DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2025 Páx. 28609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 5 de maio de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición ditada no expediente de responsabilidade patrimonial RP-2024-0003-AIMS, devolta polo servizo de Correos.

Intentada sen efecto a práctica da notificación, no domicilio da persoa destinataria que se relaciona no anexo, da Resolución do conselleiro de Sanidade, do 4 de abril de 2025, relativa ao recurso potestativo de reposición interposto contra a resolución de reclamación de responsabilidade patrimonial, publícase de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o que se comunica á persoa interesada para os efectos do disposto no artigo 46 da mesma lei para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) compareza no lugar indicado no referido anexo, para o coñecemento íntegro do acto.

Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen ter comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao seu vencemento.

Poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece a regra segunda do artigo 14.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo). O prazo será de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida lei xurisdicional.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2025

Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº expediente: RP-2024-0003-AIMS.

Reclamante: 33667717H.

Último enderezo coñecido: avenida de Ferrol, núm. 23, 4º A, 27850 Viveiro, Lugo.

Contido da notificación: resolución do recurso potestativo de reposición do conselleiro de Sanidade, do 4 de abril de 2025, contra a Resolución do 22 de xaneiro de 2025 da reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por danos sufridos como consecuencia da asistencia sanitaria prestada.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: 10 días.