ª quenda

32002973

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón

Carballiño, O

Ourense

4,5

1º ESO

23

2ª quenda

36007527

CPR Plurilingüe La Inmaculada

Ponteareas

Pontevedra

4,5

1º ESO

25

2ª quenda

15006511

CPR Plurilingüe Santa Juana de Lestonnac

Ferrol

A Coruña

4,5

1º ESO

17

2ª quenda

36010216

CPR Plurilingüe Divino Salvador

Vigo

Pontevedra

4,5

1º ESO

20

2ª quenda

27010911

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús

Ribadeo

Lugo

3,25

1º ESO

15

2ª quenda

36016097

CPR Plurilingüe Montesol

Vigo

Pontevedra

5

6º EP

25

3ª quenda

27006280

CPR Plurilingüe Padres Franciscanos

Lugo

Lugo

5

6º EP

25

3ª quenda

36011750

CPR Plurilingüe Don Bosco

Vigo

Pontevedra

5

6º EP

21

3ª quenda

36010435

CPR Plurilingüe El Castro

Vigo

Pontevedra

4,7

6º EP

22

3ª quenda

15004198

CPR Plurilingüe Hijas de Jesús

A Coruña

A Coruña

4,5

6º EP

25

3ª quenda

15010769

CPR Plurilingüe María Assumpta

Noia

A Coruña

4,5

6º EP

25

3ª quenda

27006255

CPR Plurilingüe Divino Maestro

Lugo

Lugo

4

6º EP

7

3ª quenda

Centros non seleccionados Spring Week 2025

Código do centro

Nome do centro

Concello

Provincia

Total

puntos

Curso

solicitado

Nº de alumnado suplente

36016115

CPR Plurilingüe Eduardo Pondal

Cangas

Pontevedra

3,5

1º ESO

3

27010911

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús

Ribadeo

Lugo

3,25

1º ESO

10

15003200

CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo

Cee

A Coruña

3,25

1º ESO

25

36024057

CPR Plurilingüe Bouza Brey

Vigo

Pontevedra

3

1º ESO

25

36018033

CPR Plurilingüe Vigo

Redondela

Pontevedra

3

1º ESO

25

32008410

CPR Plurilingüe Santo Ángel

Ourense

Ourense

2

2º ESO

25

27006255

CPR Plurilingüe Divino Maestro

Lugo

Lugo

4

6º EP

18

15007230

CPR Ntra. Sra. del Carmen

Fisterra

A Coruña

3,8

6º EP

9

36011518

CPR Plurilingüe Mercantil

Vigo

Pontevedra

3,7

6º EP

24

15014520

CPR Plurilingüe Galaxia

Ribeira

A Coruña

3,2

6º EP

25

27004465

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar

Foz

Lugo

3

6º EP

20

36004514

CPR Plurilingüe La Inmaculada

Marín

Pontevedra

1,7

6º EP

25