O 30 de decembro de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto, para o ano 2025 (código de procedemento MT975U) (en diante, Orde).
O artigo 1 da Orde establece que ten por obxecto regular a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas ás entidades locais e agrupacións de entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, en concreto, para a mellora dos puntos limpos fixos, a adquisición de puntos limpos de proximidade, a adquisición de puntos limpos móbiles, así como o fomento da preparación para a reutilización e a autorreparación (PxR), ao tempo que se fai pública a súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2025 (código de procedemento MT975U).
O artigo 3 da Orde establece que son subvencionables as seguintes liñas de axudas:
a) Liña 1: melloras nos puntos limpos existentes: proxectos de mellora das condicións das instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos.
b) Liña 2: actuacións destinadas á instalación de puntos limpos de proximidade para favorecer a recollida separada de distintos fluxos de residuos.
c) Liña 3: puntos limpos móbiles: proxectos destinados a favorecer a prevención, a recollida separada e adecuada clasificación de fluxos especiais de residuos municipais a través da adquisición de puntos limpos móbiles para a mellora e ampliación dos servizos prestados pola rede galega de puntos limpos existentes para a reutilización ou reciclaxe na nosa comunidade autónoma.
O artigo 6.1 da Orde establece que as axudas convocadas ao abeiro finánciase con cargo ás aplicacións orzamentarias 06.03.541D.760.1 (código de proxecto 2023 00229) e 06.03.541D.760.1 (código de proxecto 2022 00037) correspondentes aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, cun importe total de dous millóns cincocentos sesenta e sete mil seiscentos tres euros (2.567.603,00 €), coa seguinte distribución:
|
Liñas de axudas |
Aplicación orzamentaria |
Código proxecto |
Ano 2025 |
|
Liña 1: Melloras nos puntos limpos |
06.03.541D.760.1 |
2023 00229 |
582.856,00 € |
|
2022 00037 |
664.747,00 € |
||
|
Liña 2: Adquisición de puntos limpos de proximidade |
06.03.541D.760.1 |
2023 00229 |
200.000,00 € |
|
Liña 3: Adquisición de puntos limpos móbiles |
06.03.541D.760.1 |
2023 00229 |
900.000,00 € |
|
Liña 4: Construción instalación PxR e/ou autorreparación |
06.03.541D.760.1 |
2023 00229 |
220.000,00 € |
|
Total |
2.567.603,00 € |
||
O artigo 6.4 da Orde establece que poderá ampliarse a contía máxima do crédito da convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, de acordo co establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Unha vez constatado que o importe das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde superou a cobertura orzamentaria inicialmente disposta é necesario ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles nos seguintes termos:
|
Liñas de axudas |
Aplicación orzamentaria |
Código proxecto |
Crédito inicial |
Ampliación |
Crédito definitivo |
|
Liña 1: Melloras nos puntos limpos |
06.03.541D.760.1 |
2023 00229 |
582.856,00 € |
0,00 € |
582.856,00 € |
|
2022 00037 |
664.747,00 € |
0,00 € |
664.747,00 € |
||
|
Liña 2: Adquisición de puntos limpos de proximidade |
06.03.541D.760.1 |
2023 00229 |
200.000,00 € |
0,00 € |
200.000,00 € |
|
Liña 3: Adquisición de puntos limpos móbiles |
06.03.541D.760.1 |
2023 00229 |
900.000,00 € |
791.067,68 € |
1.691.067,68 € |
|
Liña 4: Construción instalación PxR e/ou autorreparación |
06.03.541D.760.1 |
2023 00229 |
220.000,00 € |
0,00 € |
220.000,00 € |
|
Total |
2.567.603,00 € |
791.067,68 € |
3.358.670,68 € |
||
Así, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, como consecuencia da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo a créditos incluídos no mesmo programa, cómpre ampliar o importe do crédito destinado ás axudas convocadas con cargo á Orde.
De acordo co exposto, e de conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,
DISPOÑO:
Artigo único. Ampliación de crédito
Ampliar o importe total do crédito das axudas establecidas na Orde do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto, para o ano 2025 (código de procedemento MT975U), por un importe de 791.067,68 euros nos termos que se indican a seguir:
|
Liñas de axudas |
Aplicación orzamentaria |
Código proxecto |
Crédito inicial |
Ampliación |
Crédito definitivo |
|
Liña 1: Melloras nos puntos limpos |
06.03.541D.760.1 |
2023 00229 |
582.856,00 € |
0,00 € |
582.856,00 € |
|
2022 00037 |
664.747,00 € |
0,00 € |
664.747,00 € |
||
|
Liña 2: Adquisición de puntos limpos de proximidade |
06.03.541D.760.1 |
2023 00229 |
200.000,00 € |
0,00 € |
200.000,00 € |
|
Liña 3: Adquisición de puntos limpos móbiles |
06.03.541D.760.1 |
2023 00229 |
900.000,00 € |
791.067,68 € |
1.691.067,68 € |
|
Liña 4: Construción instalación PxR e/ou autorreparación |
06.03.541D.760.1 |
2023 00229 |
220.000,00 € |
0,00 € |
220.000,00 € |
|
Total |
2.567.603,00 € |
791.067,68 € |
3.358.670,68 € |
||
O incremento orzamentario será destinado á cobertura da listaxe de espera existente.
A ampliación finánciase con cargo ao crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 06.03.541D.760.1 proxecto de gasto 2023 00229.
Unha vez efectuada esta ampliación, o importe total destas axudas ascende á cantidade de 3.358.670,68 euros.
A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes
Disposición derradeira. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día hábil seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2025
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático
